DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2010 Páx. 2.072

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2010 pola que se lle dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2009.

Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración, previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2009 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2010.

Eliseo Diéguez García

Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a organización do curso Biocombustibles: retos e oportunidades.

Obxecto: definir o marco de colaboración entre o Inega e a USC, para a realización do curso Biocombustibles: retos e oportunidades na aula de renovables da Escola Técnica Superior de Enxeñería Química.

Sinatura: 18 de setembro de 2009.

Importe: 2.500 €.

Nº: 2.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Menela.

Obxecto: definir o marco de colaboración entre o Inega e a Fundación Menela para a execución dunha instalación mixta con solar térmica e con caldeira de biomasa no dito centro para a xeración de auga quente e calefacción co fin de poder compensar e atenuar os custos enerxéticos.

Sinatura: 28 de outubro de 2009.

Importe: 90.000 €.

Nº: 3.

Título: convenio de de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Peugeot Citroën Automóviles España (PCAE)- centro de Vigo e a Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (Faimevi), para a execución de cursos de condución eficiente de vehículos no marco do Plan de acción da estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España 2008-2012 (E4) correspondentes ao exercicio 2009.

Obxecto: fomentar un novo estilo de condución dos vehículos turismos, co que se obteñen diminucións medias no consumo de combustibles de até o 15% sobre a condución convencional, mellorando tamén a seguridade.

Sinatura: 14 de decembro de 2009.

Importe: 80.000 €.

Nº: 4.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Sotavento Galicia, para a divulgación, formación e realización de proxectos técnico-demostrativos no Parque Eólico Experimental Sotavento.

Obxecto: definir os mecanismos de colaboración entre o Inega e a Fundación Sotavento Galicia coa finalidade de impulsar as tecnoloxías vinculadas ao desenvolvemento das enerxías renovables, e difundir o carácter experimental e de demostración con que están concibidas as instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento, tanto para a formación como para a divulgación deste tipo de enerxías entre a colectividade.

Sinatura: 17 de decembro de 2009.

Importe: 40.000 €.

Nº: 5.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (Faimevi), a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) e a Fundación Sotavento Galicia, para a execución de cursos de condución eficiente de vehículos no marco do Plan de acción da estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España 2008-2012 (E4) correspondentes ao exercicio 2009.

Obxecto: fomentar un novo estilo de condución dos vehículos turismos, co que se obteñen diminucións medias no consumo de combustibles de ata o 15% sobre a condución convencional, mellorando tamén a seguridade.

Sinatura: 28 de decembro de 2009.

Importe: 150.000 €.

Nº: 6.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) para potenciar a eficiencia enerxética nos polígonos industriais.

Obxecto: establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Inega e a Fegape, en virtude da cal o Inega subvencionará actuacións tendentes a incrementar o uso racional da enerxía nos polígonos industriais.

Sinatura: 31 de decembro de 2009.

Importe: 201.847,50 €.