DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2010 Páx. 715

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de decembro de 2009 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de leite e determinados produtos lácteos aos/ás alumnos/as de centros escolares e se convocan para o ano 2010.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 2, do 5 de xaneiro de 2010, é preciso publicar as seguintes correccións:

1. Na parte expositiva, engadir como parágrafo cuarto o seguinte:

«A regulación da axuda recollida nesta resolución desenvolve a normativa básica estatal actualmente contida no Real decreto 194/2002, polo que se establecen as modalidades de aplicación da axuda á subministración de leite e produtos lácteos aos alumnos de centros escolares, ou da norma que en substitución puidese ditarse».

2. No artigo 2, onde di: «beneficiarios/as», debe dicir: «destinatarios/as».

No artigo 2.1º letra c), onde di: «Educación secundaria», debe dicir: «Educación secundaria, que comprenderá a educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional de grao medio».

No artigo 2.2º parágrafo segundo, onde di: «os/as alumnos/as non se poderán beneficiar da axuda...», debe dicir: «os/as alumnos/as non serán destinatarios/as da axuda».

3. No artigo 6 é preciso engadir un novo punto, polo que o resultado é o seguinte:

«1. Poderán solicitar a axuda:...»

«2. Será beneficiario/a da axuda un/unha solicitante autorizado/a conforme as disposicións do artigo 7, para a subministración dos produtos lácteos recollidos no anexo I desta resolución».

4. Nos artigos 8 e 9 e 12, onde di: «servizo provincial do Fogga», debe dicir: «servizo territorial do Fogga».

5. No artigo 12, onde di: «delegación provincial», debe dicir: «xefatura territorial».

6. Na disposición adicional primeira, onde di: «Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia», debe dicir: «Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións».