DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2010 Páx. 1.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 15 de decembro de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e se anuncia a convocatoria para o ano 2010.

Advertidos erros no anexo I da citada resolución, publicada no DOG número 250, do 24 de decembro de 2009, cómpre facer as oportunas correccións:

-Na páxina 19.479, onde di: «… Con carácter xeral, para todas as operacións, non son:», debe dicir: «... Con carácter xeral, para todas as operacións, non son subvencionables:».

-Na páxina 19.479, onde di: «… Indicador Municipal da Renda dos Fogares (IMRF) do ano 2003...»; debe dicir: «... Indicador Municipal da Renda dos Fogares (IMRF) do ano 2002…».

-Na páxina 19.480, onde di: «... Indicador Municipal da Renda dos Fogares (IMRF) do ano 2003…»; debe dicir: «... Indicador Municipal da Renda dos Fogares (IMRF) do ano 2002…».

-Na páxina 19.484, onde di: «Persoas xurídicas de dereito privado sen ánimo de lucro...»; debe dicir: «Persoas físicas ou xurídicas de dereito privado sen ánimo de lucro...».

-Na páxina 19.485, onde di: «… no caso da enerxía solar térmica, non serán aquelas instalacións dedicadas...»; debe dicir: «... no caso da enerxía solar térmica, non serán subvencionables aquelas instalacións dedicadas...».

-Na páxina 19.485, onde di: «Medida V. Conservación e mellora do patrimonio natural»; debe dicir: «Medida V. Conservación e mellora do patrimonio rural».