DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2010 Páx. 973

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2009 pola que se dá publicidade á resolución das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción da recría de gando vacún en Galicia e se convocan para o ano 2009.

Mediante Orde do 27 de febreiro de 2009, da Consellería do Medio Rural fíxose pública a convocatoria das axudas para a promoción da recría de gando vacún en Galicia e se convocan para o ano 2009. (Diario Oficial de Galicia do 10 de marzo).

O artigo 12.9º da orde reguladora dispón: «Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da indicada lei, «a notificación realízarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural».

No artigo 6º da mencionada orde de convocatoria determínanse os requisitos que deberían cumprir os candidatos das axudas correspondentes tendo en conta as bases establecidas na antedita convocatória, así como os créditos dispoñíbeis.

De acordo coa proposta de resolución da Dirección Xeral de Produción AgropecuAria,

RESOLVO:

Primeiro.-En aplicación do baremo establecido no artigo 11º da devandita orde de convocatoria, estimar as solicitudes de axudas e pola contía sinalada, aos solicitantes que se relacionan no anexo I desta resolución, numerados correlativamente desde o nº 1: Casa Palacio, SC RGV27010332909 ata o nº 944: López López, José RGV27010434409.

Segundo.-Desestimar as solicitudes de axudas aos solicitantes que se relacionan no anexo II desta resolución, coa indicación do motivo, numerados correlativamente desde o nº 945: Fernández Díaz, Antonio RGV27010347209, ata o nº 4238: Mouriz Ferreiro, Manuel RGV27010291809.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Rural, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2009.

P.D. (Orde 24-4-2009)

Jorge Atán Castro

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural

Ver referencia pdf "01800D003P009.PDF"

Ver referencia pdf "01800D005P074.PDF"