DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2010 Páx. 636

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2009, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 17 de agosto de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 175, do 7 de setembro) pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2009 axudas a empresas de transporte público de viaxeiros para a adquisición de vehículos accesibles.

Por medio da Orde do 17 de agosto de 2009, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fixou as bases e convocou subvencións para que as empresas que prestan servizos de transporte público regular permanente de viaxeiros de uso xeral, suxeitas á concesión administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia, poidan adquirir vehículos accesibles para persoas con mobilidade reducida.

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 10.3º da citada orde, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 17 de agosto de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2009 axudas a empresas de transporte público de viaxeiros para a adquisición de vehículos accesibles.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2009.

Miguel Rodríguez Bugarín

Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Subvencións concedidas a empresas de transporte público de viaxeiros para a adquisición de vehículos accesibles (aplicación orzamentaria: 2009.43.05.512A.770.1).

1. Donado Campos, S.L.: 34.844 €.

BMC le Hawk 9 M.

BMC le Hawk 9 M.

2. Francisco Candocia Villadóniga: 34.844 €.

Volvo B7R 4X2 Irizar i4.

Volvo B7R 4X2 Irizar i4.

3. Autocares Manuel García Castro, S.L.: 17.422 €.

Volvo B12B ER Aura Beulas.

4. Autocares Rías Baixas, S.L.: 52.266 €.

Mercedes Benz O 530 Citaro K.

Mercedes Benz 515 CDI.

Volvo B12B Aura Beulas.

5. Expres de Vea, S.L.: 17.422 €.

Volvo B12B E1 Irizar PB 12/37.

6. Empresa Gilsanz, S.L.: 34.844 €.

Mercedes Sprinter 515 CDI.

Mercedes Sprinter 515 CDI.

7. Autos Comparado, S.L.: 17.422 €.

Mercedes Sprinter 519 CDI.

8. Autocares Meijide, S.L.: 34.844 €.

Mercedes Sprinter 516 CDI.

Mercedes Sprinter 516 CDI.

9. Gomserbus, S.L.: 17.422 €.

Mercedes Sprinter 516 CDI.

10. Empresa Lázara, S.A.: 17.422 €.

MAN 18440 DCI Irizar PB.

11. Autocares Eliseo Pita, S.A.: 9.089,99 €.

Volvo B12B 4X2 Euro 5.

12. Transvías del Ferrol, S.A.: 69.688 €.

Mercedes Benz O 530 Citaro K.

Mercedes Benz O 530 Citaro K.

Mercedes Benz O 530 Citaro K.

Mercedes Benz O 530 Citaro K.

13. Automóviles Sigrás Carral, S.A.: 16.831,60 €.

Iveco Eurorider C33 ASRI E-5.

14. Autos Cal Pita, S.A.: 48.938,89 €.

Volvo B7R Castrosua Magnus.

Volvo B7R Castrosua Magnus.

Volvo B7R Castrosua Magnus.

Mercedes Sprinter 515 CDI.

Iveco Eurorider C33 ASRI E-5.

15. Anpian, S.A.: 17.422 €.

Mercedes Benz Sprinter 515 CDI.

16. Empresa Raúl, S.A.: 17.422 €.

BMC Probus 850 TBX.

17. Autocares Vilabus, S.L.: 17.422 €.

Iveco C50C180 UNVI.

18. Viledobus, S.L.: 17.422 €.

Mercedes Sprinter 515CDI.

Importe total: 492.988,48 €.