DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2010 Páx. 598

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2009 pola que se resolve a convocatoria da XVIII edición do Premio Manuel Colmeiro, orientado a distinguir estudos sobre a Administración pública de Galicia.

Por Orde do 20 de febreiro de 2009 (DOG número 43, do 3 de marzo) a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convocou a XVIII edición do Premio Manuel Colmeiro, orientado a distinguir estudos sobre a Administración pública de Galicia.

Vista a proposta formulada por un xurado especial e de conformidade coa base oitava da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Declarar deserta a adxudicación da XVIII edición do Premio Manuel Colmeiro, orientado a distinguir estudos sobre a Administración pública de Galicia.

Segundo.-A composición nominal do xurado foi a seguinte:

Presidente: Pablo Figueroa Dorrego, director da Escola Galega de Administración Pública.

Vogais: Jesús Martínez Girón, catedrático de dereito do traballo e da seguridade social do Departamento de Dereito Público Especial da Facultade Dereito da Universidade da Coruña; Miguel Ángel Pérez Álvarez, catedrático de dereito civil do Departamento de Dereito Privado da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña; José Antonio Redondo López, catedrático de economía financeira e contabilidade da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela; e Juan Jesús Raposo Arceo, profesor titular do Departamento de Dereito Civil da Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade da Coruña.

Secretaria: Mª Lucía Portela Silva, xefa do Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións da Escola Galega de Administración Pública.

Terceiro.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o director da Escola Galega de Administración Pública no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 que modifica a Lei 30/1992, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2009.

Pablo Figueroa Dorrego

Director da Escola Galega de Administración Pública