DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 2010 Páx. 1.170

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de setembro do 2009 pola que se regula a avaliación e o informe da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia previos á contratación de profesor contratado doutor, profesor axudante doutor, profesor de universidade privada e profesor colaborador.

Advertido erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 189, do venres 25 de setembro de 2009, cómpre efectuar a seguinte modificación.

No artigo 8º.-letra b) onde di:

b) A obtención do informe favorable previo á contratación excepcional de profesores colaboradores noutros órganos de avaliación, que as leis do Estado ou doutras comunidades autónomas determinen, para a figura de profesor contratado doutor, profesor de universidade privada e profesor axudante doutor determinarán a cualificación para poder ser contratado polas universidades de Galicia, nas figuras en que se obtivesen as referidas avaliacións positivas cando, a través das disposicións legais que resulten de aplicación así se estableza, ou cando así se determine mediante os mecanismos de cooperación e recoñecemento mutuo que, de ser o caso, se establezan entre a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia e outros órganos de avaliación.

Debe dicir:

b) A obtención do informe favorable previo á contratación excepcional de profesores colaboradores noutros órganos de avaliación que as leis do Estado ou doutras comunidades autónomas determinen, implicará a cualificación automática para poder ser contratado polas universidades de Galicia para esta figura cando, a través das disposicións legais que resulten de aplicación así se estableza, ou cando así se determine mediante os mecanismos de cooperación e recoñecemento mutuo que, de ser o caso, se establezan entre a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia e outros órganos de avaliación.