DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2010 Páx. 445

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 14 de decembro de 2009 pola que se publica a concesión de axudas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2008, pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a concellos e mancomunidades de municipios para o fomento e realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Por Orde do 31 de decembro de 2008 regúlanse as bases que rexerán as subvencións dirixidas a concellos e mancomunidades de municipios para o fomento e realización de actividades de voluntariado para o ano 2009. As subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 2009.48.07.312F.460.0 (proxecto 2009 00166) polo importe de 300.000 euros (trescentos mil euros).

En virtude das competencias atribuídas polo artigo 9.1º da Orde do 31 de decembro de 2008, o director xeral de Xuventude e Voluntariado resolveu a concesión das axudas solicitadas polos concellos e mancomunidades de municipios, tal e como se recolle no anexo.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2009.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar

Ver referencia pdf "00700D002P017.PDF"