DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 2010 Páx. 132

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se conceden subvencións a concellos ao abeiro da Resolución do 29 de outubro de 2009 pola que se convocan subvencións a concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (Diario Oficial de Galicia número 218, do 6 de novembro).

De conformidade co disposto na Resolución do 29 de outubro de 2009 pola que se convocan subvencións a concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 218, do 6 de novembro), e de acordo coas bases que rexen nesta convocatoria, aprobadas por Resolución do 30 de xullo de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións e espazos deportivos (DOG nº 149, do 31 de xullo), recibidas as solicitudes na Secretaría Xeral para o Deporte e rematada a fase de revisión da documentación achegada e de comprobación do grao de cumprimento dos requisitos establecidos na dita resolución, esta secretaría xeral

RESOLVE:

1. Outorgar para a adquisición de equipamento deportivo as subvencións económicas que a favor dos concellos propostos se identifican e enumeran seguidamente por orde da puntuación acadada unha vez aplicados os criterios establecidos no artigo 4º da Resolución do 30 de xullo de 2009. O importe da subvención acada a totalidade do investimento.

Ver referencia pdf "00300D001P006.PDF"

Ver referencia pdf "00300D002P012.PDF"

3. Denegar o outorgamento das restantes solicitudes de subvención admitidas, por acadar unha valoración inferior para a actuación programada en relación coas que resultaron subvencionadas.

4. A finalidade das subvencións é axudar aos concellos de Galicia para a adquisición de equipamentos deportivos no ano 2009.

5. As subvencións concedidas faranse efectivas con cargo á aplicación 40.60.441A.760.0 e ata unha contía máxima de 375.923,20 €.

Esta resolución comporta unha asignación do crédito establecido por un importe total de 369.286,39 €.

6. Contra esta resolución os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da oportuna notificación ou, se é o caso, a partir do día seguinte ao da publicación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2009.

José Ramón Lete Lasa

Secretario xeral para o Deporte