DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2010 Páx. 2.227

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 29 de xaneiro de 2010 pola que se fai pública a composición do Consello Reitor do Consorcio Oncolóxico de Galicia.

O Consorcio Oncolóxico de Galicia está concibido como un instrumento executivo que ten como obxectivo a realización dun aproveitamento eficiente dos recursos sanitarios existentes en materia de oncoloxía, proporcionando asistencia integral e de calidade aos pacientes que o precisen.

A constitución do Consorcio Oncolóxico de Galicia e a aprobación dos seus estatutos foi realizada polo Decreto 14/2008, do 19 de xullo, e está formado pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, representada pola Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Fundación Centro Oncolóxico Rexional José Antonio Quiroga y Piñeyro e o Concello da Coruña.

De conformidade co establecido no artigo 10 dos estatutos do Consorcio, o seu Consello Reitor estará integrado por sete membros, que serán designados da seguinte forma: dous pola Consellería de Sanidade, dous polo Servizo Galego de Saúde, dous pola Fundación Centro Oncolóxico Rexional José Antonio Quiroga y Piñeyro e un polo Concello da Coruña.

En consecuencia, e unha vez que os integrantes do Consorcio realizaron a designación dos representantes que lles corresponden, en virtude das facultades conferidas polo artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e de conformidade co establecido no Decreto 141/2008, do 19 de xuño, por proposta da xerencia do Servizo Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-O Consello Reitor do Consorcio Oncolóxico de Galicia estará formado polas seguintes persoas:

Alfredo García Iglesias, xerente do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, pola Consellería de Sanidade.

María Jesús Rodríguez Abellón, xerente de Atención Primaria da Coruña, pola Consellería de Sanidade.

José Manuel Vázquez Rodríguez, director de Organización e Xestión Clínica do Complexo Hospitalario A Coruña, polo Servizo Galego de Saúde.

Francisco José Vilanova Fraga, xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, polo Servizo Galego de Saúde.

José Antonio Quiroga y Piñeiro, pola Fundación Centro Oncolóxico Rexional.

Fernando Miguel Cachafeiro Villaverde, pola Fundación Centro Oncolóxico Rexional.

Eudoxia María Neira Fernández, polo Concello da Coruña.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2010.

María del Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade