DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2010 Páx. 433

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2009 pola que se adxudican as axudas dos programas Ángeles Alvariño (anexo II), Isidro Parga Pondal (anexo III), Lucas Labrada (anexo IV) e Isabel Barreto (anexo V) da Orde do 24 de setembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 189, do 25 de setembro), pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2009, e se procede á súa convocatoria.

A orde da Consellería de Economía e Industria do 24 de setembro de 2009 (DOG nº 189, do 25 de setembro), aproba as bases que rexerán a convocatoria de axudas correspondentes a diversas accións formativas do Programa de recursos humanos, no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006- 2010) para o ano 2009.

No artigo 3 do anexo II, do anexo III, do anexo IV e do anexo V da mencionada orde de convocatoria determínanse os requisitos que deberían cumprir os candidatos das axudas correspondentes aos programas Ángeles Alvariño (anexo II), Isidro Parga Pondal (anexo III), Lucas Labrada (anexo IV) e Isabel Barreto (anexo V).

A Comisión de Selección establecida no artigo 9 das bases xerais da dita Orde do 24 de setembro de 2009 (DOG nº 189, do 25 de setembro), na súa reunión do día 23 de decembro de 2009, tendo en conta as bases establecidas na convocatoria, así como os créditos dispoñibles, acordou:

A) Programa Ángeles Alvariño (anexo II da orde de convocatoria):

1. En aplicación do baremo establecido no artigo 8 do anexo II da orde de convocatoria, establecer como nota de corte mínima para figurar na lista de adxudicatarios a puntuación mínima de 30 puntos. As solicitudes admitidas definitivamente cunha puntuación final inferior a 30 non acceden á axuda.

2. Tendo en consideración as puntuacións acadadas polos solicitantes de prazas do Programa Ángeles Alvariño, o número de solicitantes que acadaron esta puntuación e tendo en consideración a experiencia de anos anteriores en relación co número de substitucións que se producen, acórdase establecer como nota de corte para figurar na lista de espera a puntuación de 40 puntos para as listas de espera de todos os grupos de organismos ou institucións, agás para o caso da lista de espera correspondente ao grupo de fundacións públicas e institucións sen fin de lucro, que se establece en 30 puntos.

3. Propoñer a concesión de axudas ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e que contraten os solicitantes dunha praza do Programa Ángeles Alvariño (anexo II da orde de convocatoria do 24 de setembro de 2009, DOG nº 189) que se relacionan no anexo I desta resolución.

4. Propoñer unha lista de espera cos solicitantes que, non séndolles adxudicada praza, teñan unha puntuación total igual ou superior a 40 puntos, agás para o caso da lista de espera correspondente ao grupo de fundacións públicas e institucións sen fin de lucro, que se establece en 30 puntos, para -de ser o caso- determinar posibles substitucións cos solicitantes que se relacionan no anexo II desta resolución.

B) Programa Isidro Parga Pondal (anexo III da orde de convocatoria):

1. En aplicación do baremo establecido no artigo 8 do anexo III da orde de convocatoria, establecer como nota de corte mínima para figurar na lista de adxudicatarios a puntuación mínima de 45 puntos. As solicitudes admitidas definitivamente cunha puntuación final inferior a 45 non acceden á axuda.

2. Tendo en consideración as puntuacións acadadas polos solicitantes de prazas do Programa Isidro Parga Pondal, o número de solicitantes que acadaron esta puntuación e tendo en consideración a experiencia de anos anteriores en relación co número de substitucións que se producen, acórdase establecer como nota de corte para figurar na lista de espera a puntuación de 45 puntos para as listas de espera de todos os grupos de organismos ou institucións.

3. Propoñer a concesión de axudas ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e que contraten os solicitantes dunha praza do Programa Isidro Parga Pondal (anexo III da orde de convocatoria do 24 de setembro de 2009, DOG nº 189) que se relacionan no anexo III desta resolución.

4. Propoñer unha lista de espera cos solicitantes que, non séndolles adxudicada praza, teñan unha puntuación total igual ou superior a 45 puntos, para -de ser o caso- determinar posibles substitucións cos solicitantes que se relacionan no anexo IV desta resolución.

C) Programa Lucas Labrada (anexo IV da orde de convocatoria):

1. En aplicación do baremo establecido no artigo 8 do anexo IV da orde de convocatoria, establecer como nota de corte mínima para figurar na lista de adxudicatarios a puntuación mínima de 25 puntos. As solicitudes admitidas definitivamente cunha puntuación final inferior a 25 non acceden á axuda.

2. Tendo en consideración as puntuacións acadadas polos solicitantes de prazas do Programa Lucas Labrada, o número de solicitantes que acadaron esta puntuación e tendo en consideración a experiencia de anos anteriores en relación co número de substitucións que se producen, acórdase establecer como nota de corte para figurar na lista de espera a puntuación de 45 puntos no caso das universidades do SUG e de 30 puntos no caso de OPI e Cepiga, para -de ser o caso- determinar posibles substitucións.

3. Propoñer a concesión de axudas ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que se relacionan no anexo V desta resolución.

4. Propoñer unha lista de espera cos solicitantes que, non séndolles adxudicada praza, teñan unha puntuación total igual ou superior a 45 puntos, no caso das universidades, e 30 puntos no caso de OPI e Cepiga para -de ser o caso- determinar posibles substitucións cos solicitantes que se relacionan no anexo VI desta resolución.

D) Programa Isabel Barreto (anexo V da orde de convocatoria):

1. En aplicación do baremo establecido no artigo 8 do anexo V da orde de convocatoria, establecer como nota de corte mínima para figurar na lista de adxudicatarios a puntuación mínima de 25 puntos. As solicitudes admitidas definitivamente cunha puntuación final inferior a 25 non acceden á axuda.

2. Tendo en consideración as puntuacións acadadas polos solicitantes de prazas do Programa Isabel Barreto, o número de solicitantes que acadaron esta puntuación e tendo en consideración a experiencia de anos anteriores en relación co número de substitucións que se producen, acórdase establecer como nota de corte para figurar na lista de espera a puntuación de 35 puntos no caso das universidades do SUG e de 40 puntos no caso de OPI e Cepiga, para -de ser o caso- determinar posibles substitucións.

3. Propoñer a concesión de axudas ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que se relacionan no anexo VII desta resolución.

4. Propoñer unha lista de espera cos solicitantes que, non séndolles adxudicada praza, teñan unha puntuación total igual ou superior a 30 puntos, no caso das universidades e 40 puntos no caso de OPI e Cepiga para -de ser o caso- determinar posibles substitucións cos solicitantes que se relacionan no anexo VIII desta resolución.

Na súa virtude, e atendendo a proposta que eleva a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as axudas correspondentes ao Programa Ángeles Alvariño (anexo II da orde de convocatoria) ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten os candidatos seleccionados que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo.-Establecer unha lista de espera para -de ser o caso- determinar posibles substitucións, cos solicitantes que se relacionan no anexo II desta resolución.

Terceiro.-As solicitudes que non figuran relacionadas no anexo I e II desta resolución, e que foron admitidas para participar nesta convocatoria enténdese que quedan denegadas por non teren acadado a puntuación mínima establecida pola comisión de selección para serlles concedida a axuda ou figurar na lista de espera establecida para, de ser o caso, determinar posibles substitucións.

Cuarto.-As 43 axudas concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2009, 2010, 2011 e 2012 que a seguir se indican e de acordo coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 28 de decembro de 2009:

Anexo II.-Programa Ángeles Alvariño (nova adxudicación)

Ver referencia pdf "00700D001P005.PDF"

Quinto.-Concederlles as axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal (anexo III da orde de convocatoria) ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou ás súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten os candidatos seleccionados que se relacionan no anexo III desta resolución.

Sexto.-Establecer unha lista de espera para -de ser o caso- determinar posibles substitucións, cos solicitantes que se relacionan no anexo IV desta resolución.

Sétimo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no anexo III e IV desta resolución e que foron admitidas para participar nesta convocatoria, enténdese que quedan denegadas por non teren acadado a puntuación mínima establecida pola comisión de selección para serlles concedida a axuda ou figurar na lista de espera establecida para, de ser o caso, determinar posibles substitucións.

Oitavo.-As 31 axudas concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2009, 2010, 201 1 e 2012 que a seguir se indican e de acordo coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 28 de decembro de 2009:

Anexo III.-Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación)

Ver referencia pdf "00700D001P005.PDF"

Noveno.-Concederlles as axudas correspondentes ao Programa Lucas Labrada (anexo IV da orde de convocatoria) ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que se relacionan no anexo V desta resolución.

Décimo.-Establecer unha lista de espera para -de ser o caso- determinar posibles substitucións, cos solicitantes que se relacionan no anexo VI desta resolución.

Décimo primeiro.-As solicitudes que non figuran relacionadas no anexo V e VI desta resolución e que foron admitidas para participar nesta convocatoria, enténdese que quedan denegadas por non ter acadado a puntuación mínima establecida pola comisión de selección para serlle concedida a axuda ou figurar na lista de espera establecida para, de ser o caso, determinar posibles substitucións.

Décimo segundo.-As 39 axudas concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2009, 2010 e 2011 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 28 de decembro de 2009:

Anexo IV.-Programa Lucas Labrada (nova adxudicación)

Ver referencia pdf "00700D001P005.PDF"

Décimo terceiro.-Concederlles as axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto (anexo V da orde de convocatoria) ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que se relacionan no anexo VII desta resolución.

Décimo cuarto.-Establecer unha lista de espera para -de ser o caso- determinar posibles substitucións, cos solicitantes que se relacionan no anexo VIII desta resolución.

Décimo quinto.-As solicitudes que non figuran relacionadas no anexo VII e VIII desta resolución e que foron admitidas para participar nesta convocatoria, enténdese que quedan denegadas por non ter acadado a puntuación mínima establecida pola comisión de selección para serlles concedida a axuda ou figurar na lista de espera establecida para -de ser o caso- determinar posibles substitucións.

Décimo sexto.-As 45 axudas concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2009, 2010 e 2011 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 28 de decembro de 2009:

Anexo V.-Programa Isabel Barreto (nova adxudicación)

Ver referencia pdf "00700D001P005.PDF"

Décimo sétimo.-Formalización e duración dos contratos.

1. Publicada a resolución no DOG, as institucións e entidades beneficiarias procederán á contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos mediante a formalización de contratos laborais, de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. Nos contratos deberá facerse referencia expresa a:

a) O seu financiamento con cargo aos programas Ángeles Alvariño, Isidro Parga Pondal, Lucas Labrada ou Isabel Barreto -segundo corresponda- da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, e ao seu cofinanciamento -de ser o caso- polo Fondo Social Europeo.

b) Data de incorporación efectiva do seleccionado ao seu posto de traballo.

c) A retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do seleccionado e a duración do contrato.

2. A duración dos contratos será dun máximo de tres anos para os programas Ángeles Alvariño e Isidro Parga Pondal, que se desenvolverán entre o día 28 de decembro de 2009 e o 31 de decembro de 2012.

A duración dos contratos para os programas Lucas Labrada e Isabel Barreto será dun máximo de dous anos, para desenvolver entre o día 28 de decembro de 2009 e o 31 de decembro de 2011.

3. De forma xenérica, a contratación dos candidatos seleccionados deberá levarse a cabo no prazo máximo de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da correspondente resolución de adxudicación, e a súa duración estenderase entre a data da súa sinatura e o 31 de decembro de 2011 ou, de ser o caso, 2012.

4. No caso dos candidatos seleccionados non nacionais dos cales, por razóns de permiso de traballo, non poida producirse a súa contratación no prazo establecido no punto anterior, os contratos deberán asinarse nun prazo máximo de 3 meses, e a súa duración estenderase entre a data da súa sinatura e o 31 de decembro de 2011, ou 2012, segundo corresponda.

5. Agás nos casos indicados no número anterior, respecto daqueles contratos que non se asinen no prazo máximo de 10 días establecidos nesta resolución, entenderase que os candidatos seleccionados afectados renuncian a eles e serán substituídos polos candidatos da lista de espera.

6. Para os efectos de posibles interrupcións dos seus contratos, o persoal contratado ao abeiro das axudas dos programas de recursos humanos estará suxeito ao establecido na lexislación vixente. Calquera interrupción dos seus contratos debe ser previamente comunicada e autorizada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Décimo oitavo.-O pagamento das axudas pola Consellería de Economía e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do xeito indicado no anexo da orde de convocatoria correspondente a cada programa de axudas (anexos II, III, IV e V da Orde do 24 de setembro de 2009, DOG nº 189, do 25 de setembro).

Décimo noveno.-Todas as solicitudes para as que se propón o seu financiamento cumpren os requisitos establecidos nas correspondestes bases da convocatoria.

Vixésimo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 24 de setembro de 2009 (DOG nº 181, do 25 de setembro) suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Vixésimo primeiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2009.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87, do 6 de maio)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "00700D001P005.PDF"