DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2010 Páx. 2.054

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de xaneiro de 2010 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2010.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 12, do 20 de xaneiro de 2010, deben facerse as seguintes correccións:

Na páxina 694, onde figura: «A redución do 3% nas retribucións afecta tamén aqueles postos que en 2009 tivesen establecidas unhas contías iguais ou superiores ás vixentes nese ano para os postos con rango de dirección xeral», debe figurar: «Naqueles postos que en 2009 tivesen establecidas unhas contías iguais ou superiores ás vixentes nese ano para os postos con rango de dirección xeral, manteranse as mesmas que no ano 2009».

Na páxina 706, elimínase a categoría N-A-13 Profesor Logofonía e Logopedia, e os datos relativos a devandita categoría.

Na páxina 707, na categoría de persoal sanitario S-A2-09 A.T.S. Servizo Especial Urxencias, na cantidade do complemento específico, onde figura: «264,48», debe figurar: «274,85».

Na páxina 708, na categoría de persoal sanitario S-A2-99, onde figura: «Persoal de Logofonía e Logopedia», debe figurar: «Logopeda».

Na páxina 711, elimínase a categoría N-A-13 Profesor Logofonía e Logopedia, e os datos relativos a devandita categoría.

Na páxina 713, na categoría de persoal sanitario S-A2-99, onde figura: «Persoal de Logofonia e Logopedia», debe figurar: «Logopeda».