DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 2010 Páx. 150

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2009, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se publica a relación de subvencións concedidas a asociacións protectoras de animais domésticos para o fomento de actuacións destinadas á protección e benestar dos animais domésticos ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2009.

En cumprimento do disposto no artigo 10.3º da Orde do 6 de xullo de 2009, pola que se establecen axudas para o fomento de actuacións destinadas á protección e benestar dos animais domésticos realizadas por asociacións protectoras de animais domésticos (DOG nº 141, do 21 de xullo de 2009), resolvo que se publiquen as subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 79.200 € con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.541B.481.0 correspondente ao ano 2009.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2009.

Ricardo García-Borregón Millán

Director xeral de Conservación da Natureza

Ver referencia pdf "00300D006P030.PDF"