DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 2010 Páx. 1.395

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de xaneiro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de decembro de 2009 polo que, en aplicación do disposto no artigo 97.2º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, se aproba o réxime de fiscalización limitada previa para determinados expedientes de gasto.

Advertidos erros na referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 5, do 11 de xaneiro de 2010, cómpre facer as seguintes correccións:

Un.-Na páxina 254, no punto cuarto, segundo parágrafo, onde di:

«No momento en que polo exercicio da fiscalización previa de carácter pleno realizada en aplicación do parágrafo anterior se constate a desaparición do suposto previsto no anterior parágra, a Intervención Xeral foda comunidade autónoma propoñerá á conselleira de Facenda a elevación ao Consello da Xunta de Galicia dun acordo para a restitución do exercicio da fiscalización limitada previa».

Debe dicir:

«No momento en que polo exercicio da fiscalización previa de carácter pleno realizada en aplicación do parágrafo anterior se constate a desaparición do suposto previsto no anterior parágrafo, a Intervención Xeral da comunidade autónoma propoñerá á conselleira de Facenda a elevación ao Consello da Xunta de Galicia dun acordo para a restitución do exercicio da fiscalización limitada previa».

Dous.-Na páxina 257, no punto oitavo, VI,1, 1.1, B-1,d), onde di:

«Cando, de acordo coa normativa, non se constituíse mesa de contratación, e que, de ser o caso, exista conformidade de que a clasificación concedida ao contratista resultante da adxudicación provisional coincide coa exixida no prego de cláusulas administrativas particulares».

Debe dicir:

«Cando, de acordo coa normativa, non se constituíse mesa de contratación, que, de ser o caso, exista conformidade de que a clasificación concedida ao contratista resultante da adxudicación provisional coincide coa exixida no prego de cláusulas administrativas particulares».

Tres.-Na páxina 257, no punto oitavo, VI,1, 1.5 e), onde di:

«Cando a certificación de obra inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobarase que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º da Lei de contratos do sector público e que no está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato».

Debe dicir:

«Cando a certificación de obra inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobarase que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º da Lei de contratos do sector público e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato».

Catro.-Na páxina 263, no punto oitavo, IX,1, 1.2, onde di:

«No caso de que o acordo marco se concluíra con máis dun empresario e non todos os termos estean establecidos no acordo, comprobaranse que solicita oferta por escrito a todos os empresarios ou, se é o caso, a un mínimo de tres».

Debe dicir:

«No caso de que o acordo marco se concluíra con máis dun empresario e non todos os termos estean establecidos no acordo, comprobarase que se solicitaron ofertas por escrito a todos os empresarios ou, se é o caso, a un mínimo de tres».

Quinto.-Na páxina 268, no punto oitavo, XIV,2, 2.4 b), onde di:

«Se é o caso, que se achegueporte factura a empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido».

Debe dicir:

«Se é o caso, que achegue factura a empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido».

Sexto.-Na páxina 269, no punto oitavo, XVII, 1,1.1 a), onde di:

«No caso de que a convocatoria se tramite independentemente das bases reguladoras, comprobarase que sobre as bases se emitiu informe favorable e que foron publicadas no DOG».

Debe dicir:

«No caso de que a convocatoria se tramite independentemente das bases reguladoras, comprobarase que as bases recibiron informe favorable e se publicaron no DOG».

Sétimo.-Na páxina 269, no punto oitavo, XVII, 1,1.1 d), onde di:

«No caso de subvencións plurianuais, verificarase que na convocatoria se estableza a contía máxima para conceder e a súa distribución por anualidades, dentro dos límites fixados pola normativa vixente, atendendo ao momento en que se teña previsto realizar o gasto susceptible de xustificación».

Debe dicir:

«No caso de subvencións plurianuais, verificarase que na convocatoria se estableza a contía máxima a conceder e a súa distribución por anualidades, dentro dos límites fixados pola normativa vixente, atendendo ao momento en que se teña previsto realizar o gasto susceptible de xustificación».