DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2010 Páx. 630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Resolución do 17 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 26 da Resolución do 17 de xuño de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009, procédese á publicación das subvencións concedidas iguais ou superiores a 3.000 euros.

Finalidade da axuda: as axudas teñen como finalidade a subvención dos gastos de capital realizados polas entidades galegas no exterior en infraestruturas, a través dos seguintes programas: Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, conservación e mantemento das súas instalacións; Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotación e equipamentos; Programa C. Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior; Programa D. Axudas para a restauración e catalogación de patrimonio artístico, bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior.

Norma reguladora: Resolución do 17 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 120, do 22 de xuño).

Aplicación orzamentaria: 40.50.312C.781.0. Axudas, subvencións e convenios, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

Crédito orzamentario: 1.800.000 euros.

Entidades beneficiarias das subvencións cunha contía igual ou superior a 3.000 euros e o importe da axuda concedida a cada unha delas expresado en euros, por orde alfabética:

Ver referencia pdf "01100D001P006.PDF"

Ver referencia pdf "01100D002P007.PDF"

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2009.

P.S. (Decreto 325/2009, do 18 de xuño)

José Antonio Villamayor Filloy

Subdirector xeral de Coordinación, Contratación

e Xestión Orzamentaria