DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 03 de marzo de 2010 Páx. 2.846

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2010.

Mediante a Resolución do 11 de xaneiro de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, acórdase convocar de xeito ordinario probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Segundo a autorización establecida no artigo 6 da Orde do 2 de decembro de 2008, pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Facer pública a composición do tribunal avaliador que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010 que figuran no anexo desta resolución.

Este tribunal terá dereito a percibir as indemnizacións que corresponden á categoría terceira, segundo o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razóns de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2010.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Presidente: Alfonso González González, inspector de Educación.

Vogais:

Xesús Cociña Souto, profesor de ensino secundario.

Elva Boullosa Moure, profesora de ensino secundario.

Juan Granados Loureda, catedrático de ensino secundario.

Pedro Martín Aláez, profesor de ensino secundario.

Enrique Álvarez Escudero, catedrático de ensino secundario.

David Rodríguez Miguens, profesor de ensino secundario.

Francisco Javier Boado Rial, profesor de ensino secundario.

Isabel Otero García, profesora de ensino secundario.

Ricardo Puig de lLano, profesor de ensino secundario.

Pilar Peñas Boleas, profesora de ensino secundario.

Pedro Pérez Vérez, catedrático de ensino secundario.

Juan José Raíces Silva, profesor de ensino secundario.

Antonio Lago Dacosta, profesor de ensino secundario.

Nuria Isabel Fernández García, profesora de ensino secundario.

Elena Nogueira Rivadulla, profesora de ensino secundario.

Suplentes:

Presidenta: Carmen García Rodríguez, inspectora de Educación.

Vogais:

Serafín Vázquez Álvarez, profesor de ensino secundario.

Lucía Abuín Abel, profesora de ensino secundario.

Mª Rosario García Deibe, profesora de ensino secundario.

Manuel Lago Sánchez, profesor de ensino secundario.

Mª Elena Guntiñas Rodríguez, catedrática de ensino secundario.

Mª Esperanza Vázquez Iglesias, profesora de ensino secundario.

José Antonio Rodríguez Fernández, catedrático de ensino secundario.

Manuel Bilbao Salcedo, profesor de ensino secundario.

Dolores Carballo Davila, profesora de ensino secundario.

Manuel Lama Grande, catedrático de ensino secundario.

Luís M. Villaverde López, catedrático de ensino secundario.

Belisario Sánchez Miniño, profesor de ensino secundario.

Hermógenes Cobas Gamallo, catedrático de ensino secundario.