DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2010 Páx. 2.365

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2010 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2008 e 2009 as axudas aos traballadores residentes en Galicia para a contratación dun seguro de pagamentos protexidos.

1. Mediante resolucións do 6, 15 e 26 de outubro, 10, 11, 12 e 16 de novembro, 14, 15 e 22 de decembro de 2009 e 7, 18, 21 e 22 de xaneiro de 2010 do director xeral de Política Financeira e Tesouro, por delegación da conselleira de Facenda, concedéronse as axudas polas contías que se reflicten no anexo, convocadas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2008 e 2009 as axudas aos traballadores residentes en Galicia para a contratación dun seguro de pagamentos protexidos.

2. O financiamento das subvencións concedidas imputouse segundo a aplicación orzamentaria 07.05.621A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios de axudas concedidas os días 6, 15 e 26 de outubro, 10, 11, 12 e 16 de novembro, 14, 15 e 22 de decembro de 2009 e 7, 18, 21 e 22 de xaneiro de 2010 ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2008, que figura como anexo.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2010.

Manuel Galdo Pérez

Director xeral de Política Financeira e Tesouro

Ver referencia pdf "03700D002P009.PDF"