DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2010 Páx. 448

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural, pola que se anuncia a resolución de aceptación de renuncia da axuda no expediente 36/500004/08.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á interesada cuxos datos persoais e último domicilio coñecido se sinalan a continuación, e que foi devolta polo servizo de correos, a Resolución do 22 de decembro de 2009, do secretario xeral pola que se anuncian as resolucións de aceptación de renuncia a axudas no expediente 36/500004/08 solicitada ao abeiro do Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, sobre melloras estruturais e modernización das explotacións agrarias, e da Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (hoxe de Medio Rural), do 7 de xuño de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para melloras estructurais e modernización das explotacións agrarias.

A interesada disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2009.

Jorge Atán Castro

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expedientes: 36/50004/08.

Interesada: Puentes Corral, Antía.

Enderezo: Gran Vía, nº 36, 8º, CP 36203, Vigo.