DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 2010 Páx. 6

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Sustentabilidade e Paisaxe, pola que se dá publicidade á concesión dos premios a procesos de implantación da Axenda 21 escolar en Galicia en centros educativos públicos, ditada ao abeiro da Orde do 18 de agosto de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 167, do 26 de agosto).

De conformidade co establecido no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo décimo sexto da Orde do 18 de agosto de 2009, pola que se establecen as bases e se convoca a II edición dos premios a procesos de implantación da Axenda 21 escolar en Galicia en centros educativos públicos, resolvo facer pública, a través do Diario Oficial de Galicia, a concesión dos citados premios en virtude de resolución do director xeral de Sustentabilidade e Paisaxe do 27 de novembro de 2009 ditada por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Orde do 18 de agosto), facendo constar os seguintes extremos:

Convocatoria: Orde do 18 de agosto de 2009, pola que se establecen as bases e se convoca a II edición dos premios a procesos de implantación da Axenda 21 escolar en Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 167, do 26 de agosto de 2009, páxina 13.963).

Aplicación orzamentaria: 43.06.541.E.640.5 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2009.

Crédito orzamentario: 45.000 €.

Finalidade dos premios: recoñecer publicamente e recompensar a implementación do desenvolvemento sustentable no ámbito do ensino público.

Relación de beneficiarios e premios concedidos:

Centros educativos públicos de niveis non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: ver anexo.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2009.

P.D. (Orde 18-8-2009)

Manuel Borobio Sanchiz

Director xeral de Sustentabilidade e Paisaxe

Ver referencia pdf "00100D003P006.PDF"