DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 2010 Páx. 5

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería que non foron publicitados no seu momento.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no ano 2009 que non foron publicitados no seu momento, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2009.

Beatriz Cuiña Barja

Secretaria xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Ver referencia pdf "00100D001P005.PDF"