DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2010 Páx. 938

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 13, do 21 de xaneiro de 2010, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 754, no capítulo IV, onde di: «Vivendas de protección oficial de promoción pública promovidas polo IGVS: seccións 1ª e 3ª do rexistro», debe dicir: «vivendas de protección oficial de promoción pública promovidas polo IGVS: seccións 1ª e 2ª do rexistro».