DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 09 de marzo de 2010 Páx. 3.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2010 pola que se publica o plan de estudos de graduado ou graduada en Educación Social.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 30 de outubro de 2009 (publicado no BOE do 5 de xaneiro de 2010 por Resolución do secretario de Estado de Universidades do 13 de novembro de 2009).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de graduado/a en Educación Social, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2010.

Senén Barro Ameneiro

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Ver referencia pdf "04600D007P017.PDF"

Ver referencia pdf "04600D008P017.PDF"