DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2010 Páx. 253

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA

ORDE do 4 de xaneiro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de decembro de 2009 polo que, en aplicación do disposto no artigo 97.2º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, se aproba o réxime de fiscalización limitada previa para determinados expedientes de gasto.

O texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, no artigo 97.2º autoriza a Xunta de Galicia para que, logo de informe da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, acorde que a intervención previa que se exerza en cada unha das consellerías ou nos distintos servizos, organismos autónomos, sociedades ou entes públicos se limite a comprobar, ademais dos extremos determinados na propia lei, aqueles que pola súa transcendencia no proceso de xestión tendan a asegurar a obxectividade e transparencia nas actuacións públicas e que sexan establecidos polo Consello da Xunta de Galicia por proposta da Consellería de Facenda.

A través do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de marzo de 1999 regulábase o réxime de fiscalización limitada previa para determinados expedientes da Administración autónoma de Galicia. Desde entón ata este momento producíronse importantes reformas lexislativas que, ao incidir directamente sobre determinadas áreas de gasto, fan imprescindible a adaptación dos requisitos da fiscalización limitada previa á nova regulación e terminoloxía. Ademais, a experiencia acumulada no exercicio da fiscalización limitada previa fai necesaria a modificación do acordo para a introdución de precisións terminolóxicas e aclaracións, así como a inclusión de supostos non recollidos no acordo anterior.

Entre as principais novidades lexislativas con incidencia na materia que nos ocupa temos que destacar no ámbito da contratación administrativa a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público. As principais novidades desta respecto da regulación anterior afectan a delimitación do seu ámbito de aplicación, a singularización das normas que derivan directamente do dereito comunitario, a incorporación das novas regulacións sobre contratación que introduce a Directiva 2004/18/CE, a simplificación e mellora da xestión contractual, e a tipificación legal dunha nova figura, o contrato de colaboración entre o sector público e o sector privado.

Por outra parte, no ámbito subvencional, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, xunto coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, regulan as subvencións incluídas no seu ámbito de aplicación. Segundo se recolle na exposición de motivos da Lei de subvencións de Galicia a transparencia, eficacia e eficiencia na xestión fundamentan, entre outras, as obrigas de publicidade en distintos momentos dos procedementos, a asunción a nivel legal das directrices básicas dos rexistros de subvencións, o fomento do uso intensivo das tecnoloxías da información e das comunicacións na tramitación administrativa e a implantación do procedemento abreviado de concesión.

Polo exposto e de conformidade co previsto no artigo 97 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (en diante TRLRFOG), o Consello da Xunta de Galicia adopta, por proposta da conselleira de Facenda e logo de informe da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Ámbito de aplicación.

O disposto neste acordo é de aplicación aos expedientes tramitados pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e polos organismos autónomos, centros, dependencias ou entidades en que estea implantado o réxime de fiscalización previa.

Este acordo non será de aplicación respecto das obrigas ou dos gastos de contía indeterminada e aqueloutros que deban ser aprobados e autorizados polo Consello da Xunta.

Segundo.-Fiscalización plena posterior.

De conformidade co disposto no artigo 97.4º do TRLRFOG as obrigas ou gastos sometidos a fiscalización limitada previa serán obxecto dunha plena posterior exercida sobre unha mostra representativa dos actos, documentos ou expedientes que deron orixe á referida fiscalización co fin de verificar que se axustan ás disposicións aplicables en cada caso e determinar o grao de cumprimento da legalidade, así como a eficacia e a eficiencia na xestión dos créditos. O exercicio do control posterior rexerase pola súa normativa reguladora.

Terceiro.-Fiscalización limitada previa reducida aos requisitos mínimos.

Naqueles supostos en que exista un elevado volume de expedientes das mesmas características tramitados por un mesmo departamento, cando o número de reparos sexa especialmente reducido, e sempre que dos informes de fiscalización plena posterior se deduza que a súa xestión se axustou razoablemente ás disposicións aplicables, a Intervención Xeral poderá elaborar un informe motivado en que propoñerá á conselleira de Facenda a elevación ao Consello da Xunta de Galicia dun acordo para que o exercicio da fiscalización limitada previa se limite soamente a comprobación dos requisitos mínimos previstos desde a letra a) ata a g) do punto sétimo.1. deste acordo, respecto do dito tipo de expedientes e departamento.

Cando dos informes de fiscalización plena posterior ou dos informes derivados doutras actuacións de control realizadas sobre os expedientes a que se refire o parágrafo anterior se deduza a desaparición dos supostos previstos no anterior parágrafo, a Intervención Xeral da comunidade autónoma propoñerá á conselleira de Facenda a elevación ao Consello da Xunta de Galicia dun acordo para deixar sen efecto o acordo adoptado. Neste caso volverá a aplicarse a fiscalización limitada previa.

Cuarto.-Fiscalización previa plena.

Cando dos informes de fiscalización plena posterior ou dos informes derivados doutras actuacións de control realizadas sobre os expedientes sometidos a fiscalización limitada previa se deduza a existencia de incumprimentos da normativa aplicable, a Intervención Xeral poderá elaborar un informe motivado en que propoñerá á conselleira de Facenda a elevación ao Consello da Xunta de Galicia dun acordo para o exercicio de fiscalización previa con carácter pleno para o dito tipo de expediente e departamento afectado.

No momento en que polo exercicio da fiscalización previa de carácter pleno realizada en aplicación do parágrafo anterior se constate a desaparición do suposto previsto no anterior parágra, a Intervención Xeral foda comunidade autónoma propoñerá á conselleira de Facenda a elevación ao Consello da Xunta de Galicia dun acordo para a restitución do exercicio da fiscalización limitada previa.

Quinto.-Supostos non recollidos no punto oitavo.

1. Para aqueles expedientes para os cales non se prevén extremos adicionais no punto oitavo deste acordo exercerase a fiscalización previa de carácter pleno.

Respecto destes expedientes, cando se dean as circunstancias previstas no punto terceiro deste acordo, a Intervención Xeral poderá elaborar un informe motivado en que propoñerá á conselleira de Facenda a elevación ao Consello da Xunta de Galicia dun acordo para o exercicio da fiscalización limitada previa reducida aos requisitos mínimos e que se comprobe soamente o disposto no punto sétimo.1. desde a letra a) ata a g) deste acordo.

Cando dos informes de fiscalización plena posterior ou dos informes derivados doutras actuacións de control realizadas sobre os expedientes a que se refire o parágrafo anterior se deduza a desaparición dos supostos previstos no anterior parágrafo, a Intervención Xeral da comunidade autónoma propoñerá á conselleira de Facenda a elevación ao Consello da Xunta de Galicia dun acordo para deixar sen efecto o acordo adoptado. Neste caso volverá aplicarse a fiscalización previa plena aos ditos expedientes.

2. Cando como consecuencia do exercicio da fiscalización limitada previa da adxudicación definitiva dos expedientes de contratación previstos na Lei de contratos do sector público se deduza a existencia nun departamento de incumprimentos da normativa aplicable na fiscalización da adxudicación definitiva que afectasen a adxudicación provisional, a Intervención Xeral poderá elaborar un informe motivado en que propoñerá á conselleira de Facenda a elevación ao Consello da Xunta de Galicia dun acordo para o exercicio da fiscalización limitada previa da adxudicación provisional no momento anterior á resolución da adxudicación provisional para o dito tipo de expediente de contratación e departamento.

Sexto.-Fiscalización por mostraxe.

De conformidade co disposto no artigo 97.5º do TRLRFOG, o previsto neste acordo enténdese sen prexuízo da competencia da conselleira de Facenda de acordar, por proposta da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, en que casos a función interventora será exercida sobre unha mostra e non sobre o total dos actos, documentos ou expedientes suxeitos á intervención previa.

Sétimo.-Requisitos mínimos.

1. A fiscalización previa das obrigas ou gastos incluídos neste acordo, realizarase mediante a comprobación dos seguintes extremos:

a) A existencia de crédito orzamentario e que o proposto sexa o adecuado á natureza do gasto ou obriga que se propoña contraer.

Nos casos en que se trate de contraer compromisos de gastos de carácter plurianual comprobarase, ademais, se se cumpre o preceptuado no artigo 58 do TRLRFOG.

b) Que as obrigas ou gastos se xeran por órgano competente.

Comprobarase en todo caso a competencia do órgano de contratación, do concedente da subvención, do que celebre o convenio, do que resolve o expediente de responsabilidade patrimonial e, en xeral, do que dite o acto administrativo, aínda que o dito órgano non teña atribuída a facultade para a aprobación dos gastos de que se trate.

c) A existencia de autorización do Consello da Xunta, nos supostos que, conforme a normativa aplicable, o requiran.

d) A existencia no expediente dos informes e ditames preceptivos exixidos pola normativa vixente.

e) Que os expedientes de compromiso de gasto responden a gastos aprobados e, de ser o caso, fiscalizados favorablemente.

f) Nos expedientes de recoñecemento de obrigas deberá comprobarse que responden a gastos aprobados e comprometidos e, de ser o caso, fiscalizados favorablemente.

g) Nos expedientes anticipados de gasto deberá comprobarse a existencia da condición suspensiva de crédito axeitado e suficiente no prego de cláusulas administrativas, orde de convocatoria, convenio ou acordo respectivo.

h) Aqueles extremos adicionais que, atendendo á natureza dos distintos actos, documentos ou expedientes, estean contidos neste acordo.

2. Cando dos informes e ditames preceptivos se deduza que se omitiron requisitos ou trámites que sexan esenciais, ou que a continuación da xestión administrativa puidese causar quebrantos económicos ao Tesouro Público ou a un terceiro, procederase ao exame exhaustivo do documento ou documentos obxecto do informe e se, a xuízo do interventor, se dan as mencionadas circunstancias, haberá de actuar conforme o preceptuado no artigo 99 do TRLRFOG.

Oitavo.-Extremos adicionais de especial transcendencia.

I. Nos expedientes de contratación de persoal laboral, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Proposta de contratación de persoal laboral fixo.

a) Certificado acreditativo, expedido por órgano competente, de que os postos a cubrir figuran detallados nas respectivas relacións ou catálogos de postos de traballo e de que están vacantes.

b) Acreditación dos resultados do proceso selectivo expedida polo órgano competente.

c) Informe da Asesoría Xurídica sobre a adecuación do contrato tipo ao disposto na normativa vixente.

d) Que as retribucións que se sinalan no contrato se axustan ao convenio colectivo que resulte de aplicación e, se se trata dun contrato á marxe do convenio, que exista autorización da Dirección Xeral de Orzamentos e da Dirección Xeral de Función Pública.

2. Proposta de contratación de persoal laboral temporal.

a) De ser o caso, autorización conxunta da Dirección Xeral de Orzamentos e da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

b) Cumprimento dos requisitos de selección establecidos no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios, e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

c) Informe da Asesoría Xurídica sobre a adecuación do contrato tipo ao disposto na normativa vixente.

d) No suposto de contratación de persoal con cargo aos créditos de inversións, verificarase a existencia do informe da Asesoría Xurídica da consellería ou organismo de que se trate, sobre a modalidade de contratación temporal utilizada e sobre a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e formalidades exixidos pola lexislación laboral.

e) Que as retribucións que se sinalen no contrato se axusten ao convenio colectivo que resulte de aplicación e, se se trata dun contrato á marxe do convenio, que exista autorización conxunta da Dirección Xeral de Orzamentos e da Dirección Xeral de Función Pública.

3. Proposta de contratación de persoal laboral para prestar servizo no exterior.

a) De ser o caso, autorización conxunta da Dirección Xeral de Orzamentos e da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

b) No caso de contratación de persoal laboral fixo, verificarase o cumprimento do requisito previsto na letra a) do punto oitavo.I.1 anterior.

c) A existencia de certificado expedido polo órgano competente en que se determine a normativa nacional ou estranxeira que regula a constitución e efectos do contrato, así como a categoría profesional dos respectivos traballadores. No caso de que esta normativa fose a nacional, comprobarase adicionalmente a adecuación do contrato que se formaliza á normativa vixente.

4. Nos expedientes de prórroga de contratos laborais temporais verificarase, ademais dos requisitos a) e b) do punto sétimo.1, que, de ser o caso, existe autorización conxunta da Dirección Xeral de Orzamentos e da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, e que existe certificado do órgano xestor acreditativo de que a duración do contrato non supera o prazo previsto na lexislación vixente.

II. Xestión de retribucións do persoal ao servizo da Administración da Xunta e dos seus organismos autónomos, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Xustificación documental limitada aos seguintes supostos de alta e variación en nómina, co alcance que para cada un deles se indica.

1.1. Partes de alta en nómina.

a) Altos cargos: copia do acordo de nomeamento ou documento en que se indique a data da súa publicación oficial, dilixencia da correspondente toma de posesión e verificación de que as retribucións se axustan á normativa vixente.

b) Persoal funcionario de novo ingreso ou reingreso ao servizo activo: acordo de nomeamento, documento ou dilixencia da correspondente toma de posesión e verificación de que as retribucións están de acordo co grupo e posto de traballo.

c) Persoal procedente doutras administracións públicas: orde ou resolución de adxudicación de destino, certificación de baixa de haberes das últimas retribucións percibidas e documento ou dilixencia de toma de posesión.

d) Persoal laboral de novo ingreso: copia do contrato fiscalizado e documento ou dilixencia de toma de posesión.

1.2. Partes de alteracións.

a) Variacións ou modificacións que supoñan cambio de habilitado: acreditaranse con Resolución de adxudicación de destino e certificación de baixa de haberes.

b) Modificación das retribucións con carácter particular: copia da resolución de recoñecemento sobre a cal foi exercida a fiscalización.

2. Nas nóminas de retribucións.

2.1. Que estean asinadas polo habilitado que propón a súa autorización ao órgano competente e conformadas polo secretario xeral ou servizo correspondente.

2.2. Comprobación aritmética que se realizará efectuando o cadramento total da nómina que resulte do mes anterior máis a suma alxebraica das variacións incluídas na nómina do mes de que se trate.

III. Nos expedientes de aprobación e recoñecemento da cota patronal á Seguridade Social, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

Comprobaranse os requisitos a) e b) do punto sétimo.1 deste acordo e que a suma da cota patronal máis a cota obreira se corresponda co importe total das liquidacións (modelo TC1).

IV. Nos expedientes de reclamacións que se formulen ante a Administración, en concepto de indemnización de danos e perdas por responsabilidade patrimonial, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

A) Expedientes de contía igual ou inferior a 1.500 euros:

a) Proposta de resolución do órgano competente pola que acorda a indemnización.

b) Memoria-proposta de autorización e compromiso do gasto, recoñecemento de obrigas e proposta de pagamento.

B) Expedientes de contía superior a 1.500 euros:

a) Informe da unidade ou servizo cuxo funcionamento ocasionou a presunta lesión indemnizable.

b) Resolución do órgano competente pola que acorda a indemnización.

c) Informe da Intervención Xeral.

d) Ditame do Consello Consultivo.

V. Nos expedientes de gasto derivados de expropiacións forzosas, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Depósitos previos.

a) Que existe declaración de urxente ocupación dos bens.

b) Que existe acta previa á ocupación.

c) Que existe folla de depósito previo á ocupación.

2. Indemnizacións por rápida ocupación.

a) Que existe declaración de urxente ocupación dos bens.

b) Que existe acta previa á ocupación.

c) Que existe documento de liquidación da indemnización.

3. Nos expedientes de determinación do prezo xusto polos procedementos ordinarios e de mutuo acordo.

a) Que existe proposta a que se refire o artigo 25 a) do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

b) Que existe informe dos servizos técnicos correspondentes en relación co valor do ben obxecto de expropiación.

4. Nos expedientes de gasto en que o prezo xusto o fixase o Xurado de Expropiación de Galicia ou órgano de análoga natureza, non se efectuará a comprobación de ningún extremo adicional.

5. Pagamento de xuros de demora por atrasos na determinación do prezo xusto e pagamento deste, non se efectuará a comprobación de ningún extremo adicional.

VI. Nos expedientes de contratos de obras, agás os que se adxudiquen no marco dun sistema de racionalización técnica da contratación, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Obras en xeral.

1.1. Expediente inicial.

A) Aprobación do gasto.

a) Que exista proxecto, do que emitiu informe a Oficina de Supervisión de Proxectos, se procede.

b) Que exista prego de cláusulas administrativas particulares ou, de ser o caso, documento descritivo do que emitiu informe a Asesoría Xurídica.

c) Cando se utilice prego tipo de cláusulas administrativas, verificarase que o do contrato que se vai celebrar é de igual natureza a aquel do que emitiu informe a Asesoría Xurídica e foi aprobado polo órgano de contratación.

d) Que exista acta de implantación previa, de conformidade co disposto no artigo 110 da Lei de contratos do sector público.

e) Que o prego de cláusulas administrativas particulares ou o documento descritivo establece, para a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa, criterios directamente vinculados co obxecto do contrato; e que cando se utilice un único criterio este sexa o do prezo máis baixo.

f) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o negociado, comprobarase que concorren os supostos previstos na normativa contractual para utilizar o dito procedemento.

g) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o diálogo competitivo, verificarase que se cumpre algún dos supostos de aplicación do artigo 164 da Lei de contratos do sector público.

h) Cando no prego de cláusulas administrativas particulares se prevexa a utilización da poxa electrónica, verificarase que os criterios de adxudicación a que se refire esta se baseen en modificacións referidas ao prezo ou requisitos cuantificables e susceptibles de ser expresados en cifras ou porcentaxes.

B) Compromiso do gasto.

B-1) Adxudicación definitiva.

a) Comprobarase que existe resolución de adxudicación provisional.

b) Comprobarase que o contrato se adxudique de acordo coa proposta formulada pola mesa de contratación. No caso contrario, que existe resolución motivada do órgano de contratación.

c) Que exista constancia da solicitude de información aos licitadores que estean presuntamente en situación de oferta anormal ou desproporcionada e do informe do servizo técnico correspondente.

d) Cando, de acordo coa normativa, non se constituíse mesa de contratación, e que, de ser o caso, exista conformidade de que a clasificación concedida ao contratista resultante da adxudicación provisional coincide coa exixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Que con carácter previo á realización da poxa electrónica o órgano de contratación efectuou unha primeira avaliación completa das ofertas de conformidade cos criterios de adxudicación.

f) Cando se utilice o procedemento negociado, que existe constancia no expediente das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento aplicadas polo órgano de contratación, de conformidade co previsto na Lei de contratos de sector público. Ademais, verificarase que se publicou o anuncio de licitación correspondente nos supostos do artigo 161 da Lei de contratos do sector público.

g) Cando se propoña a realización dun contrato con prezos provisionais de conformidade co artigo 75.5º da Lei de contratos do sector público, que se detallan na resolución de adxudicación provisional os extremos contidos nas letras a), b) e c) do citado precepto.

h) Que, de ser o caso, se acredita a constitución da garantía definitiva.

i) Acreditación polo empresario a que se adxudicou provisionalmente o contrato de que está ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de que non ten pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma.

j) Que se xunta certificado do rexistro correspondente ao órgano de contratación que acredite que non se interpuxo recurso especial en materia de contratación contra a adxudicación provisional ou, de ser o caso, os recursos interpostos. Neste segundo suposto, deberá comprobarse igualmente que se ditase resolución expresa do órgano de contratación desestimando o recurso ou recursos interpostos.

k) Que, de ser o caso, se acredite a retención adicional de crédito do 10% do importe de adxudicación.

1.2. Modificados.

a) Que exista proxecto, do que emitiu informe a Oficina de Supervisión de Proxectos, se procede.

b) Que exista informe da Asesoría Xurídica e, de ser o caso, ditame do Consello Consultivo de Galicia.

c) Que exista acta de implantación previa.

d) Que a posibilidade de modificar o contrato estea prevista no prego de cláusulas administrativas particulares ou no documento descritivo.

e) Que, se é preciso, se achegue a documentación acreditativa do reaxuste da garantía definitiva para gardar a debida proporción co novo prezo modificado.

1.3. Obras accesorias ou complementarias.

Deberán comprobarse os mesmos extremos previstos para o expediente inicial. Cando se propoña a adxudicación ao mesmo contratista da obra principal, a verificación do cumprimento do disposto no artigo 155 b) da Lei de contratos do sector público limitarase á circunstancia de que non se supera o límite do 50% do prezo primitivo do contrato.

1.4. Revisións de prezos (aprobación do gasto).

Que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º de la Lei de contratos do sector público e que a posibilidade de revisión non está expresamente excluída no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

1.5. Certificacións de obra.

a) Para a primeira certificación, que se teña formalizado o contrato e que exista acta de comprobación da implantación.

b) Que exista relación valorada mensual e certificación autorizada polo facultativo director da obra e coa conformidade dos servizos correspondentes do órgano xestor.

c) Que achegue factura a empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

d) No caso de efectuarse anticipos dos previstos no artigo 215.2º da Lei de contratos do sector público, comprobarase que tal posibilidade está recollida nos pregos e que se prestou a garantía exixida.

e) Cando a certificación de obra inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobarase que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º da Lei de contratos do sector público e que no está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

1.6. Certificación final.

a) Que exista informe da Oficina de Supervisión de Proxectos, se procede.

b) Que se xunta acta de conformidade da recepción da obra ou, de ser o caso, acta de comprobación a que se refire o artigo 168 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas ou acta de comprobación e medición a que se refire o artigo 222.1º da Lei de contratos do sector público.

c) Cando se inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobarase que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º da Lei de contratos do sector público e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

d) Que se achegue factura a empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

1.7. Liquidación.

a) Que existe informe favorable do facultativo director de obra.

b) Que exista informe da Oficina de Supervisión de Proxectos, se procede.

c) Que achegue factura a empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

1.8. Pagamento de xuros de demora e da indemnización polos custos do cobramento.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista liquidación e que o cálculo sexa correcto.

1.9. Indemnizacións a favor do contratista.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista informe técnico.

c) Que exista, de ser o caso, ditame do Consello Consultivo.

d) Que exista liquidación e que o cálculo sexa correcto.

1.10. Resolución do contrato de obra.

a) Que exista, de ser o caso, ditame do Consello Consultivo.

b) Que exista, de ser o caso, informe da Asesoría Xurídica.

1.11. Pagamento de primas ou compensacións aos participantes no diálogo competitivo ou aos candidatos ou licitadores no caso de renuncia á realización do contrato ou desistencia do procedemento:

Que, de ser o caso, esta circunstancia está prevista no prego, anuncio ou documento descritivo.

2. Contratación conxunta de proxecto e obra.

A fiscalización destes expedientes realizarase de acordo co previsto para as obras en xeral, coas seguintes especialidades:

2.1. Caso xeral.

A) Aprobación e compromiso do gasto: de acordo co artigo 108 da Lei de contratos do sector público, a fiscalización posponse ao momento inmediato anterior á adxudicación, debendo comprobar os seguintes extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo:

A.1. Adxudicación definitiva.

a) Que se achega xustificación sobre a súa utilización, de conformidade co artigo 108.1º da Lei de contratos do sector público.

b) Que exista anteproxecto ou, se é o caso, bases técnicas ás que o proxecto deba axustarse.

c) Que exista prego de cláusulas administrativas particulares ou, se é o caso, documento descritivo, do que emitiu informe a Asesoría Xurídica.

d) Cando se utilice prego tipo de cláusulas administrativas, verificar que o do contrato que se vai celebrar é de igual natureza ao contrato sobre o que emitiu informe a Asesoría Xurídica.

e) Que o prego de cláusulas administrativas particulares ou o documento descritivo establece, para a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa, criterios directamente vinculados ao obxecto do contrato.

f) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o negociado, comprobar que concorren os supostos previstos na normativa contractual para utilizar o dito procedemento.

g) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o diálogo competitivo, verificar que se cumpre algún dos supostos de aplicación do artigo 164 da Lei de contratos do sector público.

h) Cando no prego de cláusulas administrativas particulares se prevexa a utilización da poxa electrónica, verificar que os criterios de adxudicación a que se refire esta se baseen en modificacións referidas ao prezo ou requisitos cuantificables e susceptibles de seren expresados en cifras ou porcentaxes.

i) Comprobar que existe resolución de adxudicación provisional.

j) Comprobar que o contrato se adxudique de acordo coa proposta formulada pola mesa de contratación. No caso contrario, que existe resolución motivada do órgano de contratación.

k) Cando se declare a existencia de ofertas con valores anormais ou desproporcionados, que existe constancia da solicitude de información aos licitadores supostamente comprendidos nela e do informe do servizo técnico correspondente.

l) Conformidade, cando, de acordo coa normativa, non se constituíra mesa de contratación, de que a clasificación concedida ao contratista resultante da adxudicación provisional coincide coa exixida no prego de cláusulas administrativas particulares cando proceda.

m) Que con carácter previo á celebración da poxa electrónica, o órgano de contratación efectuou unha primeira avaliación completa das ofertas, de conformidade cos criterios de adxudicación.

n) Cando se utilice o procedemento negociado, que existe constancia no expediente das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento aplicadas polo órgano de contratación, de conformidade co previsto na Lei de contratos do sector público. Así mesmo, verificarase que se publicou o anuncio de licitación correspondente nos supostos do artigo 161 da Lei de contratos do sector público.

o) Cando se propoña a realización dun contrato con prezos provisionais, de conformidade co artigo 75.5º da Lei de contratos do sector público, que se detallan na resolución da adxudicación provisional os extremos contidos nas letras a), b) e c) do citado precepto.

p) Que, se é o caso, se acredita a constitución da garantía definitiva.

q) Acreditación polo empresario ao que se adxudicou provisionalmente o contrato de que está ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de que non ten pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma.

r) Que se acompaña certificado do rexistro correspondente ao órgano de contratación que acredite que non se interpuxo recurso especial en materia de contratación contra a adxudicación provisional ou, se é o caso, os recursos interpostos. Neste segundo suposto, deberá comprobarse igualmente que recaera resolución expresa do órgano de contratación desestimando o recurso ou recursos interpostos.

B) Certificacións de obra: cando se fiscalice a primeira certificación, xunto cos extremos previstos no punto oitavo.VI.1.5. deberá comprobarse:

a) Que existe proxecto informado pola Oficina de Supervisión de Proxectos e aprobado polo órgano de contratación.

b) Que existe acta de implantación previa.

2.2. Cando, no caso do artigo 108.5º da Lei de contratos do sector público, non sexa posible establecer importe estimativo da realización das obras:

A) Aprobación e compromiso do gasto: no momento inmediatamente anterior á adxudicación do contrato deberán ser obxecto de comprobación os extremos previstos en relación coa aprobación e compromiso de gasto para o caso xeral de contratación conxunta de proxecto e obra, agás o da existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente en relación co gasto derivado da execución das obras.

B) Previamente á aprobación do expediente de gasto correspondente á execución das obras, que segundo o artigo 108.5º da Lei de contratos do sector público é posterior á adxudicación do contrato, serán obxecto de comprobación os seguintes extremos.

a) Os previstos no punto sétimo.1 deste acordo en relación co dito expediente de gasto.

b) Que existe proxecto do que emitiu informe a Oficina de Supervisión de Proxectos.

c) Que existe acta de implantación previa.

2.3. Supostos específicos de liquidación de proxecto.

Naqueles supostos nos que, conforme o previsto no artigo 108.3º da Lei de contratos do sector público, o órgano de contratación e o contratista non chegaran a un acordo sobre os prezos, ou conforme o artigo 108.5º da Lei de contratos do sector público, a Administración renunciara á execución da obra, os extremos que hai que comprobar na liquidación dos traballos de redación dos correspondentes proxectos serán os do punto oitavo.VIII.1.7 relativos á liquidación dos contratos de servizos.

3. Contratos de obras baixo a modalidade de aboamento total do prezo.

A fiscalización destes expedientes comprenderá, xunto cos extremos previstos para os de obras en xeral en cada tipo de expediente, os seguintes na aprobación do gasto do expediente inicial:

Que o prego de cláusulas administrativas particulares inclúa as condicións específicas de financiamento, así como, se é o caso, a capitalización dos xuros e a súa liquidación, de forma que sexa posible a determinación do prezo final que hai que pagar.

VII. Nos expedientes de contratos de subministración, agás os que se adxudiquen no marco dun sistema de racionalización técnica da contratación, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Subministración en xeral.

1.1. Expediente inicial.

A) Aprobación do gasto.

a) Que exista prego de cláusulas administrativas particulares ou, se é o caso, documento descritivo, do que emitiu informe a Asesoría Xurídica.

b) Que exista prego de prescricións técnicas da subministración.

c) Cando se utilice modelo de prego de cláusulas administrativas, verificar que o contrato que se vai celebrar é de análoga natureza ao que emitiu informe a Asesoría Xurídica e foi aprobado polo órgano de contratación.

d) Que o prego de cláusulas administrativas particulares ou o documento descritivo establece, para a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa, criterios directamente vinculados ao obxecto do contrato; e que cando se utilice un único criterio este sexa o do prezo máis baixo.

e) Que a duración do contrato prevista no prego de cláusulas administrativas particulares ou no documento descritivo se axusta ao previsto na Lei de contratos do sector público.

f) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o negociado, comprobar que concorren os supostos previstos na normativa contractual para utilizar o dito procedemento.

g) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o diálogo competitivo, verificar que se cumpre algún dos supostos de aplicación do artigo 164 da Lei de contratos do sector público.

h) Cando no prego de cláusulas administrativas particulares se prevexa a utilización da poxa electrónica, verificar que os criterios de adxudicación a que se refire esta se baseen en modificacións referidas ao prezo ou requisitos cuantificables e susceptibles de seren expresados en cifras ou porcentaxes.

B) Compromiso do gasto.

B-1) Adxudicación definitiva.

a) Comprobar que existe resolución de adxudicación provisional.

b) Comprobar que o contrato se adxudique de acordo coa proposta formulada pola mesa de contratación. No caso contrario, que existe resolución motivada do órgano de contratación.

c) Cando se declare a existencia de ofertas con valores anormais ou desproporcionados, que existe constancia da solicitude de información aos licitadores supostamente comprendidos nela e do informe do servizo técnico correspondente.

d) Cando se utilice o procedemento negociado, que existe constancia no expediente das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento aplicadas polo órgano de contratación, de conformidade co previsto na Lei de contratos do sector público. Así mesmo, verificarase que se publicou o anuncio de licitación correspondente nos supostos do artigo 161 da Lei de contratos do sector público.

e) Cando se propoña a realización dun contrato con prezos provisionais de conformidade co artigo 75.5º da Lei de contratos do sector público, que se detallan na resolución de adxudicación provisional os extremos contidos nas letras a), b) e c) do citado precepto.

f) Que, con carácter previo á realización da poxa electrónica, o órgano de contratación efectuou unha primeira avaliación completa das ofertas de conformidade cos criterios de adxudicación.

g) Que, se é o caso, se acredita a constitución da garantía definitiva.

h) Acreditación polo empresario ao que se adxudicou provisionalmente o contrato de que está ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de que non ten pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma.

i) Que se acompaña certificado do rexistro correspondente ao órgano de contratación que acredite que non se interpuxo recurso especial en materia de contratación contra a adxudicación provisional ou, se é o caso, os recursos interpostos. Neste segundo suposto, deberá comprobarse igualmente que recaera resolución expresa do órgano de contratación desestimando o recurso ou recursos interpostos.

1.2. Revisión de prezos (aprobación do gasto).

Que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º de la Lei de contratos do sector público e que a posibilidade de revisión non está expresamente excluída no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

1.3. Modificación do contrato.

a) Que a posibilidade de modificar o contrato se atope prevista no prego de cláusulas administrativas particulares ou documento descritivo.

b) Que exista informe da Asesoría Xurídica e, se é o caso, ditame do Consello Consultivo de Galicia.

c) Que, se é preciso, se achegue a documentación acreditativa do reaxuste da garantía definitiva para gardar a debida proporción co novo prezo modificado.

1.4. Aboamentos a conta.

a) No primeiro aboamento a conta, que se teña formalizado o contrato.

b) Que existe a conformidade dos servizos competentes coa subministración realizada ou fabricada.

c) Que se achegue factura pola empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

d) Cando no aboamento a conta se inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobar que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º da Lei de contratos do sector público e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

e) No caso de efectuarse anticipos dos previstos no artigo 200.3º da Lei de contratos do sector público, comprobar que tal posibilidade está recollida nos pregos de cláusulas administrativas particulares e que se prestou a garantía exixida.

1.5. Prórroga do contrato.

a) Que estea prevista no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Que, se é o caso, non se superan os límites de duración previstos polo prego de cláusulas administrativas particulares ou polo documento descritivo.

c) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

1.6. Liquidación.

a) Que se acompaña acta de conformidade da recepción da subministración, ou no caso de arrendamento de bens mobles, certificado da conformidade coa prestación.

b) Que achegue factura a empresa adxudicataria, de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

c) Cando se inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobar que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º da Lei de contratos do sector público e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

1.7. Pagamentos de xuros de demora e da indemnización polos custos do cobramento.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista liquidación e que o cálculo sexa correcto.

1.8. Indemnizacións a favor do contratista.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista informe técnico.

c) Que exista, se é o caso, ditame do Consello Consultivo.

d) Que exista liquidación e que o cálculo sexa correcto.

1.9. Resolución do contrato de subministración.

a) Que exista, se é o caso, informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista, se é o caso, ditame do Consello Consultivo.

1.10. Pagamentos de primas ou compensacións aos participantes no diálogo competitivo ou aos candidatos ou licitadores no caso de renuncia á realización do contrato ou desestimento do procedemento.

Que, se é o caso, esta circunstancia está prevista no prego, anuncio ou documento descritivo.

2. Contrato de subministración de fabricación.

Cando o prego de cláusulas administrativas particulares determine a aplicación directa das normas do contrato de obras, comprobaranse os extremos previstos para o dito tipo de contrato no punto oitavo.VI deste acordo. En outro caso, os ditos extremos serán os especificados para subministracións en xeral.

3. Subministración de fabricación baixo a modalidade de aboamento total do prezo.

Aplicarase o disposto no punto oitavo.VI.3 respecto dos contratos de obra baixo a modalidade de aboamento total do prezo.

VIII. Nos expedientes de contratos de servizos, agás os adxudicados no marco dun sistema de racionalización técnica da contratación e os servizos a que se refire o punto oitavo.XIII deste acordo, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. En xeral.

1.1. Expediente inicial.

A) Aprobación do gasto:

a) Que exista prego de cláusulas administrativas particulares ou, se é o caso, documento descritivo, informado pola Asesoría Xurídica.

b) Que exista prego de prescricións técnicas do contrato.

c) Que o obxecto e o prezo do contrato estean perfectamente definidos, de maneira que permita a comprobación do exacto cumprimento das obrigas por parte do contratista.

d) Cando se utilice modelo de prego de cláusulas administrativas, verificar que o contrato que se vai a celebrar é de análoga natureza ao informado pola Asesoría Xurídica.

e) Que o prego de cláusulas administrativas particulares ou o documento descritivo establece, para a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa, criterios directamente vinculados ao obxecto do contrato; e que cando se utilice un único criterio este sexa o do prezo máis baixo.

f) Que a duración do contrato prevista no prego de cláusulas administrativas particulares ou no documento descritivo se axusta ao previsto na Lei de contratos do sector público.

g) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o negociado, comprobar que concorren os supostos previstos na normativa contractual para utilizar o dito procedemento.

h) Caso de que o procedemento de adxudicación sexa o de diálogo competitivo, verificar que se cumpre algún dos supostos de aplicación do artigo 164 da Lei de contratos do sector público.

i) Cando no prego de cláusulas administrativas particulares se prevexa a utilización da poxa electrónica, verificar que os criterios de adxudicación a que se refire esta se baseen en modificacións referidas ao prezo ou requisitos cuantificables e susceptibles de ser expresados en cifras ou porcentaxes.

B) Compromiso do gasto.

B-1) Adxudicación definitiva.

a) Comprobar que existe resolución de adxudicación provisional.

b) Comprobar que o contrato se adxudique de acordo coa proposta formulada pola mesa de contratación. No caso contrario, que existe decisión motivada do órgano de contratación.

c) Cando se declare a existencia de ofertas con valores anormais o desproporcionados, que existe constancia da solicitude de información aos licitadores supostamente comprendidos nela e do informe do servizo técnico correspondente.

d) Cando, de acordo coa normativa, non se constituíra a mesa de contratación, que existe conformidade da clasificación concedida ao contratista resultante da adxudicación provisional coa exixida no prego de cláusulas administrativas particulares cando proceda.

e) Cando se utilice o procedemento negociado, que existe constancia no expediente das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento aplicadas polo órgano de contratación, de conformidade co previsto na Lei de contratos do sector público. Así mesmo, verificarase que se publicou o anuncio de licitación correspondente nos supostos do artigo 161 da Lei de contratos do sector público.

f) Cando se propoña a realización dun contrato con prezos provisionais de conformidade co artigo 75.5º da Lei de contratos do sector público, que se detallan na resolución de adxudicación provisional os extremos contidos nas letras a), b) e c) do citado precepto.

g) Que, con carácter previo á realización da poxa electrónica, o órgano de contratación efectuou unha primeira avaliación completa das ofertas de conformidade cos criterios de adxudicación.

h) Que, se é o caso, se acredita a constitución da garantía definitiva.

i) Acreditación polo empresario ao que se adxudicou provisionalmente o contrato de que está ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de que non ten pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma.

j) Que se acompaña certificado do rexistro correspondente ao órgano de contratación que acredite que non se interpuxo recurso especial en materia de contratación contra a adxudicación provisional ou, se é o caso, os recursos interpostos. Neste segundo suposto, deberá comprobarse igualmente que recaera resolución expresa do órgano de contratación desestimando o recurso ou recursos interpostos.

1.2. Modificación do contrato.

a) Que a posibilidade de modificar o contrato se atope prevista no prego de cláusulas administrativas particulares ou documento descritivo.

b) Que exista informe da Asesoría Xurídica e, se é o caso, ditame do Consello Consultivo de Galicia.

c) Que, se é preciso, se achegue a documentación acreditativa do reaxuste da garantía definitiva para gardar a debida proporción co novo prezo modificado.

1.3. Contratos complementarios de servizos.

Deberán comprobarse os mesmos extremos previstos para o expediente inicial. Cando se propoña a adxudicación ao mesmo contratista, a verificación do cumprimento do disposto no artigo 158 b) da Lei de contratos do sector público limitarase á circunstancia de que non se supera o límite do 50% do prezo primitivo do contrato.

1.4. Revisión de prezos (aprobación do gasto).

Que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º de la Lei de contratos do sector público e que a posibilidade de revisión non está expresamente excluída no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

1.5. Aboamentos a conta.

a) No primeiro aboamento a conta, que se teña formalizado o contrato.

b) Que existe certificación do órgano correspondente valorando o traballo parcial executado.

c) Que se achegue factura pola empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

d) Cando no aboamento a conta se inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobar que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º da Lei de contratos do sector público e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

e) No caso de efectuarse anticipos dos previstos no artigo 200.3º da Lei de contratos do sector público, comprobar que tal posibilidade está recollida nos pregos de cláusulas administrativas particulares e que se prestou a garantía exixida.

1.6. Prórroga do contrato.

a) Que estea prevista no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Que, se é o caso, non se superan os límites de duración previstos polo prego de cláusulas administrativas particulares ou polo documento descritivo.

c) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

1.7. Liquidación.

a) Que se acompaña acta de recepción ou certificado nos que se manifeste a conformidade cos traballos.

b) Que se achegue factura pola empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, de 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

c) Cando se inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobar que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º da Lei de contratos do sector público e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

1.8. Pagamentos de xuros de demora e da indemnización polos custos do cobramento.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista liquidación e que o cálculo sexa correcto.

1.9. Indemnizacións a favor do contratista.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista informe técnico.

c) Se é o caso, ditame do Consello Consultivo.

d) Que exista liquidación e que o cálculo sexa correcto.

1.10. Resolución do contrato.

a) Que exista, se é o caso, informe da Asesoría Xuridíca.

b) Que exista, se é o caso, ditame do Consello Consultivo.

1.11. Pagamento de primas ou compensacións aos participantes no diálogo competitivo ou aos candidatos ou licitadores no caso de renuncia á realización do contrato ou desestimento do procedemento:

Que, se é o caso, esta circunstancia está prevista no prego, anuncio ou documento descritivo.

IX. Nos contratos tramitados a través de acordos marco e sistemas dinámicos de contratación os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Acordos marco.

1.1. Adxudicación do acordo marco: comprobaranse os extremos do punto sétimo.1, con excepción dos previstos nas letras a) e b). Ademais os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes.

a) Con carácter previo á apertura da licitación, comprobaranse os extremos recollidos no punto correspondente á aprobación do gasto para os distintos contratos.

b) Adxudicación definitiva: comprobaranse os extremos correspondentes á adxudicación definitiva para os distintos tipos de contratos. No suposto de acordos marco nos que poidan ser parte un número no limitado de empresarios, non se comprobará que recaera resolución expresa do órgano de contratación desestimando o recurso ou recursos interpostos, cando conste a resolución do órgano de contratación prevista no artigo 37.7º da Lei de contratos do sector público.

1.2. Adxudicación de contratos baseados nun acordo marco: o extremo adicional a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo será o seguinte.

No caso de que o acordo marco se concluíra con máis dun empresario e non todos os termos estean establecidos no acordo, comprobaranse que solicita oferta por escrito a todos os empresarios ou, se é o caso, a un mínimo de tres.

1.3. Resto do expediente.

Deberán comprobarse os extremos previstos para o contrato correspondente.

2. Sistemas dinámicos de contratación.

2.1. Implementación do sistema: previamente á publicación do anuncio de licitación, comprobaranse os extremos do punto sétimo.1, agás os previstos nas letras a) e b). Ademais os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os relativos á aprobación do expediente de gasto, segundo o tipo do contrato.

2.2. Adxudicación de contratos no marco dun sistema dinámico: os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

A) Adxudicación definitiva.

a) Que, se é o caso, se publicara o anuncio a que se refire o artigo 186.2º da Lei de contratos do sector público.

b) Que se invitou a todos os empresarios admitidos no sistema.

c) Os relativos á adxudicación para cada tipo de contratos.

2.3. Resto de expedientes.

Deberán comprobarse os extremos previstos para o contrato correspondente.

X. Nos expedientes de contratos de xestión de servizos públicos os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Expediente inicial.

A) Aprobación do gasto.

a) Que exista prego de cláusulas administrativas particulares ou, se é o caso, documento descritivo, informado pola Asesoría Xurídica.

b) Que exista prego de prescricións técnicas relativo á prestación do servizo público.

c) Cando se utilice prego tipo de cláusulas administrativas, verificar que o do contrato que se celebrará é de igual natureza ao informado pola Asesoría Xurídica e aprobado polo órgano de contratación.

d) No caso de que o contrato comprenda a execución de obras serán de aplicación os extremos exixidos para a concesión de obra pública.

e) Que o prego de cláusulas administrativas particulares ou o documento descritivo establece, para a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa, criterios directamente vinculados ao obxecto do contrato; e que cando se utilice un único criterio este sexa o do prezo máis baixo.

f) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o negociado, comprobar que concorren os supostos previstos na normativa contractual para utilizar o dito procedemento.

g) Caso de que o procedemento de adxudicación sexa o de diálogo competitivo, verificar que se cumpre algún dos supostos de aplicación do artigo 164 da Lei de contratos do sector público.

h) Cando no prego de cláusulas administrativas particulares se prevexa a utilización da poxa electrónica, verificar que os criterios de adxudicación a que se refire esta se baseen en modificacións referidas ao prezo ou requisitos cuantificables e susceptibles de ser expresados en cifras ou porcentaxes.

i) Que a duración do contrato prevista no prego de cláusulas administrativas particulares ou no documento descritivo se axusta ao previsto na Lei de contratos do sector público.

B) Compromiso do gasto.

B-1) Adxudicación definitiva.

a) Comprobar que existe resolución de adxudicación provisional.

b) Comprobar que o contrato se adxudica de acordo coa proposta formulada pola mesa de contratación. No caso contrario, que existe resolución motivada do órgano de contratación.

c) Cando se declare a existencia de ofertas con valores anormais o desproporcionados, que existe constancia da solicitude de información aos licitadores supostamente comprendidos nela e do informe do servizo técnico correspondente.

d) Cando se utilice o procedemento negociado, que existe constancia no expediente das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento aplicadas polo órgano de contratación, de conformidade co previsto na Lei de contratos do sector público. Así mesmo, verificarase que se publicou o anuncio de licitación correspondente nos supostos do artigo 161 da Lei de contratos do sector público.

e) Cando se propoña a realización dun contrato con prezos provisionais de conformidade co artigo 75.5º da Lei de contratos do sector público, que se detallan na resolución de adxudicación provisional os extremos contidos nas letras a), b) e c) do citado precepto.

f) Que con carácter previo á realización da poxa electrónica o órgano de contratación efectuou unha primeira avaliación completa das ofertas de conformidade cos criterios de adxudicación.

g) Que, se é o caso, se acredita a constitución da garantía definitiva.

h) Acreditación polo empresario ao que se adxudicou provisionalmente o contrato de que está ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de que non ten débedas pendentes de pagamento coa comunidade autónoma.

i) Que se acompaña certificado do rexistro correspondente ao órgano de contratación que acredite que non se interpuxo recurso especial en materia de contratación contra a adxudicación provisional ou, se é o caso, os recursos interpostos. Neste segundo suposto, deberá comprobarse igualmente que recaese resolución expresa do órgano de contratación desestimando o recurso ou recursos interpostos.

2. Revisións de prezos (aprobación do gasto).

Que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º de la Lei de contratos do sector público e que a posibilidade de revisión non está expresamente excluída no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

3. Modificación do contrato.

a) Que a posibilidade de modificar o contrato se atope prevista no prego de cláusulas administrativas particulares ou documento descritivo.

b) Que exista informe da Asesoría Xurídica e, se é o caso, ditame do Consello Consultivo de Galicia.

c) Que, se é preciso, se achegue a documentación acreditativa do reaxuste da garantía definitiva para gardar a debida proporción co novo prezo modificado.

4. Aboamentos.

Que os pagamentos se atopan previstos no contrato asinado e cumpren coas condicións pactadas. Achegarase co primeiro aboamento o contrato formalizado.

5. Prórroga do contrato.

a) Que estea previsto no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Que, se é o caso, non se supere o límite de duración previsto no prego de cláusulas administrativas particulares ou no documento descritivo.

c) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

6. Pagamentos de xuros de demora e da indemnización polos custos do cobramento.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista liquidación e que o cálculo sexa correcto.

7. Indemnizacións a favor do contratista.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista informe técnico.

c) Que exista, se é o caso, ditame do Consello Consultivo.

d) Que exista liquidación e que o cálculo sexa correcto.

8. Resolución do contrato.

a) Que exista, se é o caso, informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista, se é o caso, ditame do Consello Consultivo.

9. Pagamento de primas ou compensacións aos participantes no diálogo competitivo ou aos candidatos ou licitadores no caso de renuncia á realización do contrato ou desistencia do procedemento.

Que, se é o caso, esta circunstancia está prevista no prego, anuncio ou documento descritivo.

XI. Nos expedientes de contratos de concesión de obra pública, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Expediente inicial.

A) Aprobación do gasto.

a) Que existe estudo de viabilidade ou, se é o caso, estudo de viabilidade económico-financeira.

b) Que exista anteproxecto de construción e explotación da obra, se procede.

c) Que exista proxecto informado pola Oficina de Supervisión de Proxectos, se procede.

d) Que exista prego de cláusulas administrativas particulares ou, se é o caso, documento descritivo, con informe da Asesoría Xurídica.

e) Cando se utilice prego tipo de cláusulas administrativas, verificar que o do contrato que se vai celebrar é de natureza análogo a aquel do que a Asesoría Xurídica emitiu informe.

f) Que exista acta de implantación previa.

g) Que o prego de cláusulas administrativas particulares ou o documento descritivo establece, para a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa, criterios directamente vinculados ao obxecto do contrato; e que cando se utilice un único criterio este sexa o do prezo máis baixo.

h) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o negociado, comprobar que concorren os supostos previstos na normativa contractual para utilizar o dito procedemento.

i) En caso de que o procedemento de adxudicación sexa o de diálogo competitivo, verificar que se cumpre algún dos supostos de aplicación do artigo 164 da Lei de contratos do sector público.

j) Cando no prego de cláusulas administrativas particulares se prevexa a utilización da poxa electrónica, verificar que os criterios de adxudicación a que se refire esta se baseen en modificacións referidas ao prezo ou requisitos cuantificables e susceptibles de seren expresados en cifras ou porcentaxes.

k) Que a duración do contrato prevista no prego de cláusulas administrativas particulares ou no documento descritivo se axusta ao establecido na Lei de contratos do sector público.

B) Compromiso do gasto.

B-1) Adxudicación definitiva.

a) Comprobar que exista resolución de adxudicación provisional.

b) Comprobar que o contrato se adxudique de acordo coa proposta formulada pola mesa de contratación. No caso contrario, que existe resolución motivada do órgano de contratación.

c) Cando se declare a existencia de ofertas con valores anormais o desproporcionados, que existe constancia da solicitude de información aos licitadores supostamente comprendidos nela e do informe do servizo técnico correspondente.

d) Cando se utilice o procedemento negociado, que existe constancia no expediente das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento aplicadas polo órgano de contratación, de conformidade co previsto na Lei de contratos do sector público. Así mesmo, verificarase que se publicou o anuncio de licitación correspondente nos supostos do artigo 161 da Lei de contratos do sector público.

e) Que con carácter previo á realización da poxa electrónica o órgano de contratación efectuou unha primeira avaliación completa das ofertas de conformidade cos criterios de adxudicación.

f) Cando se propoña a realización dun contrato con prezos provisionais de conformidade co artigo 75. 5º da Lei de contratos do sector público, que se detallan na resolución de adxudicación provisional os extremos contidos nas letras a), b) e c) do citado precepto.

g) Que, se é o caso, se acredita a constitución da garantía definitiva.

h) Acreditación polo empresario ao que se adxudicou provisionalmente o contrato de que está ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de que non ten débedas pendentes de pagamento coa comunidade autónoma.

i) Que se xunta certificado do rexistro correspondente ao órgano de contratación que acredite que non se interpuxo recurso especial en materia de contratación contra a adxudicación provisional ou, se é o caso, os recursos interpostos. Neste segundo suposto, deberá comprobarse igualmente que recaeu resolución expresa do órgano de contratación desestimando o recurso ou recursos interpostos.

2. Modificados.

a) Que a posibilidade de modificar o contrato se atope prevista no prego de cláusulas administrativas particulares ou documento descritivo ou que, se é o caso, se xunte informe técnico xustificativo de que concorren as circunstancias previstas no artigo 241.2º b) da Lei de contratos do sector público.

b) Que, se é o caso, exista proxecto con informe da Oficina de Supervisión de Proxectos, se procede.

c) Que, se é o caso, exista acta de implantación previa.

d) Que exista informe da Asesoría Xurídica e, se é o caso, ditame do Consello Consultivo de Galicia.

e) Que, se é preciso, se achegue a documentación acreditativa do reaxuste da garantía definitiva para gardar a debida proporción co novo prezo modificado.

3. Revisións de prezos (aprobación do gasto).

Que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º de la Lei de contratos do sector público e que a posibilidade de revisión non está expresamente excluída no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

4. Financiamento parcial da construción da obra por parte da Administración.

4.1. Aboamentos por achegas durante a construción.

a) Se se trata do primeiro aboamento, acompañarase o contrato formalizado.

b) Que exista certificación, autorizada polo facultativo director da obra e coa conformidade dos servizos correspondentes, por parte do órgano xestor.

c) No caso de efectuarse anticipos dos previstos no artigo 215.2º da Lei de contratos do sector público, comprobar que tal posibilidade está prevista nos pregos de cláusulas administrativas particulares e que se prestou a garantía exixida.

d) Cando a certificación da obra inclúa revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobar que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º da Lei de contratos do sector público e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

e) No caso da certificación final que, se é o caso, exista informe da oficina supervisora de proxectos e que se acompaña acta de comprobación á que se refire o artigo 227 da Lei de contratos do sector público.

4.2. Aboamentos por achegas ao termo da construción ou da concesión.

Que existe acta de comprobación ou, se é o caso, acta de recepción.

4.3. Aboamento en caso de que o financiamento da construción da obra se realice a través de subvencións ou préstamos reintegrables, de acordo co artigo 237 da Lei de contratos do sector público: comprobaranse unicamente os extremos previstos no punto sétimo deste acordo.

5. Aboamento ao concesionario da retribución pola utilización da obra.

a) Cando se inclúa a revisión de prezos, para o seu aboamento, comprobar que se cumpren os requisitos exixidos polo artigo 77.1º e 2º da Lei de contratos do sector público e que non está expresamente excluída a posibilidade de revisión no prego de cláusulas administrativas particulares nin no contrato.

b) Que se achegue factura pola empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

6. Pagamento de xuros de demora e da indemnización polos custos do cobramento.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista liquidación e que o cálculo sexa correcto.

7. Indemnizacións a favor do contratista.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista informe técnico.

c) Que exista, se é o caso, ditame do Consello Consultivo.

d) Que exista liquidación e que o cálculo sexa correcto.

8. Resolución do contrato.

a) Que exista, se é o caso, informe da Asesoría Xurídica.

b) Que exista, se é o caso, ditame do Consello Consultivo.

9. Pagamento de primas ou compensacións aos participantes no diálogo competitivo ou aos candidatos ou licitadores no caso de renuncia á realización do contrato ou desistencia do procedemento.

Que, se é o caso, esta circunstancia estea prevista no prego, anuncio ou documento descritivo.

10. Pagamento ao autor do estudo de viabilidade que non resultase adxudicatario da correspondente concesión.

a) Que no prego de cláusulas administrativas particulares non se prevexa que o pagamento da compensación sexa realizada polo adxudicatario da concesión.

b) Que se achegan os xustificantes dos gastos realizados.

11. Expedientes relativos ao equilibrio económico-financeiro da concesión. Os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica que acredite a procedencia do restablecemento do equilibrio económico do contrato.

b) Que exista estudo de viabilidade.

XII. Nos expedientes relativos a contratos de colaboración entre o sector público e o sector privado os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Expediente inicial.

A) Aprobación do gasto.

a) Que exista un documento de avaliación que poña de manifesto que outras fórmulas alternativas de contratación non permitirían satisfacer as necesidades públicas.

b) Que exista un programa funcional e que se atope incluído no documento descritivo do contrato.

c) Que o obxecto do contrato estea perfectamente definido de modo que permita a comprobación do exacto cumprimento das obrigas por parte do contratista.

d) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o negociado, comprobar que concorren os supostos previstos na normativa contractual para utilizar dito procedemento.

e) Que a duración do contrato previsto se axusta ao previsto na Lei de contratos do sector público.

B) Adxudicación definitiva: comprobaranse os extremos correspondentes á dita adxudicación para os contratos típicos cuxo obxecto se corresponda coa prestación principal do contrato de colaboración.

2. Resto do expediente.

Deberán comprobarse os extremos previstos para o contrato correspondente.

XIII. Nos expedientes relativos a contratos comprendidos na categoría 6 do anexo II da Lei de contratos do sector público e, os que teñan por obxecto a creación artística e literaria e os espectáculos comprendidos na categoría 26 do mesmo anexo, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

a) Nas fases correspondentes á aprobación e compromiso do gasto do expediente inicial destes contratos comprobaranse os mesmos extremos previstos para os contratos de servizos en xeral.

b) No resto do expediente comprobaranse os extremos establecidos no punto oitavo.VIII relativo aos expedientes de contratos de servizos, na medida en que os devanditos extremos sexan exixibles de acordo coa súa normativa reguladora.

XIV. Nos expedientes de execución de traballos pola propia Administración, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Contratos de colaboración con empresarios particulares.

1.1. Expediente inicial.

A) Aprobación do gasto.

a) Que concorre algún dos supostos previstos no artigo 24 da Lei de contratos do sector público e que o importe do traballo a cargo do empresario colaborador non supere as contías establecidas no citado artigo.

b) Que exista prego de cláusulas administrativas particulares ou, se é o caso, documento descritivo, con informe da Asesoría Xurídica.

c) Cando se utilice prego tipo de cláusulas administrativas, verificar que o do contrato que se vai asinar é de natureza análoga a aquel do que a Asesoría Xurídica emitiu informe.

d) Que exista proxecto, informado pola Oficina de Supervisión de Proxectos, se procede.

e) Que existe prego de prescricións técnicas do contrato.

f) Que exista acta de implantación previa, se é o caso.

g) Que o prego de cláusulas administrativas particulares ou o documento descritivo establece, para a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa, criterios directamente vinculados ao obxecto do contrato; e que cando se utilice un único criterio este sexa o do prezo máis baixo.

h) Cando se propoña como procedemento de adxudicación o negociado, comprobar que concorren os supostos previstos na normativa contractual para utilizar o dito procedemento.

i) En caso de que o procedemento de adxudicación sexa o de diálogo competitivo, verificar que se cumpre algún dos supostos de aplicación do artigo 164 da Lei de contratos do sector público.

j) Cando no prego de cláusulas administrativas particulares se prevexa a utilización da poxa electrónica, verificar que os criterios de adxudicación a que se refire esta se baseen en modificacións referidas ao prezo ou requisitos cuantificables e susceptibles de seren expresados en cifras ou porcentaxes.

B) Compromiso do gasto.

B-1) Adxudicación definitiva.

a) Que existe resolución de adxudicación provisional.

b) Comprobar que o contrato se adxudique de acordo coa proposta formulada pola mesa de contratación. No caso contrario, que existe resolución motivada do órgano de contratación.

c) Cando se declare a existencia de ofertas con valores anormais ou desproporcionados, que existe constancia da solicitude de información aos licitadores supostamente comprendidos nela e do informe do servizo técnico correspondente.

d) Cando se utilice o procedemento negociado, que existe constancia no expediente das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento aplicadas polo órgano de contratación, de conformidade co previsto na Lei de contratos do sector público. Así mesmo, verificarase que se publicou o anuncio de licitación correspondente nos supostos do artigo 161 da Lei de contratos do sector público.

e) Cando se propoña a realización dun contrato con prezos provisionais de conformidade co artigo 75.5º da Lei de contratos do sector público, que se detallan na resolución de adxudicación provisional os extremos contidos nas letras a), b) e c) do citado precepto.

f) Que con carácter previo á realización da poxa electrónica o órgano de contratación efectuase unha primeira avaliación completa das ofertas de conformidade cos criterios de adxudicación.

g) Que, se é o caso, se acredita a constitución da garantía definitiva.

h) Acreditación polo empresario ao que se adxudicou provisionalmente o contrato de que está ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de que non ten pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma.

i) Que se acompaña certificado do rexistro correspondente ao órgano de contratación que acredite que non se interpuxo recurso especial en materia de contratación contra a adxudicación provisional ou, se é o caso, os recursos interpostos. Neste segundo suposto, deberá comprobarse igualmente que recaese resolución expresa do órgano de contratación desestimando o recurso ou recursos interpostos.

1.2. Modificacións do contrato.

a) Que a posibilidade de modificar o contrato se atope prevista no prego de cláusulas administrativas particulares ou documento descritivo.

b) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

c) Que, se é o caso, exista proxecto informado pola Oficina de Supervisión de Proxectos, así como acta de implantación previa.

d) Que, se é preciso, se achegue a documentación acreditativa do reaxuste da garantía definitiva para gardar a debida proporción co novo prezo modificado.

1.3. Aboamentos durante a execución dos traballos.

a) No primeiro aboamento, que se teña formalizado o contrato.

b) Que exista certificación ou documento acreditativo da realización dos traballos e a súa correspondente valoración ou que se achegan os xustificantes dos gastos realizados.

c) Que o contratista achegase a correspondente garantía, no caso de que se realicen pagamentos anticipados.

d) Que achegue factura a empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

1.4. Liquidación.

a) Que se acompaña certificación ou acta de conformidade da recepción das obras, bens ou servizos.

b) Que se achegan os xustificantes dos gastos realizados, ou as correspondentes relacións valoradas.

c) Que achegue factura a empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

2. Encomendas de xestión previstas no artigo 24.6º da Lei de contratos do sector público.

O sinalado neste punto enténdese sen prexuízo do establecido na disposición adicional trixésima da Lei de contratos do sector público, ou do que dispoña a normativa estatal de carácter básico.

2.1.Encargo.

a) Que se prevé nos estatutos ou na norma de creación da entidade encomendada a condición de medio propio instrumental co contido mínimo previsto no artigo 24.6º da Lei de contratos do sector público.

b) Que a entidade encomendada teña dentro do seu obxecto a realización das actividades que se encomendan.

c) Que, se é o caso, exista proxecto con informe da Oficina de Supervisión de Proxectos, así como acta de implantación previa.

d) Que se incorporan os documentos técnicos nos que se definan as actuacións que se van realizar así como o seu correspondente orzamento.

e) No suposto de que o encargo teña previsto pagamentos anticipados, que estes sexan conformes coa normativa vixente.

f) Que unha comisión mixta formada por representantes da consellería ou departamento ao que estea adscrita a entidade e da Consellería de Facenda teña aprobado un sistema de tarifas ao que se adecue a encomenda, agás cando exista un procedemento ou sistema específico previsto na normativa vixente.

g) Que o importe correspondente aos gastos xerais e corporativos da entidade á que se lle realiza a encomenda non superen o 6% do importe da encomenda nas relativas a execucións de obras, e o 10% nos demais casos, agás autorización expresa do Consello da Xunta, logo do informe do órgano competente da Consellería de Facenda.

2.2. Modificacións da encomenda.

a) Que, se é o caso, exista proxecto informado pola Oficina de Supervisión de Proxectos, así como acta de implantación previa.

b) Xustificación do orzamento.

2.3. Aboamentos durante a execución dos traballos.

a) Que existe certificación ou documento acreditativo da realización dos traballos e a súa correspondente valoración.

b) Se é o caso, que se achegue factura a empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

2.4. Liquidación.

a) Que se xunta certificación ou acta de conformidade da recepción das obras, bens ou servizos.

b) Se é o caso, que se achegueporte factura a empresa adxudicataria de acordo co previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, que aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido.

XV. Nos expedientes de contratos patrimoniais aos que resulte de aplicación a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega e o Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo, serán os seguintes:

1. Adquisición de bens inmobles pola Administración da comunidade autónoma.

1.1. Aprobación do gasto.

Nas actuacións levadas a cabo pola Consellería de Facenda, a fiscalización será realizada pola Intervención Delegada da dita consellería e consistirá en comprobar:

a) Que se xunte a proposta de adquisición da consellería interesada e documento contable de retención de crédito debidamente contabilizado polo importe estimado da adquisición.

b) No caso de adquisición mediante concurso, que exista prego de cláusulas informado pola Asesoría Xurídica.

c) No caso de adquisición directa, que se acompañe informe da Secretaría Xeral e do Patrimonio acreditativo do cumprimento dos requisitos do artigo 46.1º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

1.2. Compromiso de gasto.

Que existe proposta de resolución de adxudicación da adquisición da Conselleira de Facenda ou autoridade en quen teña delegada a competencia, fiscalizada de conformidade pola Intervención Delegada da Consellería de Facenda.

2. Arrendamento de bens inmobles pola Administración da comunidade autónoma.

Con anterioridade á tramitación do expediente deberá tramitarse a oportuna modificación orzamentaria para incrementar o crédito na sección 23 Gastos de varias consellerías.

2.1. Aprobación do gasto.

a) Que se acompañe a proposta de arrendamento, novación ou prórroga da consellería interesada.

b) No caso de arrendamento concertado mediante concurso, que exista prego de cláusulas con informe da Asesoría Xurídica.

c) No caso de concertación directa do arrendamento, que se acompañe informe da Secretaría Xeral e do Patrimonio acreditativo do cumprimento dos requisitos do artigo 55.1º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

2.2. Compromiso do gasto.

Que exista proposta de resolución do secretario xeral e do patrimonio de adxudicación do arrendamento.

3. Adquisición de bens inmobles por organismos autónomos.

Proposta de adquisición.

a) No caso de adquisición mediante concurso, que exista prego de cláusulas con informe da Asesoría Xurídica.

b) No caso de adquisición directa, que se acredite que concorren as circunstancias previstas no artigo 46.1º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

4. Arrendamento de bens inmobles por organismos autónomos.

Proposta de arrendamento, novación e prórroga:

a) No caso de arrendamento concertado mediante concurso, que exista prego de cláusulas con informe da Asesoría Xurídica.

b) No caso de concertación directa do arrendamento, que se acredite que concorren as circunstancias previstas no artigo 55.1º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

XVI. Nos expedientes de contratos menores, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Aprobación e compromiso do gasto.

Comprobarase para a súa autorización a existencia de proposta de autorización, así como a existencia de orzamento da obra, de ser o caso.

2. Recoñecemento da obriga.

Para o recoñecemento da obriga comprobarase que se presenta factura conforme o previsto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento que regula as obrigas de facturación e que na factura consta a recepción e a conformidade coa prestación.

XVII. Nos expedientes de subvencións a que resulte de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como a súa normativa de desenvolvemento, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Subvencións en réxime de concorrencia.

1.1. Aprobación do gasto.

a) No caso de que a convocatoria se tramite independentemente das bases reguladoras, comprobarase que sobre as bases se emitiu informe favorable e que foron publicadas no DOG.

b) Que na convocatoria figure o contido mínimo previsto na normativa reguladora. No caso de que o procedemento de concesión sexa o de concorrencia competitiva, comprobarase que os criterios de valoración previstos na convocatoria son conformes cos establecidos nas correspondentes bases.

c) Con carácter previo á convocatoria deberá efectuarse a aprobación do gasto.

d) No caso de subvencións plurianuais, verificarase que na convocatoria se estableza a contía máxima para conceder e a súa distribución por anualidades, dentro dos límites fixados pola normativa vixente, atendendo ao momento en que se teña previsto realizar o gasto susceptible de xustificación.

1.2. Compromiso do gasto.

a) Que o informe do órgano colexiado correspondente avalíe, de acordo cos criterios previamente publicados, as solicitudes, agás cando para a concesión de subvencións se utilice o procedemento previsto no artigo 19.2º da Lei 9/2007.

b) Que exista informe do órgano instrutor en que conste que da información que consta no seu poder se desprende que as persoas propostas como beneficiarias cumpren todos os requisitos necesarios para acceder a elas.

c) Acreditación, na forma establecida na normativa reguladora da subvención, de que o beneficiario se atopa ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de que non ten pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma nin ser debedor por resolución de procedencia de reintegro.

d) Que se acompañe a declaración responsable da obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

e) Que exista a proposta de resolución de concesión que exprese o solicitante ou a relación de solicitantes a que se vai conceder a subvención e a súa contía.

f) No caso de que sexa precisa a notificación á Unión Europea, a proposta de resolución recollerá que o pagamento da subvención queda condicionado á decisión dos órganos competentes da Unión Europea.

1.3. Recoñecemento da obriga e pagamento.

a) Que exista resolución de concesión. No caso de que a resolución de concesión recolla que o seu pagamento queda condicionado á decisión dos órganos competentes da Unión Europea, verificar o seu cumprimento.

b) No caso de se efectuaren pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, comprobar que tal posibilidade está prevista nas bases reguladoras.

c) Que se acredite, se foi exixida aos beneficiarios nas normas reguladoras da subvención, a existencia de garantías.

d) Acreditación, na forma establecida na normativa reguladora da subvención, de que o beneficiario está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de que non ten pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma.

e) Que se acompañe a declaración responsable da obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

f) Que se xunta a certificación expedida polo órgano concedente, acreditativa do cumprimento polo beneficiario, e dentro dos prazos establecidos, dos requisitos exixidos nas bases reguladoras para proceder ao pagamento da subvención.

2. Subvencións de concesión directa.

Comprobarase que o procedemento de concesión directa se ampara nalgún dos supostos que, segundo a normativa vixente, habilitan para utilizar este procedemento.

2.1. Subvencións en que se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública.

2.1.1. Aprobación do gasto.

a) Que se xunten os documentos previstos no artigo 40.2º do Decreto 11/2009.

b) Que na proposta de resolución ou no instrumento do convenio figure o contido mínimo previsto no artigo 40.1º do Decreto 11/2009.

c) Certificación expedida polo órgano xestor acreditativa do cumprimento polo beneficiario dos requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007.

2.1.2. Compromiso do gasto.

Que se acompañe a resolución ou o convenio subscrito polas partes.

2.1.3. Recoñecemento da obriga e pagamento.

a) No caso de se efectuaren pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, comprobar que tal posibilidade está prevista na resolución ou convenio.

b) Que se acredite, se foi exixida aos beneficiarios na resolución ou convenio, a existencia de garantías.

c) Acreditación, na forma establecida na resolución ou convenio, de que o beneficiario está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de que non ten pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma.

d) Que se xunte a declaración responsable da obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

e) Que se xunte a certificación expedida polo órgano concedente, acreditativa do cumprimento polo beneficiario, e dentro dos prazos establecidos, dos requisitos exixidos nas normas reguladoras para proceder ao pagamento da subvención.

2.2. Subvencións previstas nominativamente nos orzamentos xerais.

2.2.1. Recoñecemento da obriga e pagamento.

a) Que se xunte a resolución ou o convenio subscrito polas partes.

b) No caso de se efectuaren pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, comprobar que tal posibilidade está prevista na resolución ou convenio.

c) Que se acredite, se foi exixida aos beneficiarios na resolución ou convenio, a existencia de garantías.

d) Acreditación, na forma establecida na resolución ou convenio, de que o beneficiario está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de que non ten pendentes de pagamento débedas coa ccomunidade autónoma.

e) Que se xunte a certificación expedida polo órgano concedente, acreditativa do cumprimento polo beneficiario, e dentro dos prazos establecidos, dos requisitos exixidos nas normas reguladoras para proceder ao pagamento da subvención.

2.3. Subvencións cuxo outorgamento ou contía veña imposto por unha norma de rango legal.

a) Cando se instrumenten a través dun convenio de colaboración, comprobar que figure o contido mínimo previsto no artigo 37.2º do Decreto 11/2009.

b) Para que sexa exixible o pagamento será necesaria a existencia de crédito adecuado e suficiente no exercicio correspondente.

3. Para os expedientes de convenios asinados con entidades colaboradoras no marco da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

3.1. Aprobación do gasto.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que no instrumento do convenio figure o contido mínimo previsto no artigo 13.2º da Lei 9/2007.

c) Que non teña unha duración superior á legalmente prevista e, no caso de que se previse a posibilidade de prórroga do convenio, que esta non supera o prazo legalmente establecido.

3.2. Compromiso do gasto.

Que se xunte o convenio subscrito polas partes.

3.3. Prórroga.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que está prevista no convenio e que non se superan os límites de duración previstos no convenio.

3.4. Recoñecemento da obriga e pagamento.

3.4.1. Polo importe da contraprestación a favor da entidade colaboradora.

a) Cando as bases reguladoras prevexan a achega de garantías por entidades colaboradoras, que se acredite a existencia das ditas garantías.

b) No caso de que a colaboración recolla a entrega ou distribucións dos fondos, que se acredite a existencia da garantía nos termos previstos no artigo 72.2º do Decreto 11/2009.

3.4.2. Polo importe dos fondos que se van entregar aos beneficiarios.

a) No caso de se efectuaren pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, comprobar que tal posibilidade está prevista nas bases reguladoras.

b) Que se acredite, se foi exixida aos beneficiarios nas normas reguladoras da subvención, a existencia de garantías.

c) Acreditación, na forma establecida na normativa reguladora da subvención, de que o beneficiario está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de que non ten pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma.

d) Que se xunte a declaración responsable da obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

e) Que se xunte a certificación expedida polo órgano concedente, acreditativa do cumprimento polo beneficiario, e dentro dos prazos establecidos, dos requisitos exixidos nas normas reguladoras para proceder ao pagamento da subvención.

XVIII. Nos expedientes das axudas de acción social, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Recoñecemento da obriga e pagamento.

a) Que exista resolución de concesión.

b) Que se acompaña a certificación expedida polo órgano concedente, acreditativa do cumprimento polo beneficiario, e dentro dos prazos establecidos, dos requisitos exixidos nas bases reguladoras para proceder ao pagamento da axuda.

XIX. Nos expedientes de transferencias de financiamento a favor dos organismos ou das entidades vinculadas ou dependentes da Administración da comunidade autónoma, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Nas transferencias de financiamento corrente.

a) Que exista a consignación orzamentaria a favor do organismo ou entidade financiada e que estas se libran por doceavas partes, agás que exista un instrumento xurídico axeitado que recolla outro ritmo de libramento.

b) Que existe informe da Consellería de Facenda nos supostos de libramentos que non sexan por doceavas partes.

2. Nas transferencias de financiamento de capital.

Que existe certificado do órgano xestor que transfire os fondos de que os libramentos se fan conforme o ritmo de execución da actividade financiada, e que se corresponden coa cantidade acreditada polo organismo ou entidade financiado.

XX. Nos expedientes de convenios de colaboración os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Nos expedientes que polo seu contido estivesen incluídos no ámbito de aplicación da Lei de contratos do sector público ou outras normas administrativas especiais, o réxime de fiscalización e os extremos adicionais que, se é o caso, deban verificarse, serán os mesmos que se apliquen á categoría do gasto correspondente.

2. Nos expedientes relativos a convenios de colaboración excluídos do ámbito de aplicación da Lei de contratos do sector público.

2.1. Aprobación do gasto.

a) Que exista informe da Asesoría Xurídica.

b) Que no instrumento do convenio figure o contido mínimo previsto na normativa reguladora.

2.2. Compromiso do gasto.

Que se xunte o convenio subscrito polas partes.

2.3. Recoñecemento da obriga e pagamento.

Que existe certificación do órgano previsto no convenio de colaboración, acreditativa do cumprimento dos requisitos establecidos para realizar os pagamentos.

XXI. Nos expedientes de recoñecemento de prestacións sociais os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

1. Expedientes de recoñecemento de pensións na súa modalidade non contributiva.

1.1. Concesión das pensións de invalidez.

a) Que se acredite que na data da solicitude o causante é maior de 18 e menor de 65 anos de idade.

b) Que se acredite que reside legalmente en territorio español e telo feito durante cinco anos, dos que dous serán inmediatamente anteriores á data da solicitude.

c) Acreditación de estar afectado por unha discapacidade ou por unha enfermidade crónica nun grao igual ou superior ao 65 por 100.

d) Que se acredite que carece de rendas ou ingresos suficientes computados, en cada caso, de acordo coa normativa vixente.

e) Que exista proposta de resolución de concesión e certificación da unidade xestora de que non percibe outra pensión.

1.2. Concesión das pensións de xubilación.

a) Que se acredite que na data da solicitude o causante ten cumpridos os 65 anos de idade.

b) Que se acredite que reside legalmente en territorio español e telo feito durante dez anos entre a idade de 16 anos e a de xeración da pensión, dos que dous serán consecutivos e inmediatamente anteriores á data da solicitude de pensión.

c) Que se acredite que carece de rendas e ingresos en contía superior aos límites establecidos en cada caso pola normativa vixente.

d) Que exista proposta de resolución de concesión e certificación da unidade xestora de que non percibe outra pensión.

1.3. Baixas das pensións de invalidez e de xubilación.

a) No caso de extinción por falecemento do titular, que se acompañe documentación acreditativa.

b) No caso de baixa de carácter cautelar, que exista requirimento para achegar documentación.

2. Expedientes de recoñecemento de complemento de pensión a titulares de pensións non contributivas que residan nunha vivenda alugada.

a) Que se acredite carecer de vivenda en propiedade.

b) Que se acredite a condición de arrendatario na data da solicitude e que se ten fixada a residencia habitual na vivenda alugada nos termos establecidos na normativa de aplicación.

c) Que se acredite a condición de titularidade de pensións non contributivas.

3. Expedientes de recoñecemento de prestacións previstas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

3.1. Aprobación e compromiso do gasto.

a) Que se xunte a proposta de resolución de concesión.

b) Que se xunte a proposta do programa individual de atención, para os efectos de que a intervención poida valorar a precisión do cálculo da prestación.

c) Certificado do órgano xestor acreditativo tanto da procedencia da prestación como da capacidade económica das persoas propostas como beneficiarias da prestación.

3.2. Recoñecemento da obriga e pagamento.

a) Que exista resolución de concesión.

b) Que se xunta a certificación expedida polo órgano xestor, acreditativa do cumprimento polo perceptor, e dentro dos prazos establecidos, dos requisitos exixidos para proceder ao pagamento da prestación.

c) Convenio especial regulado no Real decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia, así como aqueloutra documentación exixible en relación co coidador do dependente e acorde coa normativa da Seguridade Social.

4. Expedientes de recoñecemento da prestación da renda de integración social regulada na Lei 9/1991, do 2 de outubro, de inserción social de Galicia.

4.1. Concesión.

a) Que se xunte a proposta de resolución de concesión.

b) Que exista informe do órgano xestor en que conste que da información que consta no seu poder se desprende que as persoas propostas como perceptores cumpren todos os requisitos necesarios para acceder á prestación.

4.2. Xustificación documental limitada nos supostos de altas, variacións na contía e baixas.

a) Altas: no caso de tratarse dun novo perceptor, que se xunte a resolución de concesión.

b) Variacións da contía e baixas: comprobarase que existe un acordo ou resolución fiscalizado de conformidade.

4.3. En relación ás nóminas da prestación da renda de integración social, que se xunta a liquidación co detalle do número de perceptores e os importes e o certificado do órgano xestor acreditativo de que os perceptores incluídos na nómina derivan de concesións de prestacións previamente fiscalizadas.

5. Expedientes de recoñecemento da prestación de emerxencia social regulada na Lei 9/1991, do 2 de outubro, de inserción social de Galicia.

5.1. Aprobación e compromiso do gasto.

a) Que se xunte a proposta de resolución de concesión.

b) Que exista informe do órgano xestor en que conste que da información que conste no seu poder se desprende que as persoas propostas como perceptores cumpren todos os requisitos necesarios para acceder á prestación.

c) Acreditación de non percibir axudas incompatibles coa prestación de emerxencia social.

5.2. Recoñecemento da obriga e pagamento.

a) Que exista resolución de concesión.

b) Que se xunta a certificación expedida polo órgano xestor, acreditativa do cumprimento polo perceptor, e dentro dos prazos establecidos, dos requisitos exixidos para proceder ao pagamento da prestación.

XXII. Nos expedientes de recursos administrativos en materia de subvencións e prestacións sociais, os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

a) Que se xunte a proposta de resolución do recurso.

b) Que se xunte o certificado do órgano competente acreditativo de que o reclamante reúne os requisitos previstos na normativa reguladora para obter a condición de beneficiario e para proceder ao pagamento da subvención ou prestación social.

XXIII. Nos expedientes de gasto derivados da execución de sentenzas, o extremo adicional a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo será o seguinte:

Que exista sentenza xudicial.

XXIV. Nos expedientes de pagamentos para xustificar os extremos adicionais a que se refire o punto sétimo.1.h) deste acordo serán os seguintes:

Nos expedientes en que se prevexa o libramento de pagamentos que hai que xustificar comprobarase ademais dos extremos que correspondan do acordo en función do tipo de gasto, que:

a) No primeiro libramento, que a aplicación orzamentaria con cargo á cal se fan os libramentos está autorizada na normativa reguladora dos pagamentos para xustificar.

b) Nos sucesivos libramentos, que se teña xustificado o libramento anterior.

Noveno.-Normas que derroga.

Queda expresamente derrogado o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de marzo de 1999, regulador do exercicio da fiscalización limitada previa.

Décimo.-Entrada en vigor.

Este acordo producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO

Informes preceptivos

Adquisición de equipamentos e sistemas para o tratamento da información:

Comprobarase ademais dos extremos previstos con carácter xeral para o contrato de subministración, a existencia dos preceptivos informes emitidos pola Comisión de Informática da Xunta de Galicia.

Contratación para la adquisición de vehículos:

Comprobarase ademais dos extremos previstos con carácter xeral para o contrato de subministración, a existencia do preceptivo informe da correspondente Comisión de Coordinación de Parques Móbiles (artigos 4 y 7 do Decreto 327/1994, do 3 de novembro).

Contratos de edición, impresión, deseño e comercialización de publicacións:

Cando o obxecto do contrato sexa a edición, impresión, deseño e comercialización de publicacións, deberán comprobarse ademais dos extremos previstos con carácter xeral para o contrato de servizos que consta a aprobación regulamentaria da Comisión Permanente de Publicacións (artigo 9 do Decreto 316/1990, do 8 de xuño, polo que se regulan as publicacións da Xunta de Galicia).

Contratos para a elaboración de proxectos de web:

Comprobarase ademais dos extremos previstos con carácter xeral, a existencia da aprobación e certificación emitida pola Comisión de Informática (artigo 32.2º do Decreto 164/2005).

Contratos de asesoramento xurídico externo:

Comprobarase ademais dos extremos previstos con carácter xeral para o contrato de servizos a existencia, se é o caso, de informe da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica (artigo 5 do Decreto 343/2003, do 11 de xullo).

Acordos ou convenios con medios de comunicación:

Comprobarase ademais dos extremos previstos con carácter xeral para os convenios a existencia de informe previo e vinculante da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos (acordo do 5-3-1998).

Contratos ou convenios con universidades galegas:

Ademais dos extremos previstos con carácter xeral comprobarase a existencia de informe da Dirección Xeral de Universidades.

Índice.

Primeiro.-Ámbito de aplicación. Segundo.-Fiscalización plena posterior. Terceiro.-Fiscalización limitada previa reducida aos requisitos mínimos. Cuarto.-Fiscalización previa plena. Quinto.-Supostos non recollidos no punto oitavo. Sexto.-Fiscalización por mostraxe. Sétimo.-Requisitos mínimos. Oitavo.-Extremos adicionais de especial transcendencia:

I. Expedientes de contratación de persoal laboral.

II. Xestión de retribucións do persoal ao servizo da Administración da Xunta e dos seus organismos autónomos.

III. Expedientes de aprobación y recoñecemento da cota patronal á Seguridade Social.

IV. Expedientes de reclamacións que se formulen ante a Administración, en concepto de indemnización de danos e perdas por responsabilidade patrimonial.

V. Expedientes nos expedientes de gasto derivados de expropiacións forzosas.

VI. Expedientes de contratos de obras, agás os que se adxudiquen no marco dun sistema de racionalización técnica da contratación.

VII. Expedientes de contratos de subministración, agás os que se adxudiquen no marco dun sistema de racionalización técnica da contratación.

VIII. Expedientes de contratos de servizos agás os adxudicados no marco dun sistema de racionalización técnica da contratación e os servizos a que se refire o número 15 do punto cuarto deste acordo.

IX. Contratos tramitados a través de acordos marco e sistemas dinámicos de contratación.

X. Expedientes de contratos de xestión de servizos públicos.

XI. Expedientes de contratos de concesión de obra pública.

XII. Expedientes relativos a contratos de colaboración entre o sector público e o sector privado.

XIII. Expedientes relativos a contratos comprendidos na categoría 6 do anexo II da Lei de contratos do sector público e os que teñan por obxecto a creación artística e literaria e os espectáculos comprendidos na categoría 26 do mesmo anexo.

XIV. Expedientes de execución de traballos pola propia Administración.

XV. Expedientes de contratos patrimoniais.

XVI. Expedientes de contratos menores.

XVII. Expedientes de subvencións.

XVIII. Expedientes de axudas de acción social.

XIX. Expedientes de transferencias de financiamento.

XX. Expedientes de convenios de colaboración.

XXI. Expedientes de recoñecemento de prestacións sociais.

XXII. Expedientes de recursos administrativos en materia de subvencións e prestacións sociais.

XXIII. Expedientes de gasto derivados da execución de sentencias.

XXIV. Pagamentos para xustificar.

Noveno.-Normas que derroga. Décimo.-Entrada en vigor. Anexo.-Informes preceptivos.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2010.

Marta Fenández Currás

Conselleira de Facenda