DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 30 de decembro de 2009 Páx. 19.809

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2009, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación e o anexo I da Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia as ordes a que fai referencia o título desta resolución procederon a codificar tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican, a primeira, como os diferentes prezos públicos e privados, a segunda.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar os servizos xestores e as tarifas existentes e crear os novos prezos públicos, razón pola que, mediante esta resolución, se procede a revisar as codificacións recollidas nas ordes citadas, consonte coa autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 e consonte coa autorización recollida na disposición adicional terceira da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994. As normas que motivan a revisión da codificación son as que se citan a seguir:

1. Os decretos 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia e aqueles decretos polos que se establecen as estruturas orgánicas das distintas consellerías, obrigaron a revisar a codificación dos servizos xestores de taxas e prezos, contidos no anexo V da Orde do 30 de xuño de 1992.

2. A disposición derradeira primeira da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, que modificou a Lei 6/2003, nos seus anexos I e III, con entrada en vigor o 16 de decembro de 2009, o que obrigou a revisar o anexo VI da Orde do 30 de xuño de 1992.

3. Os proxectos de lei polos que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e o de modificación da Lei 10/1988, do 20 de xullo, de ordenación do comercio interior de Galicia, que introducen modificacións no anexo III da Lei 6/2003, o que obriga a revisar a codificación contida no anexo VI da orde do 30 de xuño de 1992.

4. O proxecto de decreto polo que se establece a taxa por ocupación de bens demaniais adscritos á Consellería de Facenda e afectos a dependencias administrativas, regula a tarifa aplicable pola taxa por ocupación do dominio público no caso referenciado, o que supón a necesidade de codificar o ingreso e incorporalo á relación do anexo VI da Orde do 30 de xuño de 1992, e por último,

5. Os decretos 21/2009, do 29 de xaneiro, polo que se crea a Reserva Galega de Dereitos de Plantación de viñedo e 374/2009, do 6 de agosto, polo que se aproban os prezos públicos pola utilización dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, establecen novos prezos públicos que é preciso incorporar na relación de códigos contida no anexo I da Orde do 29 de xuño de 1994.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 referida, e da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994,

RESOLVO:

Primeiro.-Actualizar as táboas dos códigos de consellerías e servizos recollidas no anexo V da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, da forma que se especifica a continuación:

04 Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

01 Secretaría.

02 Escola Galega de Administración Pública: OA.

04 Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

05 Secretaría Xeral de Emigración.

06 Secretaria Xeral para o Deporte.

08 Secretaria Xeral de Medios.

09 Emerxencias.

11 Diario Oficial de Galicia.

12 Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

16 Xogo.

17 Asociacións.

18 Administración Local.

19 Academia Galega de Seguridade Pública: OA.

20 Interior e Espectáculos Públicos.

21 Axencia Galega de Emerxencias: OA.

22 Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller: OA.

05 Facenda.

01 Secretaría.

02 Instituto Galego de Estatística: OA.

04 CIXTEC: OA.

05 Tribunal Galego de Defensa da Competencia: OA.

06 Política Financeira.

07 Función Pública.

06 Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

01 Secretaría.

02 Mobilidade.

03 Instituto Galego da Vivenda e do Solo: OA.

04 Infraestruturas.

06 Urbanismo.

13 Costas.

14 Empresa pública de obras e servizos hidráulicos de Galicia: OA.

15 Augas de Galicia: OA.

16 Xurado de Expropiación Forzosa.

17 Protección do Litoral.

18 Axencia de Protección da Legalidade Urbanística: OA.

19 Protección Ambiental.

20 Fomento e Control de Calidade Ambiental.

21 Control e Xestión de Residuos.

22 Laboratorio do Medio Ambiente de Galicia.

23 Centro de Investigacións Forestais.

24 Meteogalicia.

25 Inspección e Intervención Ambiental.

26 Servizo Técnico Xurídico.

27 Fomento e Calidade da Vivenda.

07 Educación e Ordenación Universitaria.

01 Secretaría.

03 Ensino Medio.

04 Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e Avaliación da Formación Profesional: OA.

05 Secretaría Xeral de Política Lingüística.

08 Economía e Industria.

01 Secretaría.

02 Minas.

03 Administración Industrial.

05 Instituto Galego de Consumo: OA.

06 Comercio.

07 Instituto Enerxético de Galicia (INEGA): OA.

08 Enerxía.

09 Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

11 Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi).

12 Instituto Galego de Promoción Económica: OA.

09 Medio Rural.

01 Secretaría.

02 Supervisión de Proxectos.

03 Contratación.

04 Infraestruturas Agrarias.

05 Formación Agraria.

06 Centro de Investigacións Agrarias.

07 Axudas Estruturais.

08 Industria e Comercialización Agroalimentaria.

09 Sanidade e Produción Animal.

10 Montes e Industrias Forestais.

11 Conservación da Natureza.

12 Defensa Contra Incendios.

13 Fomento Cooperativo.

14 Fondo Galego de Garantía Agraria-Fogga: OA.

15 Sanidade Vexetal.

16 Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER): OA.

17 Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal): OA.

10 Cultura e Turismo.

01 Secretaría.

02 Axencia Galega das Industrias Culturais: OA.

03 Arquivos e Museos.

05 Secretaria Xeral para o Turismo.

06 Patrimonio Cultural.

08 Rexistro da Propiedade Intelectual.

11 Sanidade.

01 Secretaría.

02 Planificación e Ordenación.

03 Sergas-Secretaría: OA.

06 Sergas-Farmacia: OA.

08 Saúde Pública.

11 Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia-061: OA.

12 Fundación Pública Centro Transfusión de Galicia: OA.

13 Fundación Pública Instituto Galego de Ofmatoloxía: OA.

16 Inspección Sanitaria.

17 Protección á Saúde.

18 Promoción da Saúde.

19 Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica: OA.

12 Mar.

01 Secretaría.

02 Acuicultura (S.C.).

03 Marisqueo (S.C.).

04 Pesca (S.C.).

05 Desenvolvemento Pesqueiro.

06 Recursos Mariños.

07 Competitividade e Innovación Tecnolóxica.

08 Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar): OA.

10 Grupo de Portos: OA.

14 Traballo e Benestar.

01 Secretaría.

02 Gardarías.

03 Xuventude.

04 Tempo Libre.

06 Menores.

07 Dependencia e Autonomía Persoal.

11 Relacións Laborais.

12 Consello Galego de Relacións Laborais: OA.

13 Instituto Galego de Saúde e Seguridade Laboral: OA.

Segundo.-Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

A) engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.17.05 Autorización de construción de novas embarcacións.

30.17.06 Autorización de obras de modernización e reconversión de buques.

30.17.07 Expedición de permisos de pesca especial.

30.20.03 Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOE e dos seus duplicados.

31.07.29 Actuacións en materia de protección de animais utilizados para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.

31.07.30 Autorización de exención de tratamento contra a varroose en explotacións apícolas pertencentes a entidades incluídas nun programa experimental ou proxecto de investigación.

31.07.31 Autorización de laboratorio para a realización de autocontrois nos programas sanitarios de vixilancia e control de salmonela nas explotacións gandeiras.

31.16.01 Acreditación de centros para a práctica legal da interrupción voluntaria do embarazo.

31.16.02 Acreditación de centros hospitalarios.

31.50.00 Inscricións no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia.

31.50.01 Certificados de eficiencia enerxética do proxecto para vivenda unifamiliar.

31.50.02 Certificados de eficiencia enerxética do edificio terminado para vivenda unifamiliar.

31.50.03 Certificados de eficiencia enerxética do proxecto para edificios de vivenda.

31.50.04 Certificados de eficiencia enerxética do edificio terminado para edificios de vivenda.

31.50.05 Certificados de eficiencia enerxética do proxecto para edificios destinados a outros usos (non residenciais).

31.50.06 Certificados de eficiencia enerxética do edificio terminado para edificios destinados a outros usos (non residenciais).

32.26.01 Verificación realizada por un laboratorio de verificación metrolóxica ou por entidade encargada de realizar o control metrolóxico na fase de instrumentos en servizo, por instrumento.

32.26.02 Verificación de contadores eléctricos realizada directamente pola Administración, incluídos desprazamentos e realización dos ensaios, por instrumento.

32.26.03 Verificación de contadores de auga fría de menos de 40 mm de diámetro, con caudais comprendidos entre 0,0125 m3/hora e 20 m3/hora, realizada directamente pola Administración, incluídos desprazamentos e realización dos ensaios, por instrumento.

32.26.04 Verificación de contadores de gas de paredes deformables G1.6 a G10 e caudais de 16 litros/hora ata 16 m3/hora realizada directamente pola Administración, incluídos desprazamentos e realización dos ensaios, por instrumento.

32.36.07 Autorizacións e concesións para a explotación de bancos marisqueiros.

32.36.08 Concesións experimentais en materia de acuicultura.

32.36.09 Permiso de actividade en materia de acuicultura.

32.36.10 Autorización de inmersión.

32.62.00 Recoñecemento de organización de produtores.

34.01.01 Bens demaniais adscritos á Consellería de Facenda, para uso de dependencias administrativas.

B) Modificando os códigos seguintes:

30.20.01 Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOXSE e dos seus duplicados.

30.43.02 Expedición do carné acreditativo da habilitación como profesional da tradución xurada e inscrición no rexistro oficial correspondente.

30.43.03 Expedición do carné acreditativo da habilitación como profesional da interpretación xurada e inscrición no rexistro oficial correspondente.

30.43.04 Expedición do carné acreditativo da habilitación como profesional da tradución e da interpretación xurada e inscrición no rexistro oficial correspondente.

30.46.00 Actuacións en materia de fundacións e colexios profesionais.

30.46.01 Inscrición inicial no rexistro (fundacións, colexios, consellos, delegacións).

30.46.05 Inscrición de fusión, escisión e extinción.

30.46.07 Inscrición de accións de responsabilidade contra os membros do órgano de goberno.

30.46.09 Inscrición de intervencións temporais.

30.46.10 Outros actos sometidos a inscrición.

30.46.12 Expedición de listaxes de entidades inscritas.

31.11.02 Autorización, catalogación e rexistro de actividades de oficinas de farmacia que elaboren fórmulas maxistrais e preparados oficinais, para dispensar na propia oficina de farmacia ou con destino a outras oficinas e servizos de farmacia.

31.12.10 Autorización de entidades para impartir programas de formación de persoal aplicador de tatuaxe, micropigmentación e piercing, e de aparellos de bronceado.

31.14.02 Autorización de funcionamento ou traslado para centros que precisan autorización de instalación.

31.14.04 Solicitudes polas que se inste resolución que autorice a apertura dunha nova oficina de farmacia nun municipio ou núcleo (Decreto 146/2001, do 7 de xuño).

31.14.06 Autorización de modificacións de centros, servizos e establecementos regulados no Decreto 12/2009.

31.14.07 Autorizacións de funcionamento para centros que non precisan autorización de instalación e para servizos e establecementos.

31.14.08 Renovación da autorización de centros, servizos e establecementos.

31.16.00 Acreditacións de centros sanitarios.

31.17.02 Renovación da autorización ou acreditación.

32.26.00 Verificación de instrumentos de medida, como consecuencia de reclamación de parte.

32.37.01 Selección de anteproxectos de instalacións de parques eólicos.

32.37.02 Autorización administrativa das instalacións de parques eólicos.

32.37.03 Autorización administrativa para a transmisión de titularidade de parques eólicos.

32.37.04 Inclusión no réxime especial e inscrición no rexistro de inclusión, modificación e cancelación do réxime especial.

32.51.00 Autorización autonómica para a instalación, ampliación e traslado de establecementos comerciais.

32.63.00 Dirección de contratos de servizo en materia de augas.

C) Eliminando os códigos seguintes:

30.46.08 Inscrición de delegación de fundacións estranxeiras.

32.37.05 Comprobación do cumprimento das condicións de acceso ao réxime especial.

Terceiro.-Actualizar o anexo VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

-Modificando o nome de Caixa Rural de Lugo por Caixa Rural Galega.

Cuarto.-Actualizar o anexo I da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, engadindo os seguintes códigos:

35.27.00 Venda de dereitos de replantación de viñedo da Reserva Galega de Dereitos de Plantación de Viñedo.

35.28.00 Comedores escolares.

Quinto.-Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro do 2010.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2009.

Carlos Rodríguez Sánchez

Director xeral de Tributos