DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 2010 Páx. 7

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de decembro de 2009 pola que se resolven as solicitudes de axudas para formación de adultos formuladas polos concellos de Abegondo, Rianxo, Soutomaior e Meis, ao abeiro da Orde do 27 de febreiro de 2009.

Por Orde do 27 de febreiro de 2009 (DOG do 9 de marzo) convocáronse axudas para a realización de actividades de alfabetización e formación de adultos durante o ano 2009, organizadas por corporacións locais e institucións privadas sen ánimo de lucro e legalmente constituídas, pertencentes á comunidade autónoma. Por Orde do 25 de xuño de 2009, os concellos de Abegondo, Rianxo, Soutomaior e Meis recibiron unha resolución denegatoria que atendía a que as súas solicitudes foran recibidas fóra de prazo. Os catro concellos presentaron recurso potestativo de reposición que foi aceptado. O 9 de novembro foron valorados pola Comisión prevista no artigo nove da convocatoria.

Vista a proposta da Comisión,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ao concepto orzamentario 45.04.422H.460.0 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Denegar ou excluír, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-De conformidade co previsto no punto décimo primeiro da Orde do 27 de febreiro de 2009, as axudas irán destinadas a sufragar os gastos de persoal que, como mínimo, alcanzarán o 75% do importe total da axuda concedida, e os gastos de funcionamento xerados polo proxecto, que non superarán o 25% do importe total da subvención. Deste 25% permitido para gastos de funcionamento, arbitrarase a distribución de gastos de forma que un 20% teña a finalidade de gastos de materiais didácticos (textos e materiais dun só uso e materiais funxibles) e un 5% para outros gastos. No caso de que a actividade se realice na duración prevista e que, por razóns xustificadas, os gastos de persoal resulten menores do 75% da axuda concedida, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá modificar a resolución da concesión da axuda e asignar un novo importe, que será menor do concedido inicialmente e resultado de aplicarlle unha redución nos gastos de funcionamento na mesma porcentaxe

que a redución dos gastos de persoal. As axudas serán aboadas no momento da súa completa xustificación.

Cuarto.-Na difusión das actividades subvencionadas mediante esta orde, nas súas convocatorias públicas, publicidade e propaganda, así como nos lugares en que se realizan as referidas accións, deberá figurar que están financiadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e aparecerá o seu anagrama. Ademais, quedará constancia explícita do dito cofinanciamento nos documentos, folletos, certificados e publicacións que se realicen con motivo da realización da actividade formativa.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Ver referencia pdf "00100D004P007.PDF"