DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2010 Páx. 1.848

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, para dar cumprimento á sentenza ditada en referencia coa Resolución do 11 de xullo de 2007 pola que se publica a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos singulares admitidos a trámite ao abeiro da Orde do 17 de decembro de 2004 (Diario Oficial de Galicia número 5, do 10 de xaneiro de 2005).

Primeiro.-Mediante Resolución do 11 de xullo de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xullo) fíxose pública a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos singulares admitidos a trámite ao abeiro da Orde do 17 de decembro de 2004 pola que se abría o prazo para a presentación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos singulares (Diario Oficial de Galicia do 10 de xaneiro de 2005).

Segundo.-Con data do 30 de outubro de 2009 foi ditada a primeira sentenza firme, que a súa parte dispositiva establece anular a resolución recollida na epígrafe anterior, e retrotraer o procedemento ao momento inmediatamente anterior ao de constitución da comisión de valoración das solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos singulares admitidas a trámite ao amparo da Orde do 17 de decembro de 2004.

En virtude do exposto e para dar cumprimento á sentenza do 30 de outubro de 2009 ditada no procedemento ordinario 0010872/2007 e aos pronunciamentos contidos nos demais procedementos contenciosos con que o presente garda íntima conexión,

RESOLVO:

Retrotraer o procedemento de admisión a trámite de parques eólicos singulares aberto ao abeiro da Orde do 17 de decembro de 2004, ao momento inmediatamente anterior ao de formalización da comisión de valoración para que se proceda á constitución dunha nova comisión para os efectos de resolver de forma motivada os expedientes que deben ser admitidos a trámite a través dela.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2010.

Ángel Bernardo Tahoces

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas