DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 09 de marzo de 2010 Páx. 3.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2010 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no terceiro cuadrimestre do ano 2009.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2009.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2009, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2010.

Antonio José Boné Pina

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2009

Convenio: convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do máster en Enxeñaría da madeira estrutural.

Importe achegado polo IGVS: 6.000 €.

Data da sinatura: 23-11-2009.