DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2010 Páx. 448

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural, pola que se anuncia a resolución do procedemento para deixar sen efecto a axuda no expediente 32/00014/04-B.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á interesada cuxos datos persoais e último domicilio coñecido se sinalan a continuación, e que foi devolta polo servicio de correos, a resolución do 2 de febreiro de 2009 para deixar sen efecto a axuda expediente 32/500014/04-B, solicitada ao abeiro do Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, sobre melloras estructurais e modernización das explotacións agrarias, e da Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (hoxe de Medio Rural), do 7 de xuño de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para melloras estruturais e modernización das explotacións agrarias.

A interesada disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Consellaría do Medio Rural.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2009.

Jorge Atán Castro

Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: 32/50014/04-B.

Interesada: Núñez Carballo, María Carmen.

Enderezo: Mazaira s/n, 32766 Castro Caldelas, Ourense.