DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 09 de marzo de 2010 Páx. 3.063

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de febreiro de 2010 pola que se modifica a autorización por cambio de titularidade do centro privado Cervantes do concello de Lugo.

Examinado o expediente iniciado por José Castro Meilán, cotitular do centro privado Cervantes, do concello de Lugo, no cal solicita o cambio da súa titularidade, establecida pola Orde do 16 de xuño de 1993 (DOG do 26 de agosto), a favor de José Castro Meilán e Inés Josefa Lodeiro Alvariño.

Mediante escritura pública notarial, José Castro Meilán cede a súa parte da titularidade á súa filla María José Salomé Castro Fernández, e esta acepta a dita cesión.

Cumpridos os requisitos establecidos no Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e na Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, e demais normativa vixente.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPÓN:

Primeiro.-Modificar a autorización, por cambio de titularidade, do centro privado Cervantes (código 27006218), situado en Camiño de Pipín nº 25 de Lugo, a favor de María José Salomé Castro Fernández, con todos os dereitos e obrigas contraídas polo cesionista José Castro Meilán, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre este por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza, que non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Segundo.-Inscribir no Rexistro de Centros dependente desta consellería o cambio de titularidade a favor de María José Salomé Castro Fernández e Inés Josefa Lodeiro Alvariño.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria