DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2010 Páx. 1.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO PRIMEIRO)

EDICTO (A151/2009).

Por medio deste edicto faise público, para lle dar cumprimento ao acordado pola conselleira da Sección de Axuizamento do Tribunal de Contas, por providencia con data do 15 de decembro de 2009, ditada no procedemento de reintegro por alcance nº A151/2009 do ramo de entidades locais (Concello do Saviñao), ámbito territorial da provincia de Lugo, que neste tribunal se segue xuízo contable con motivo do posible descuberto producido nos fondos do Concello do Saviñao por valor de oitenta mil trescentos sesenta e sete euros con vinte e seis céntimos (80.367,26 euros), como consecuencia das irregularidades postas de manifesto no informe de fiscalización do Consello de Contas de Galicia sobre o citado Concello, correspondente aos exercicios 2002-2003, o cal se fai saber coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión da responsabilidade contable poidan comparecer en forma nos autos dentro do prazo de nove días.

Madrid, quince de decembro de dous mil nove.

Carlos Cubillo Rodríguez

Letrado secretario