DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 02 de marzo de 2010 Páx. 2.770

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

RECURSO de inconstitucionalidade número 1065-2010.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 18 de febreiro actual, admitiu a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 1065-2010, promovido polo presidente do Goberno, en relación cos artigos 2, puntos tres, cinco, sete, dez, once, trece e quince; 3, puntos catro e cinco, e a disposición transitoria primeira da Lei 10/2009, do 30 de decembro, de modificación do Decreto lexislativo 1/2005, do 10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido das leis 7/1985, do 17 de xullo, e 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros de Galicia. Faise constar que o presidente do Goberno invocou o artigo 161.2º da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso, 9 de febreiro de 2010, para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no BOE para os terceiros.

Madrid, 18 de febreiro de 2010.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de Xustiza do Pleno