DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2010 Páx. 693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Resolución do 17 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 44 da Resolución do 17 de xuño de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009, procédese á publicación das subvencións concedidas iguais ou superiores a 3.000 euros.

Finalidade da axuda: as axudas teñen como finalidade a subvención dos gastos correntes das entidades galegas no exterior a través dos seis programas seguintes: Programa 1. Para a prestación de servizos socioasistenciais; Programa 2. Para actividades socioculturais; Programa 3. Para accións informativas; Programa 4. Para proxectos promovidos pola xuventude; Programa 5. Para gastos de funcionamento; Programa 6. Para contratación de grupos.

No Programa 7. Para subscrición a publicacións e no Programa 8. Para adaptación de nomes; incluídos nesta resolución, non se concederon subvencións a ningunha entidade por importe igual ou superior a 3.000 €.

Norma reguladora: Resolución do 17 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 23 de xuño).

Aplicación orzamentaria: 40.50.312C.481.0. Axudas a entidades no ámbito das migracións, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 2009.

Crédito orzamentario: 1.000.000 de euros.

Entidades beneficiarias das subvencións cunha contía igual ou superior a 3.000 euros e o importe da axuda concedida a cada unha delas expresado en euros, por orde alfabética:

Ver referencia pdf "01200D001P005.PDF"

Ver referencia pdf "01200D002P006.PDF"

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2009.

P.S. (Decreto 325/2009, do 18 de xuño)

José Antonio Villamayor Filloy

Subdirector xeral de Coordinación, Contratación

e Xestión Orzamentaria