DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2010 Páx. 631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

DECRETO 452/2009, do 11 de decembro, polo que se aceptan as doazóns de bens culturais feitas á Comunidade Autónoma de Galicia por Celso Ramón Sotelo Lorenzo e outros.

Con data do 30 de setembro, a Consellería de Cultura e Turismo remitiu á Consellería de Facenda os expedientes de doazón de bens propiedade de Celso Ramón Sotelo Lorenzo, Gabriel Fernández Vázquez, Paulino Montoya Gabarry, Marta Míguez Tello, Amelina Santamaría Vázquez, Eduardo Gómez Casasnovas, Francisco Martínez Cuíñas, Santiago Díaz García, Jesús Fente Pérez e José Ramón Estévez Pérez.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o expediente de aceptación, logo do respectivo informe favorable da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia.

De acordo co disposto no artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 34.1º do Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens, a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Facenda.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de decembro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo único.

Aceptar nos termos establecidos polos doantes as seguintes doazóns de bens que a continuación se relacionan:

Doador: Celso Ramón Sotelo Lorenzo.

Obxecto: catro fotografías en cor en formato CD-ROM, que recollen imaxes da vida deportiva do doador, xogador de balonmán.

Valoración: 8 €.

Custodia: Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Doador: Gabriel Fernández Vázquez.

Obxecto: trinta e oito fotografías en formato CD-ROM, que recollen imaxes da vida do doador, atleta.

Valoración: 25,33 €.

Custodia: Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Doador: Paulino Montoya Gabarry.

Obxecto: unha fotografía en cor en formato CD-ROM, que recolle a actuación do doador nun torneo internacional de halterofilia.

Valoración: 2 €.

Custodia: Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Doadora: Marta Míguez Telle.

Obxecto: dezanove fotografías en cor en formato CD-ROM, que recolle imaxes da vida deportiva da doador, atleta lanzadora de xavelina, e deportista de alto nivel.

Valoración: 38 €.

Custodia: Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Doadora: Amelina Santamaría Vázquez.

Obxecto: tres fotografías en branco e negro, que recollen retratos familiares feitos en Ribadavia e na Habana, así como imaxes da Carteira de Identidade do Emigrante, que pertencera ao pai da doante.

Valoración: 6 €.

Custodia: Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Doador: Eduardo Gómez Casasnovas.

Obxecto: catorce fotografías en formato CD-ROM, que recolle imaxes da vida social e deportiva de Ribadavia dos anos corenta e cincuenta do século XX.

Valoración total: 47 €.

Custodia: Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Doador: Francisco Martínez Cuíñas.

Obxecto: cinco fotografías en formato CD-ROM, que recolle imaxes de diversas épocas do equipo de fútbol Francelos, F.C. e de formación de veteranos.

Valoración: 10 € .

Custodia: Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Doador: Santiago Díaz García.

Obxecto: dúas fotografías en branco e negro formato CD-ROM, que recolle grupos de escolares co seu mestre na localidade de San Cristovo de Regodeigón, Ribadavia, dos anos 1950.

Valoración: 7 €.

Custodia: Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Doador: Jesús Fente Pérez.

Obxecto: cinco fotografías en formato CD-ROM, que recollen imaxes da vida social e relixiosa de Ribadavia, así como retratos feitos na emigración.

Valoración: 17 €.

Custodia: Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Doador: José Ramón Estévez Pérez.

Obxecto: oitenta fotografías en formato CD-ROM que tratan de imaxes de actividades deportivas, e documentos relacionados con elas, datadas nos anos 1940 e 1950 así como, imaxes de actividades relixiosas e políticas, outras imaxes de Ribadavia e postais antigas con vistas do Mosteiro de Oseira.

Valoración: 53,30 €.

Custodia: Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Disposición derradeira

A Consellería de Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, once de decembro de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda