DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2010 Páx. 901

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 20 de xaneiro de 2010 pola que se nomea o vicepresidente do Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega.

Por orde da Consellería do Medio Rural do 9 de abril de 2007 foron convocadas eleccións para a renovación dos órganos de goberno de varios consellos reguladores de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, entre os que se atopaba o da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega.

Como resultado dese proceso, constituíuse o actual Pleno do Consello Regulador, que elixiu o seu presidente e o vicepresidente, que foron nomeados polo conselleiro do Medio Rural mediante a Orde do 20 de xullo de 2007.

Posteriormente, con data do 17 de setembro de 2009, o Pleno do Consello Regulador decidiu aceptar a proposta do vicepresidente (vogal en representación dos produtores) para elixir un novo na súa substitución, esta vez de entre os vogais pertencentes ao sector industrial, para dar así cumprimento ao compromiso dos membros do Pleno de que este posto sería exercido durante a primeira metade do mandato por un vogal do sector produtor e na segunda por un vogal do sector industrial.

Por todo o anterior, e de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase vicepresidente do Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega a Jesús Manuel Conchado Pereiro, en representación da vogalía que lle corresponde a Frigoríficos Conchado, S.A., en substitución de José Álvarez Lombardero.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2010.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural