DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Xoves, 31 de decembro de 2009 Páx. 19.938

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de decembro de 2009, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a modificación dos ámbitos en determinados corpos, escalas, grupos de categorías reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, e polo Decreto 89/1997, do 10 de abril.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 253, do pasado 30 de decembro, cómpre facer as oportunas correccións:

1ª A colocación da citada resolución en III. Outras disposicións é errónea, polo que cómpre colocala en IV. Oposicións e concursos.

2ª Na páxina 18.813, no anexo I, onde di: «V-009-Peón/oa forestal», debe dicir: «V-009-Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais».