DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 03 de marzo de 2010 Páx. 2.847

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

ORDE do 17 de febreiro de 2010 pola que se acorda a cesión en propiedade de tres ordenadores, tres monitores e unha fotocopiadora á Asociación de Veciños Pedra do Fuso.

A Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, permite a cesión de bens mobles da comunidade autónoma sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social, e o Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento da citada Lei 3/1985, exixe que a orde de cesión exprese a finalidade concreta a que a entidade beneficiaria debe destinar os bens, así como as súas condicións.

A Asociación de Veciños Pedra do Fuso de Augapesada-Ames, inscrita co número 2006-10061-1 no rexistro de asociacións e co CIF número G970076278, carece de fins lucrativos segundo o establecido no artigo 1 dos seus estatutos. Esta entidade solicitou á Consellería de Cultura e Turismo a cesión de equipamentos informáticos que xa estean en desuso, para poder realizar actividades de apoio e reforzo en informática para os veciños de Augapesada.

A tal fin, a Consellería de Cultura e Turismo tramitou o expediente de cesión, de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

Polo exposto, e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión en propiedade a favor da Asociación de Veciños Pedra do Fuso:

Ver referencia pdf "04200D005P011.PDF"

Artigo2º

As cesións sinaladas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos, tal como establecen os artigos 35 bis, da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 96 bis, do Decreto 50/1989, polo que se aproba o seu regulamento, destinaranse a fins de utilidade pública ou interese social da Asociación de Veciños Pedra do Fuso, en concreto a realizar actividades de apoio e reforzo en informática para os veciños de Augapesada.

b) Coa cesión outórgase á Asociación de Veciños Pedra do Fuso a propiedade dos bens mobles cedidos.

c) Se os bens cedidos non se aplicaren aos fins sinalados, se se descoidaren ou utilizaren con grave quebranto ou se incumpriren as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia que terá dereito a percibir, despois da taxación pericial, o valor do detrimento ou deterioración que experimentaren.

d) Serán pola conta da entidade cesionaria todos os gastos de conservación e mantemento dos bens mobles cedidos.

Artigo 3º

As referidas cesións formalizaranse mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeiras

Primeira.-Facúltase o Secretario Xeral da Consellería de Cultura e Turismo para ditar e realizar as resolucións e trámites necesarios para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2010.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo