DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 05 de febreiro de 2010 Páx. 1.474

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

CORRECCIÓN de erros.-Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

Advertidos erros na devandita lei, publicada no Diario Oficial de Galicia número 253, do 30 de decembro de 2009, cómpre a súa corrección nos seguintes termos:

-Na páxina 19.710, no cadro de gastos consolidados incluído na alínea un do artigo 2 hai erros nas cantidades correspondentes á Administración xeral en gastos non financeiros e en activos financeiros, polo que se procede a reproducir o cadro completo coas cifras correctas:

Ver referencia pdf "02400D002P006.PDF"

-Na páxina 19.727, artigo 36, onde di: «...200.0000 euros», debe dicir: «...200.000 euros».

-Na páxina 19.731, segundo parágrafo da alínea catro do artigo 52, onde di: «...Dirección Xeral de Traballo...», debe dicir: «...Dirección Xeral de Traballo do Estado...».

-Na mesma páxina, artigo 53, onde di: «...1.227.795.651 euros», debe dicir: «...1.227.674.851...».

-Na páxina 19.733, artigo 57, onde di: «...306.217.187 euros», debe dicir: «...306.096.387 euros».

-Na páxina 19.745, letra c) da alínea un da disposición adicional primeira, onde di: «...tanto no que respecta aos avais concedidos pola comunidade autónoma como aos seus organismos autónomos e ás súas sociedades públicas.», debe dicir: «...tanto no que respecta aos avais concedidos pola comunidade autónoma como polos seus organismos autónomos e polas súas sociedades públicas.».

Na páxina 19.752, o cadro que figura como anexo 6 debe ser substituído polo seguinte:

Ver referencia pdf "02400D002P006.PDF"