DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 2010 Páx. 1.586

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de xaneiro de 2010 pola que se aproba o modelo de autoliquidación do canon eólico, creado pola Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 8, do 14 de xaneiro de 2010, é preciso publicar a seguinte corrección:

O artigo 3, parágrafo segundo, queda redactado da seguinte forma:

«No caso de non coincidir os datos achegados na autoliquidación cos que constan no Instituto Enerxético de Galicia, relativos aos parques eólicos ou se se aplicase incorrectamente o tipo de gravame, comunicarase esta circunstancia ao suxeito pasivo xunto cunha liquidación complementaria».