DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2010 Páx. 1.976

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 12 de febreiro de 2010 pola que se regulan os procedementos do sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 31, do 16 de febreiro de 2010, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 1.904, onde di: «Disposición adicional», debe dicir: «Disposición derradeira primeira», e onde di: «Disposición derradeira: Esta orde entrará en vigor o 1 de marzo de 2010»; debe dicir: «Disposición derradeira segunda: Esta orde entrará en vigor o 26 de febreiro de 2010».