DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2010 Páx. 2.065

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no último cuadrimestre do ano 2009.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no último cuadrimestre por esta consellería.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura e Turismo nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2009, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2010.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Turismo

Ver referencia pdf "03300D006P017.PDF"