DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 08 de marzo de 2010 Páx. 2.990

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

CORRECCIÓN de erros.-Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

Advertido erro na devandita lei, recibida para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia nº 36, do martes 23 de febreiro pasado, cómpre facer a oportuna corrección.

Na páxina 2.321, artigo 22º, Un, 6.e), columna dereita, in fine, onde di: «...queda obrigado a formular a súa combinación individualizada previa», debe dicir: «...queda obrigado a formular a súa comunicación individualizada previa».