DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 2010 Páx. 181

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2009 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de decembro de 2009 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Academia Galega de Seguridade Pública.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Academia Galega de Seguridade Pública xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 17 de decembro de 2009, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Academia Galega de Seguridade Pública, para os postos que se sinalan no anexo.

Segundo.-Ordénase a publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezasete de decembro de dous mil nove, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Academia Galega de Seguridade Pública, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2009.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

ANEXO

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Na vixente relación de postos de traballo o organismo autónomo Academia Galega de Seguridade Pública, publicada no DOG número 8, do 13 de xaneiro de 2009, prodúcense as seguintes modificacións:

-Na páxina 683, o posto PR.B01.00.000.36170.001.-secretario/a do/a director/a xeral, cambia na súa columna Adscr. adm. públicas, pasando a ser A12.

-Na páxina 684:

*No posto PR.B01.00.000.36170.009.-posto base grupo D, suprímese na súa columna Observacións Xornada de tarde.

*No posto PR.B01.00.000.36170.040.-servizo de estudos e publicacións, cambia na súa columna Corpo/escala pasando a ser xeral/especial, na columna Adscr. adm. públicas pasando a ser A14 e na columna formación específica pasa a ter soamente o código 640.

Código-descrición das formacións específicas.

640: para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Código-descrición doutras administracións.

A12: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración local.

A14: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e forzas e corpos de seguridade do Estado.