DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 30 de decembro de 2009 Páx. 19.706

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

Exposición de motivos

I O artigo 53 do Estatuto de autonomía de Galicia establece que lle corresponde á Xunta de Galicia o mandato da elaboración do orzamento da comunidade autónoma, que será único e incluirá a totalidade dos seus gastos e ingresos e os dos organismos e das entidades dela dependentes.

En cumprimento deste mandato, os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010 son o principal instrumento do Goberno galego para o desenvolvemento da súa política económica. Neles plásmanse as directrices de carácter económico-financeiro e social para levar a cabo no transcurso do exercicio orzamentario e establécense os obxectivos que se queren acadar e os proxectos e as actuacións que se van desenvolver para a súa consecución.

Estes orzamentos están elaborados nun contexto económico e financeiro que vén claramente marcado pola recesión económica.

O rápido aumento do desemprego mostra que a economía española está sufrindo as consecuencias de tres crises distintas: a crise económica e financeira internacional, común a outras economías, e con visos de corrixirse; a fin da grave «burbulla inmobiliaria» autóctona; e a perda da competitividade internacional que o noso país acumulou durante a última década, evidenciada no elevado déficit na balanza de pagamentos por conta corrente.

En efecto, con independencia da crise económica internacional, España ten graves problemas económico-estruturais. Desde que España entrou na unión económica e monetaria en 1999, beneficiámonos da significativa caída de tipos de xuro, sen ter presente que formar parte dunha unión monetaria esixe moita maior flexibilidade económica.

O elevado déficit orzamentario estatal (que este ano non será inferior ao 10% do PIB, unha porcentaxe descoñecida na nosa historia económica) reflicte, en parte, a severa e inusitada caída prevista no PIB anual, que estará arredor do 4%. Agora ben, recolle tamén un elevado compoñente estrutural, oculto nos anos de bonanza: a burbulla inmobiliaria e o crecemento disparado do consumo e das importacións elevaron de forma extraordinaria e pasaxeira os ingresos públicos das administracións (IVE, imposto de transmisións patrimoniais, impostos directos...). Ese aumento de ingresos fiscais foi un espellismo, froito dos desequilibrios económicos, e esvaecido non de xeito conxuntural, senón definitivo.

Ao abeiro do aumento da recadación, o Goberno de España non só aumentou o gasto público non produtivo, adquiriu compromisos retributivos afastados da evolución da produtividade e iniciou políticas de gasto sen valorar a súa sustentabilidade a medio prazo e que afectaban de xeito importante as comunidades autónomas, senón que sobrevalorou os pagamentos a conta dimanantes do sistema de financiamento das comunidades autónomas para evitar a resistencia destas a realizar o copagamento dos compromisos contraídos polo Estado.

Todo isto ten como consecuencia que o escenario económico recesivo se agrave fortemente pola actuación procíclica do Goberno estatal, chegando, no caso de Galicia, a baixar os ingresos do sistema de financiamento polas liquidacións negativas que derivan dos anteditos pagamentos a conta sobrevalorados.

A supresión deste grave desequilibrio orzamentario estrutural esixirá todo un conxunto de medidas, que deberán canalizar o gasto público e que xa comezaron nada máis tomar posesión o actual Goberno coa aprobación do Plan de austeridade.

Malia que cómpre corrixir este desequilibrio orzamentario estrutural, o Goberno de Galicia non pode permanecer alleo á grave crise que a economía real está a vivir e debe realizar un esforzo suplementario para estimular a demanda agregada vía investimentos produtivos que xeren emprego e melloren a competitividade da nosa economía, así como consolidar o gasto social para que os máis desfavorecidos non paguen a crise.

Por todo isto, neste contexto de recuperación e débil crecemento, os orzamentos xerais para o ano 2010 da Comunidade Autónoma de Galicia, garantindo o gasto na prestación dos servizos públicos básicos de educación, sanidade e servizos sociais, aplican unha política económica de estímulo aos sectores produtivos (investimento real, I+D+i e TIC) que minimice o impacto da crise sobre as actividades, as rendas e o emprego e coloque a Galicia nunha situación máis competitiva de cara á saída da crise.

A descrita situación de crise económica ocasiona unha diminución moi significativa dos ingresos das administracións públicas que leva necesariamente a deseñar uns orzamentos para o 2010 que se adapten á dispoñibilidade de recursos. As fontes procedentes dos impostos, sexan estes de xestión da Administración do Estado ou da Facenda autonómica, atoparanse necesariamente febles, pois os baixos niveis de actividade han de traducirse en tendencias á baixa das rendas salariais e do volume das transaccións, coa contracción das recadacións impositivas. Esta situación determina que o recurso á capacidade de endebedamento sexa requirido ata o nivel máximo do déficit establecido polo Consello de Política Fiscal e Financeira para o ano 2010; é dicir, ata o 2,5% do PIB rexional.

Establécese así unha previsión de ingresos que minimiza os seus efectos contractivos sobre as posibilidades de gasto, nun senso contrario ao seguido no ano 2009, cando, diante dun escenario adverso, os orzamentos xerais do Estado se basearon en previsións que axiña se revelarían optimistas e que foron orixe, tanto no caso do Estado coma da propia comunidade autónoma, dunhas previsións orzamentarias que estimaron contar con máis recursos dos que razoablemente se ían producir, sobrevalorando os ingresos e conducindo a unha política de gasto inadecuada nunha fase adversa do ciclo económico. A estimación á alza dos ingresos fiscais ordinarios induciu, por outra parte, a un recurso ao endebedamento por debaixo dos límites precisos para ese período orzamentario. Ben administrada, esta alternativa permitiría anticiparse á caída da actividade e posibilitaría emprender investimentos necesarios que no inmediato horizonte orzamentario resultan inaccesibles, e aos que só se poderá acceder

mediante a utilización de fórmulas alternativas de financiamento.

A responsabilidade que o Goberno de Galicia asume cara ao ano orzamentario que afrontamos maniféstase mantendo unha coherencia na política fiscal autonómica que permita atender os obxectivos de estímulo anteriormente mencionados. Deste xeito, o Goberno galego ten que acudir á configuración dos orzamentos baixo as directrices de austeridade, realismo e orientación de prioridades.

A austeridade no gasto é consecuencia do exame dos capítulos de gasto corrente e da aplicación de estritas políticas de aforro, de evitar os gastos innecesarios, co resultado da contención global do mencionado gasto e, no caso da maior parte das seccións orzamentarias, cunha notable redución de máis de dous díxitos nos seus gastos de funcionamento.

O realismo atópase nestes orzamentos non soamente desde o lado das previsións, que están elaboradas con criterios de prudencia, senón tamén das actuacións que, respectando os compromisos do Goberno e atendendo as responsabilidades que a Administración autonómica debe asumir ante a situación económica de crise, fan un uso responsable das dispoñibilidades de recursos.

A priorización das actuacións aplicouse orientando o gasto ás actividades máis necesarias e de maior eficacia, que foron avaliadas e xerarquizadas atendendo á súa achega aos obxectivos, á súa contribución ás políticas de choque contra a crise e ás políticas de modernización da economía galega.

O obxectivo final é manter un crecemento económico positivo en Galicia no ano 2010 fixando as previsións nun 0,6% en termos nominais, que servirá para soster un diferencial positivo con respecto á economía española e ás do seu contorno, e que marca unha senda que, de sosterse, atoparía a Galicia en mellor posición relativa con respecto a elas cando se inicie a recuperación económica. Este crecemento positivo, ademais de manter unha dirección de converxencia, debe contribuír a un mellor comportamento relativo do emprego, esperando que o previsible incremento das cifras de paro inducidas polo ámbito económico e financeiro sexa tamén inferior á evolución rexistrada no conxunto do Estado.

Os orzamentos para o ano 2010 están, polo tanto, sometidos ao establecemento dunhas prioridades dos gastos orientadas aos sectores fundamentais para a recuperación da produtividade e do progreso económico, na procura de que sexan os investimentos e as accións de mellora do aparello produtivo os que, baixo criterios de eficiencia, teñan un tratamento axeitado nestes orzamentos.

En consecuencia, estes orzamentos son coherentes coa situación actual e elabóranse nun exercicio de realismo, co fin de adaptarse aos recursos existentes baixo as directrices de austeridade, responsabilidade e establecemento de prioridades. Neste contexto, a asignación dos recursos nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2010 axústanse aos seguintes criterios:

a) Adopción de medidas dinamizadoras da economía fronte á crise e fomento do emprego a través de actuacións que melloren a súa calidade e a súa seguridade. As medidas empregadas deberanlles facilitar ás empresas o acceso ao crédito para retomar unha senda positiva de liquidez e novos investimentos, así como apoiar as iniciativas emprendedoras privadas con axudas directas e, cando sexa preciso, co investimento público, reforzando as infraestruturas estratéxicas ou loxísticas.

b) Impulso da competitividade mediante investimentos en I+D+i, TIC e modernización equilibrada de todos os sectores produtivos de Galicia, co reforzo dos sectores nos que a nosa economía goza de vantaxes comparativas e do desenvolvemento dos sectores emerxentes relacionados coa eficiencia enerxética e a innovación modernizadora.

c) Apoio ás familias e á mocidade mediante políticas de benestar, igualdade e vivenda. Garantir os servizos públicos básicos de educación, sanidade e servizos sociais, consolidando os novos servizos e prestacións referentes á dependencia, é unha obriga irrenunciable. Acadar un grao de prestacións máis amplo e cada vez máis eficaz é unha meta que require recursos económicos e a aplicación de melloras organizativas; moitas delas iranse implementando no ano orzamentario de 2010.

d) Avances na economía da información e do coñecemento, o que implica tanto actuacións de equipamento e de incentivación ao emprego das novas técnicas coma de intensificación da mellora da eficiencia pública a través da racionalización do gasto e de medidas de austeridade, en especial no que atinxe ao gasto corrente da Administración autonómica e dos seus axentes.

II

Os orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2010 adáptanse á nova estrutura administrativa aprobada polo Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e polas disposicións complementarias posteriores.

Verbo do marco xurídico, esta lei articúlase en seis títulos, que conteñen sesenta e un artigos, once disposicións adicionais, unha disposición transitoria e catro disposicións derradeiras.

No título I, «Aprobación dos orzamentos e réxime das modificacións de crédito», determínase o ámbito de aplicación e o contido dos orzamentos xerais desta comunidade que, nos termos da Lei 3/2009, do 23 de xuño, pola que se modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, concretamente o seu artigo 48, estará integrado polos orzamentos da Administración xeral, dos organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas, así como polos que lles corresponden aos entes públicos, ás sociedades mercantís, ás fundacións, aos consorcios e ás demais entidades que se integren no sector da Administración pública galega de acordo cos requisitos do Sistema Europeo de Contas.

Esta é unha das principais novidades da lei, xa que supón presentar os orzamentos da comunidade autónoma adaptados ao Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais, coñecido como SEC 95 que, malia non ser un sistema directamente aplicable ao orzamento das administracións públicas, si que o teremos que considerar para poder definir a capacidade ou necesidade de financiamento. Dado que o obxectivo de estabilidade debe cumprirse non só na fase de execución orzamentaria senón tamén na fase de elaboración e aprobación dos orzamentos, forzosamente se require que na elaboración deban preverse os axustes positivos e negativos que se lles aplicarán aos ingresos e gastos consonte os criterios do SEC 95 e que se considere a todos os entes ou entidades que integran legalmente o sector da Administración pública autonómica de Galicia.

Así mesmo, neste título sublíñase o importe dos beneficios fiscais para o 2010, e regúlanse os principios que rexen as modificacións orzamentarias, establecéndose as normas sobre o nivel de vinculación para determinados créditos orzamentarios, especificándose aqueles que van ter a consideración de ampliables e sinalándose as limitacións aplicables ás transferencias de crédito. Entre as novidades desta lei destaca a consideración como ampliable do crédito destinado ao Fondo de Garantía de Avais, motivado polo incremento da morosidade no conxunto do sector financeiro, que determina que a actividade despregada pola Administración autonómica no ámbito financeiro tamén teña en conta os actuais riscos, con dotacións para provisión de falidos situadas en niveis similares aos de mercado.

O título II, «Gastos de persoal», está dividido en dous capítulos, destinados, respectivamente, ás retribucións do persoal e a regular outras disposicións en materia de réxime de persoal activo.

Recóllese o incremento retributivo do 0,3% para o persoal ao servizo da comunidade autónoma, e, de acordo co previsto na alínea 10 do artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, difírese a aplicación dos pactos ou acordos asinados que supoñan incrementos retributivos para o 2010 diferentes do sinalado con carácter xeral.

As retribucións dos altos cargos, como as dos titulares da Presidencia, das consellarías, secretarías e direccións xerais e asimilados, experimentarán unha redución do 3% no 2010, circunstancia que tamén resulta aplicable ás persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia. Ademais, os postos que nos centros xestores do Servizo Galego de Saúde, nas axencias públicas autonómicas, nos organismos autónomos, nas sociedades públicas, nas fundacións e nos consorcios do sector público autonómico teñan retribucións iguais ou superiores aos postos con rango de director xeral tamén experimentarán unha redución do 3% respecto das retribucións que percibiron no ano 2009.

Establécese tamén neste título a oferta pública de emprego para o 2010 que, como máximo, alcanzará o 15% da taxa de reposición de efectivos, coa excepción das prazas para acceso ao corpo de funcionarios docentes e da cobertura de prazas en hospitais e centros do Servizo Galego de Saúde, o persoal que teña encomendadas as funcións de xestión das políticas activas de emprego e prestacións de desemprego, o persoal dos servizos de incendios e o persoal que teña encomendados os servizos relativos á atención ás persoas en situación de dependencia.

Complétase este título con dous artigos dedicados a establecer para o 2010 limitacións na contratación de persoal temporal, por unha parte, no ámbito da comunidade autónoma, dos seus organismos autónomos e das axencias públicas e, por outra, no ámbito da administración institucional. Remata o título cun artigo relativo aos límites na contratación de persoal temporal nas encomendas de xestión e nos convenios que realice a Administración da Xunta de Galicia coas fundacións e sociedades do sector público galego.

No título III, «Operacións de endebedamento e garantía», establécese a contía máxima do incremento da posición neta debedora da comunidade autónoma distinguindo, expresamente, o importe que corresponde ao financiamento de investimentos en programas destinados a atender actuacións produtivas, que non excede do 0,25% do PIB. O restante endebedamento non supera o 2,5% do PIB, polo que a comunidade se acomoda estritamente aos límites establecidos nos acordos do Consello de Política Fiscal e Financeira, en cumprimento do disposto na Lei orgánica 3/2006, do 26 de maio, de reforma da Lei orgánica 5/2001, do 13 de decembro, complementaria da Lei xeral de estabilidade orzamentaria.

En liña co reforzamento do impulso no apoio financeiro aos proxectos empresariais, mantense a contía dos avais que pode conceder o Instituto Galego de Promoción Económica, que se fixa en cincocentos millóns de euros. Incorpórase como novidade a necesidade de dotar unha provisión para atender posibles falidos en cada operación de aval e en cada liña ou programa, conforme a contía que determine a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

O título IV, «Xestión orzamentaria», introduce como novidade a regulación do momento no que se realizará a intervención previa dos procedementos de contratación de operacións de endebedamento.

En canto ás transferencias de financiamento, establécese o seu concepto e regúlase o réxime de libramento segundo a súa natureza corrente ou de capital.

No que atinxe ás subvencións nominativas, establécese o seu concepto, sinálase o réxime de modificación dos créditos previstos para elas e regúlase o seu réxime de pagamento.

Neste título procédese á determinación de exoneracións a certos beneficiarios de subvencións. Tamén se actualizan as contías dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados.

O título V, «Corporacións locais», establece como primeira novidade as novas porcentaxes de participación dos concellos galegos nos tributos da comunidade autónoma, a través dos distintos compoñentes do Fondo de Cooperación Local.

Co obxecto de paliar os efectos que sobre a contía do Fondo de Cooperación Local ten a caída das previsións correspondentes aos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da Administración xeral, realízase un esforzo adicional nos orzamentos da comunidade autónoma de Galicia e constitúese, para o exercicio 2010, un fondo extraordinario no que participarán todos os concellos galegos. A dotación deste fondo extraordinario, con máis de dezaoito millóns de euros, compensa a caída que se produce na participación das corporacións locais nos tributos da comunidade autónoma. Os importes que se perciban polo fondo extraordinario dedicaranse a gastos de investimentos dos concellos, sen prexuízo de poder destinar o importe recibido por este fondo á cobertura dos seus gastos correntes cando as previsións de ingresos correntes dos concellos para o 2010 puideran comprometer a atención destes gastos.

No título VI, «Normas tributarias», polo que respecta aos tributos propios, procédese a manter as taxas de contía fixa e introdúcense modificacións en determinadas taxas, froito, principalmente, da reestruturación e da adaptación das súas tarifas e da modificación das regras previstas nalgunhas das taxas que resultan aplicables nos portos da comunidade autónoma. Ademais, mantéñense os tipos de gravame do canon de saneamento e os coeficientes redutores destes tipos para industrias específicas.

En canto aos tributos cedidos, modifícase o artigo 6 da Lei 9/2008, do 28 de xullo, co obxecto de precisar determinadas cuestións relativas á redución pola adquisición de explotacións agrarias e elementos afectos. Tamén se modifica a disposición adicional primeira da mencionada lei, de cara á validación do requisito de identificación nas solicitudes previas de valoración.

Finalmente, nas once disposicións adicionais que inclúe a lei, abórdanse diversos aspectos entre os que hai que destacar a formulación técnica que posibilite a configuración da estrutura inicial do orzamento das axencias públicas autonómicas que se poidan constituír no exercicio, co obxectivo de incrementar o control da eficiencia do gasto público. Ademais, en relación coas propostas normativas, plans e programas de contido económico establécese a necesidade de que, xunto coa memoria económico-financeira que os debe acompañar, se sometan ao informe preceptivo da Dirección Xeral de Orzamentos sobre a súa adecuación ao contexto de contención do gasto público.

Entre as disposicións adicionais destaca como novidade a que establece as modificacións dos proxectos de investimento con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial, na que se lle atribúe á persoa titular da Consellería de Facenda a aprobación das variacións nos proxectos, o que permite axilizar os procedementos e conseguir aumentar os reembolsos correspondentes aos fondos de compensación no exercicio orzamentario.

Por último, e dentro das disposicións derradeiras, inclúese a modificación do artigo 11.3 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de precisar os convenios que requiren autorización previa do Consello da Xunta de Galicia.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

Título I

Aprobación dos orzamentos e réxime das modificacións de crédito

Capítulo I

Aprobación dos créditos iniciais e do seu financiamento

Artigo 1º.-Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais.

O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2010, nos que se integran:

a) Os orzamentos da Administración xeral.

b) Os orzamentos dos organismos autónomos.

c) Os orzamentos das axencias públicas autonómicas.

d) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades públicas de carácter mercantil do artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e daquelas nas que concorran os requisitos determinados polo Sistema Europeo de Contas para integrarse no sector da Administración pública autonómica de Galicia.

e) Os orzamentos dos entes públicos aos que fai referencia o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

f) Os orzamentos de explotación e capital das fundacións do sector público autonómico nas que concorran os requisitos determinados polo Sistema Europeo de Contas para integrarse no sector da Administración pública autonómica de Galicia.

g) Os orzamentos dos consorcios nos que concorran os requisitos determinados polo Sistema Europeo de Contas para integrarse no sector da Administración pública autonómica de Galicia.

h) En todo caso, os orzamentos das demais entidades que estean clasificadas como Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coas normas do Sistema Europeo de Contas, agás as universidades públicas.

Artigo 2º.-Orzamentos da Administración xeral, dos organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas.

Un.-Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da comunidade autónoma, dos seus organismos autónomos e das súas axencias públicas autonómicas consígnanse créditos por importe de 11.686.232.484 euros, distribuídos da forma seguinte:

Ver referencia pdf "25300D001P006.PDF"

Tres.-A distribución orgánica e económica do orzamento consolidado é como segue:

Ver referencia pdf "25300D001P006.PDF"

Cinco.-Os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado á comunidade autónoma estímanse en 125.811.895 euros, consonte o seguinte detalle:

-Imposto sobre sucesións e doazóns: 75.887.248 euros.

-Imposto sobre a renda das persoas físicas (tarifa autonómica): 10.777.032 euros.

-Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: 39.147.615 euros.

En cumprimento do establecido no artigo 55.2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 84.870.931 euros.

Artigo 3º.-Orzamento das sociedades públicas.

Un.-Sociedades mercantís.

Apróbanse os orzamentos de explotación e capital das sociedades mercantís ás que se refire a letra d) do artigo 1 desta lei, que recollen as súas estimacións de gastos e a previsións de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 4.

Dous.-Entes públicos.

Apróbanse os orzamentos de explotación e capital dos entes públicos aos que se refire a letra e) do artigo 1 desta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 5.

Tres.-Aprobación de subvencións de explotación e de capital ás sociedades públicas.

Autorízanse as dotacións iniciais de subvencións de explotación e de capital ás sociedades públicas ás que se refiren as letras d) e e) do artigo 1 desta lei, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 6.

Artigo 4º.-Orzamentos de fundacións e consorcios.

Un.-Fundacións.

Apróbanse os orzamentos de explotación e capital das fundacións aos que se refire a letra f) do artigo 1 desta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 7.

Dous.-Consorcios.

Apróbanse os estados de gastos e ingresos dos consorcios aos que se refire a letra g) do artigo 1 de esta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 8.

Capítulo II

Das modificacións orzamentarias

Artigo 5º.-Réxime xeral das modificacións orzamentarias.

Un.-As modificacións de créditos orzamentarios serán autorizadas consonte os requisitos establecidos no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas excepcións derivadas da aplicación do indicado neste capítulo.

Dous.-As propostas de modificación deberán indicar, co maior nivel de desagregación orgánica, funcional e económica, as aplicacións orzamentarias afectadas, e recollerán adecuadamente os motivos que as xustifican, tanto os relativos á realización do novo gasto proposto coma, se é o caso, á suspensión da actuación inicialmente prevista e á repercusión sobre os obxectivos do programa afectado.

Á comunicación á que se refire a disposición adicional segunda do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, uniráselle unha explicación sobre os motivos que a xustifican en relación co novo gasto proposto e a súa repercusión, se é o caso, sobre os obxectivos do programa afectado en relación cos inicialmente previstos.

Artigo 6º.-Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias.

Sen prexuízo das facultades que se lle asignan no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, atribúenselle á persoa titular da Consellería de Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias:

a) Para incorporar os créditos de exercicios anteriores que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea, de acordo co previsto nos regulamentos do período de programación 2007-2013 que resulten aplicables.

b) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga en cada exercicio do fondo de reserva constituído consonte o establecido no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica.

c) Para incorporar ao crédito 12.02.312A.480.1 (Risga), do orzamento do ano 2010, o crédito 48.02.312A.480.l do ano 2009, destinado á renda de integración social de Galicia, na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

d) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga dos créditos xerados, con destino ao financiamento de gastos derivados da realización de probas de selección de persoal, como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos no artigo 30, «Taxas administrativas».

e) Para incorporar o crédito de exercicios anteriores, que non acadase a fase de recoñecemento da obriga, no capítulo VIII dos orzamentos de gastos da Administración xeral, ou, se é o caso, nos dos organismos autónomos, no suposto previsto no artigo 43 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, sobre tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados.

f) Para incorporar o crédito de exercicios anteriores, que non acadase a fase de recoñecemento da obriga, destinado á atención das obrigas derivadas de expedientes de expropiacións e do pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria.

g) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas e prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas seccións orzamentarias no anexo 1 desta lei, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro, de acordo co previsto no artigo 10.

h) Para xerar crédito polo importe que corresponda aos maiores ingresos pola prestación do servizo de recadación executiva a outros entes, do subconcepto 399.04, do orzamento de ingresos.

i) Para xerar crédito, na sección orzamentaria correspondente, por contía igual ao importe das compensacións económicas a favor da comunidade autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.

j) Para xerar crédito por ingresos derivados de pagamentos indebidos efectuados con cargo a créditos do orzamento corrente ou de anteriores exercicios.

k) Para xerar crédito na sección 13, Consellería do Medio Rural, polo importe que corresponda ao produto da venda do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais e provinciais, con destino aos fins previstos na disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996 e na disposición adicional cuarta da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego. Para tal fin, por pedimento da consellaría interesada, a Consellería de Facenda tramitará o oportuno expediente de desafectación, de acordo co disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e nos artigos 24 e seguintes do seu regulamento de execución.

l) En relación co orzamento do Servizo Galego de Saúde:

1. Para xerar créditos como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos en cada unha das seguintes aplicacións do orzamento de ingresos do Servizo Galego de Saúde:

-30, «Taxas administrativas».

-37, «Ingresos por ensaios clínicos».

-36, «Prestacións de servizos sanitarios», e 39, «Outros ingresos», computados conxuntamente.

2. Para xerar crédito derivado dos ingresos devengados en exercicios anteriores que non acadasen a fase de recoñecemento do dereito e que correspondan ao financiamento dos centros e servizos sanitarios transferidos á comunidade autónoma polas corporacións locais, sempre que excedan as cifras orzadas inicialmente por eses conceptos no correspondente exercicio.

3. Para xerar crédito en relación cos ingresos derivados de acordos transaccionais formalizados coas corporacións locais en materia de financiamento dos hospitais transferidos.

4. Para autorizar modificacións de crédito destinadas á atención de necesidades que se produzan ao longo do exercicio en calquera capítulo de gastos do Servizo Galego de Saúde, en relación coas dotacións do Fondo de Continxencia orzado no capítulo V dese organismo autónomo.

m) Para xerar crédito nas aplicacións orzamentarias de gasto do organismo autónomo Augas de Galicia financiadas polo canon de saneamento, polo importe correspondente aos maiores ingresos recadados sobre os orzados inicialmente.

n) Para xerar crédito no capítulo VIII de gastos cos ingresos do capítulo IX procedentes das operacións de refinanciamento de débeda ás que se refire o parágrafo terceiro do artigo 34.Un desta lei.

ñ) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecuar os créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia, incluíndo entre esas medidas a declaración de indispoñibilidade do crédito.

No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superaren o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección da que se trate.

o) Para introducir as variacións que sexan necesarias nos programas de gasto dos organismos autónomos, das axencias públicas autonómicas e dos entes públicos para reflectir as repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

p) Para realizar as adaptacións técnicas e as transferencias de crédito que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, da posta en marcha de organismos autónomos e axencias públicas autonómicas ou do traspaso de competencias nas que estean implicadas outras administracións, sen que en ningún caso, polo que se refire aos dous primeiros supostos, poida orixinarse incremento de gasto.

q) Autorizar transferencias de créditos entre programas incluídos en distinto grupo de función, correspondentes a servizos dunha mesma consellaría, cando teñan por obxecto cofinanciar incorporacións de remanentes de crédito de exercicios anteriores correspondentes a financiamento condicionado.

r) Para efectuar no orzamento de capital do Instituto Galego de Promoción Económica as modificacións que sexan precisas para a disposición do préstamo autorizado no punto Dous do artigo 34 desta lei.

s) Para transferir de oficio as dotacións que figuran no Fondo de Continxencia das distintas seccións, dos organismos autónomos e das axencias públicas á aplicación 23.02.621B.520.

Artigo 7º.-Vinculación de créditos.

Un.-Os créditos consignados nos estados de gastos destes orzamentos quedarán vinculados ao nivel establecido no artigo 56 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, con excepción dos créditos que se relacionan a seguir, que serán vinculantes co grao de vinculación que se indica:

120.20, «Substitucións de persoal non docente».

120.21, «Substitucións de persoal docente».

120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos/as substitutos/as docentes».

120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente».

121.07, «Sexenios».

130.02, «Complemento de perigosidade, penosidade e toxicidade».

131, «Persoal laboral temporal».

131.24, «Acumulacións de tarefas de persoal laboral temporal».

132, «Persoal laboral temporal (profesorado de relixión)».

133, «Persoal laboral indefinido».

136, «Persoal investigador en formación».

220.03, «Diario Oficial de Galicia».

226.01, «Atencións protocolarias e representativas».

226.02, «Publicidade e propaganda».

226.06, «Reunións, conferencias e cursos».

226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas».

227.06, «Estudos e traballos técnicos».

228, «Gastos de funcionamento de centros e servizos sociais».

229, «Gastos de funcionamento de centros docentes non universitarios».

A mesma consideración terán os créditos correspondentes á aplicación 12.06.311A.227.65, «Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal», e ás diferentes aplicacións do capítulo VI correspondentes a mandatos á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Os conceptos 480, «Transferencias correntes a familias», e 481, «Transferencias correntes a institucións sen fin de lucro», por unha parte, e os conceptos 780, «Transferencias de capital a familias», e 781, «Transferencias de capital a institucións sen fin de lucro», pola outra, serán vinculantes entre si. A mesma consideración terán os créditos dos subconceptos 221.07, «Comedores escolares», e 223.08, «Transporte escolar», que vincularán entre eles.

Dous.- As transferencias ás que se refire o artigo 67 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas pola persoa titular da Consellería de Facenda.

Artigo 8º.-Créditos ampliables.

Un.-Con independencia dos supostos previstos no punto 1 do artigo 64 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terán excepcionalmente condición de ampliables os créditos seguintes:

a) Os incluídos na aplicación 06.04.621A.227.08, destinados ao pagamento dos premios de cobranza autorizados pola recadación de tributos e demais ingresos de dereito público.

b) Os destinados a satisfacer as cantidades que deben percibir as persoas titulares de oficinas liquidadoras dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.

c) As obrigas contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas de cambio variable, pola diferenza existente entre o tipo de cambio previsto e o seu importe real no momento do pagamento.

d) Os destinados ao pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola comunidade autónoma. Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección orzamentaria á que figuren adscritos.

e) Os créditos destinados ao pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, soares, locais e edificacións complementarias correspondentes ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referidos aos traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

f) Os créditos de transferencias a favor da comunidade autónoma que figuren nos orzamentos de gastos dos organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas ata o importe dos remanentes da tesouraría que resulten como consecuencia da súa xestión.

g) Os incluídos na aplicación 12.02.312B.480.0, destinados ao pagamento de prestacións familiares, por fillos menores de tres anos ao seu cargo, a persoas que non están obrigadas a presentar declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas.

h) Os incluídos na aplicación 21.01.811B.460.1, con destino ao pagamento da liquidación de exercicios anteriores, que corresponde ao Fondo de Cooperación Local.

i) Os créditos vinculantes incluídos nas aplicacións 120.20, «Substitucións de persoal non docente», 120.21, «Substitucións de persoal docente», e 120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos/as substitutos/as docentes», que se considerarán ampliables unicamente con retencións noutros créditos do capítulo I da propia sección orzamentaria ou do organismo autónomo.

j) Os créditos incluídos na aplicación 04.80.313D.480.0, destinados ao pagamento de axudas directas a mulleres vítimas de malos tratos.

k) Os incluídos na aplicación 23.03.621A.890.00, destinados ao Fondo de Garantía de Avais.

Esta ampliación financiarase con baixa nas dotacións da aplicación 08.01.741A.740.0 e das correspondentes ao Instituto Galego de Promoción Económica.

Dous.-Para os efectos do previsto no artigo 64.1.g) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terán a consideración de seccións orzamentarias as secretarías xerais da Presidencia.

Tres.-O financiamento das ampliacións de crédito, ademais de por medio dos mecanismos previstos no artigo 64.2 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poderá tamén realizarse con baixas de crédito noutros conceptos orzamentarios.

Artigo 9º.-Transferencias de crédito.

Un.-Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo, non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan aos capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente.

Esa restrición non lles será aplicable:

a) Cando se destinen á atención de gastos extraordinarios derivados de catástrofes, sinistros ou outras situacións de natureza análoga e carácter excepcional, logo da declaración polo Consello da Xunta da situación excepcional, catastrófica ou de análoga natureza.

b) Aos incrementos do capítulo I que, se é o caso, poidan orixinarse polo desenvolvemento de procesos de regularización derivados de acordos sobre materias de función pública subscritos entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais.

c) Aos incrementos do capítulo I derivados do cumprimento de sentenzas xudiciais firmes ou autos de obrigada execución.

d) Excepcionalmente, cando as características das actuacións que deban executarse para o cumprimento da finalidade do programa orzamentario previsto exixan a adecuación da natureza económica do gasto.

Dous.-Polo que se refire ás seccións 09, «Educación e Ordenación Universitaria», 10, »Sanidade», e 12, «Traballo e Benestar», no que afecte a créditos destinados a prestacións sociais, a limitación indicada na alínea anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 5% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. Esa porcentaxe será do 20% para o Servizo Galego de Saúde.

No caso de que as transferencias realizadas baixo este suposto incrementaren créditos do capítulo I destinados á sinaatura de contratos de duración determinada previstos no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores, cando a modalidade de contratación for a de realización de obra ou servizo prevista na letra a) do artigo 1 da citada disposición, será necesaria a existencia de informe previo e favorable da Dirección Xeral da Función Pública sobre a adecuación da modalidade de contratación que se pretende.

Tres.-Con vixencia exclusiva para o ano 2010, e sen prexuízo do disposto no resto de alíneas deste artigo, as tranferencias de crédito axustaranse ás seguintes regras:

a) Poderán incrementarse os créditos autorizados inicialmente nas aplicacións orzamentarias dos subconceptos 131.24, «Acumulacións de tarefas de persoal laboral temporal», e 120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente», mediante transferencias de crédito do concepto 131, cun límite máximo conxunto do 30% dos créditos iniciais do dito concepto. A superación deste límite con cargo a outros conceptos do capítulo I deberá ser autorizada polo Consello da Xunta por proposta do departamento solicitante e con informe previo da Intervención Xeral e da Dirección Xeral de Orzamentos.

b) Non se incrementarán os créditos autorizados inicialmente nas aplicacións orzamentarias do subconcepto 226.02, «Publicidade e propaganda»; 227.06, «Estudos e traballos técnicos»; 226.01, «Atencións protocolarias»; e 226.06, «Reunións, conferencias e cursos».

Con todo, a limitación que atinxe ao 226.02, «Publicidade e propaganda», non afectará o Servizo Galego de Saúde nin a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza cando a transferencia teña a súa causa na necesidade de facer público calquera tipo de modificación no funcionamento dos servizos sanitarios que deba ser coñecida polos usuarios ou de medidas de seguridade en materia de protección civil derivadas da existencia de riscos non previstos.

c) Non se poderán diminuír os créditos consignados no programa 312D, «Servizos sociais de atención ás persoas dependentes».

Catro.-As limitacións sobre transferencias de crédito contidas nas letras b) e c) do artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non afectarán as transferencias de crédito que se refiran aos artigos 43 e 73 da clasificación económica do gasto.

Con independencia do anterior, esas mesmas limitacións entenderanse referidas, no orzamento do Servizo Galego de Saúde, ao orzamento individualizado de cada un dos centros de gasto e non aos orzamentos totais.

Cinco.-Ás transferencias de crédito que afecten unicamente a clasificación orgánica e que se efectúen entre centros de gasto do Servizo Galego de Saúde non lles serán aplicables as limitacións previstas no artigo 68 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, por teren a consideración de simples redistribucións de crédito.

Para os efectos do sinalado no parágrafo anterior, terán tamén a condición de redistribucións de créditos as transferencias dentro dos centros que teñan a consideración de área sanitaria, sempre que non afecten a clasificación económica.

Seis.-Ás transferencias de crédito que afecten as aplicacións do Servizo Galego de Saúde e que financien sociedades mercantís e entes públicos de carácter sanitario non lles serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68.1 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Sete.-Sen prexuízo do establecido no artigo 68.3 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como nas alíneas anteriores deste artigo, o importe máximo das transferencias de crédito que se autoricen para cada consellaría durante este exercicio non poderá diminuír as consignacións iniciais, ao nivel de vinculación legalmente establecido, en máis dun 20%.

O indicado no parágrafo anterior non será aplicable nos seguintes casos:

a) Cando teñan por obxecto incrementar conceptos do capítulo I de gastos.

b) Cando se refiran á sección 23, «Gastos de diversas consellarías».

c) Cando se refiran ao centro de xestión 5001 do Servizo Galego de Saúde.

d) Cando se refiran a fondos propios que pasen a cofinanciar proxectos con fondos europeos.

e) Cando se refiran aos créditos consignados no concepto 500, «Fondo de continxencia da Lei 5/2002», do orzamento de gastos do Servizo Galego de Saúde.

f) Cando se refiran a axudas ou subvencións, no caso de que a orde de convocatoria pola que se rexe a súa concesión asigne o gasto a diversas aplicacións orzamentarias e non sexa posible determinar previamente a contía imputable a cada unha delas.

g) As que se refiren aos artigos 43 e 73 da clasificación económica do gasto.

h) Cando se realicen entre créditos dos capítulos VI e VII do estado de gastos.

i) Cando teñan por obxecto atender gastos extraordinarios derivados de catástrofes, sinistros ou outras actuacións de natureza análoga e carácter excepcional.

j) Cando teñan por obxecto adecuar a natureza económica dos créditos necesarios para o mantemento dos centros de saúde de titularidade municipal, na medida na que se produza a transferencia da súa titularidade ao Servizo Galego de Saúde.

k) Cando teñan por obxecto adecuar a natureza económica dos créditos dun programa orzamentario que permita o cumprimento da súa finalidade.

Artigo 10º.-Adecuación de créditos.

Para facilitar a consecución do equilibrio económico-financeiro na execución do orzamento para o ano 2010, os créditos incluídos nos estados de gastos poderán experimentar os axustes necesarios para acomodar o seu importe ao dos recursos, na medida na que estes últimos difiran dos inicialmente previstos nos orzamentos de ingresos da Administración xeral da comunidade autónoma, dos seus organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas.

Sen prexuízo do indicado no artigo 6.ñ) desta lei, o Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Facenda, os acordos de non dispoñibilidade de crédito que sexan precisos para cumprir o previsto no parágrafo anterior.

Artigo 11º.-Transferencia de remanentes líquidos de tesouraría.

Os organismos autónomos, as axencias públicas e as sociedades públicas de carácter non mercantil da comunidade autónoma ás que se refire a letra b) do punto Un, do artigo 12 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, transferiranlle ao orzamento da Administración xeral da comunidade autónoma o importe do remanente de tesouraría non afectado resultante da liquidación do anterior exercicio orzamentario.

A Consellería de Facenda poderá xerar crédito con este importe no programa 621B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», unha vez analizada a súa repercusión en termos de contabilidade nacional.

Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Facenda poderalles limitar os libramentos de fondos a estas entidades en función do seu nivel de execución orzamentaria.

Artigo 12º.-Consello de Contas.

Con suxeición ás limitacións e requisitos establecidos con carácter xeral, as autorizacións de ampliacións e transferencias de crédito que se lle atribúen á persoa titular da Consellería de Facenda entenderanse referidas ao órgano competente do Consello de Contas cando correspondan ao orzamento do citado consello.

As modificacións autorizadas deberán serlle comunicadas para a súa instrumentación á Dirección Xeral de Orzamentos.

Título II

Gastos de persoal

Capítulo I

Retribucións do persoal

Artigo 13º.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.

Un.-As retribucións íntegras do persoal ao servizo da comunidade autónoma, incluídas as que en concepto de pagas extraordinarias correspondesen en aplicación do artigo 12.Dous da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, nos termos recollidos no artigo 12.Un da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, non poderán experimentar no ano 2010 un incremento global superior ao 0,3% con respecto ás establecidas no exercicio de 2009, en termos de homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.

Dous.-As retribucións que percibirá no ano 2010 o persoal funcionario ao que resulta aplicable o artigo 76 do Estatuto básico do empregado público incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta do citado estatuto básico, no concepto de soldo e trienios que corresponda ao grupo ou subgrupo en que se atope clasificado o corpo ou a escala á que pertenza a persoa funcionaria, referidas a doce mensualidades, serán as seguintes:

Ver referencia pdf "25300D001P006.PDF"

Tres.-Para efectos do disposto na alínea anterior, as retribucións que percibirá o persoal funcionario que ata a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 viñan referenciadas aos grupos de titulación previstos na lexislación da función pública galega, e que se corresponden nos mesmos termos cos grupos recollidos no texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, pasan a estar referenciadas aos grupos e subgrupos de clasificación profesional establecidos no artigo 76 e na disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, sen experimentar outras variacións que as derivadas dos incrementos previstos nesta lei. As equivalencias entre ambos os sistemas de clasificación son as seguintes:

Grupo A Decreto lexislativo 1/2008 Subgrupo A1 Lei 7/2007

Grupo B Decreto lexislativo 1/2008 Subgrupo A2 Lei 7/2007

Grupo C Decreto lexislativo 1/2008 Subgrupo C1 Lei 7/2007

Grupo D Decreto lexislativo 1/2008 Subgrupo C2 Lei 7/2007

Grupo E Decreto lexislativo 1/2008 Agrupacións profesionais Lei 7/2007

Catro.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos superiores deberán axustarse ao establecido neste artigo, e resultarán inaplicables no caso contrario. Durante o ano 2010, debido ás actuais circunstancias económicas excepcionais e conforme o previsto na alínea Dez do artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, suspéndese a aplicación dos pactos ou acordos que supoñan incrementos retributivos.

Cinco.-O disposto nas alíneas precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.

Seis.-Este artigo aplicaráselle ao persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia. Para estes efectos o dito sector público esta constituído por:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da comunidade autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As axencias públicas autonómicas.

d) As universidades de Galicia.

e) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da comunidade autónoma.

f) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

g) Os consorcios aos que se refire o artigo 48.1.g) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 14º.-Criterios retributivos aplicables ao persoal ao servizo da comunidade autónoma non sometido á lexislación laboral.

Un.-As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico experimentarán un incremento do 0,3% con respecto ás establecidas no exercicio de 2009, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente coa súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade.

As pagas extraordinarias do persoal incluído no ámbito de aplicación deste artigo e que se percibirán nos meses de xuño e decembro serán dunha mensualidade do soldo, trienios, se é o caso, e complemento de destino ou concepto ou contía equivalente en función do réxime retributivo dos colectivos aos que este artigo resulte aplicable.

Os incrementos establecidos nos parágrafos anteriores non serán aplicables ás retribucións de cargos, postos e colectivos recollidos nos artigos 16º, 18º e 19º desta lei.

Dous.-O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, experimentará así mesmo un incremento do 0,3% con respecto ao do exercicio de 2009, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.

Tres.-Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

Catro.-As indemnizacións por razón do servizo rexeranse pola súa normativa específica.

Cinco.-As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinado persoal funcionario da comunidade autónoma, liquidaránselles ás persoas beneficiarias conforme o que determinen as leis anuais de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Artigo 15º.-Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

Un.-A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican na alínea Seis do artigo 13º desta lei non poderá experimentar un crecemento global superior ao 0,3% respecto da correspondente ao ano 2009, comprendidos nesta porcentaxe todos os conceptos, sen prexuízo do que puider derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da produtividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cuxa distribución e aplicación individual se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e mais os gastos de acción social devengados durante o ano 2009 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Facenda para o devandito exercicio orzamentario, exceptuándose en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ao sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realizar o traballador ou traballadora.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ao réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, e computaranse, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para o ano 2010 deberase satisfacer a totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas dos convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2010 e todas as que se produzan ao longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ao devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores aos que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da comunidade autónoma.

Dous.-Así mesmo, nos centros de xestión do Servizo Galego de Saúde e nos entes e organismos aos que se refiren as alíneas b), c), e), f) e g) do punto Seis do artigo 13º desta lei, os postos cuxa retribución sexa igual ou superior á establecida para os postos con rango de dirección xeral seguirán percibindo as mesmas retribucións ca no ano 2009.

Artigo 16º.-Retribucións dos altos cargos e outro persoal directivo.

Un.-As retribucións totais e exclusivas dos altos cargos, incluídas as pagas extraordinarias, establecidas no punto Un do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, terán unha redución do 3%, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

Dous.-As retribucións totais dos membros do Consello de Contas de Galicia establecidas no punto Dous do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, terán unha redución do 3%, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

Tres.-As retribucións totais dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia, incluídas as pagas extraordinarias, establecidas no punto Tres do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, terán unha redución do 3%, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

Catro.-As retribucións dos altos cargos do Tribunal Galego de Defensa da Competencia establecidas no punto Catro do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, terán unha redución do 3%, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

Cinco.-As retribucións das persoas titulares das presidencias e vicepresidencias e, se é o caso, das direccións xerais, xerencias, outras direccións ou asimiladas, cando lles corresponda o exercicio de funcións executivas de máximo nivel, nos centros de xestión do Servizo Galego de Saúde e nos entes e organismos aos que se refiren as alíneas b), c), e), f) e g) do punto Seis do artigo 13º desta lei, axustaranse no ano 2010 ás seguintes regras:

a) Cando no 2009 foran iguais ou superiores ás establecidas nese ano para os cargos de directores xerais da Administración xeral terán unha redución do 3%, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

b) Cando no 2009 foran inferiores ás establecidas nese ano para os cargos de directores xerais da Administración xeral manterán a contía do 2009, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

c) No caso de que as retribucións resultantes da aplicación da regra anterior sexan superiores ás dos cargos de directores xerais da Administración xeral no ano 2010, reducirase proporcionalmente a súa contía, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

Seis.-Por proposta da persoa titular da consellaría á que se atopen adscritas, as retribucións iniciais das persoas titulares das presidencias e vicepresidencias, e, se é o caso, das direccións xerais das entidades ás que se refire a alínea anterior deste artigo, serán autorizadas, logo do informe conxunto da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Orzamentos, pola persoa titular da Consellería de Facenda.

Artigo 17º.-Complemento persoal.

O persoal funcionario designado para ocupar postos incluídos nos anexos de persoal dos orzamentos da Administración xeral e dos seus organismos autónomos que dea lugar á consideración de alto cargo e que no momento do seu nomeamento mantivese unha relación de servizo permanente, non contractual, con algunha administración pública non poderá percibir retribucións inferiores ás que tiña asignadas no posto de procedencia.

Cando se produza esa circunstancia, o persoal indicado terá dereito a percibir un complemento persoal equivalente á diferenza entre a totalidade dos conceptos retributivos, básicos e complementarios, do posto de orixe, con exclusión das gratificacións por servizos extraordinarios, en cómputo anual, e das retribucións do mesmo carácter que lle correspondan polo posto que ocupe na Administración autonómica galega.

O complemento indicado, que se percibirá ata o momento do cesamento no cargo, actualizarase, se é o caso, na mesma porcentaxe que corresponda ao incremento retributivo atribuído con carácter xeral na lei de orzamentos de cada exercicio.

A suma deste complemento coas retribucións totais e exclusivas que lle correspondan pola condición de alto cargo terá unha redución do 3% con respecto á resultante no 2009.

O recoñecemento do dereito á percepción deste complemento será realizado en cada caso pola Dirección Xeral da Función Pública.

Artigo 18º.-Retribucións das persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

As retribucións para o ano 2010 das persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia serán idénticas na súa contía ás establecidas para os postos con rango de dirección xeral, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

Artigo 19º.-Retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior.

Continúan vixentes para o ano 2010 as contías das retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior establecidas no artigo 18 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, sen prexuízo do dereito ás indemnizacións, axudas de custo e aplicación de coeficientes por razón de servizo que puideren corresponderlles por residencia no estranxeiro. Así mesmo, terán dereito a percibir os trienios que puideren ter recoñecidos como persoal funcionario e persoal ao servizo das administracións públicas.

Artigo 20º.-Retribucións do persoal funcionario da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público.

Un.-De conformidade co establecido no artigo 13º desta lei, as retribucións que percibirá no ano 2010 o persoal funcionario incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, que desempeñe postos de traballo para os que o Goberno da comunidade autónoma aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que lle correspondan ao grupo ou subgrupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala á que pertenza o persoal funcionario, de acordo coas contías reflectidas no artigo 13º.Dous desta lei referidas a doce mensualidades.

b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ao ano, percibiranse de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 1989. O importe de cada unha destas pagas será dunha mensualidade do soldo, trienios e complemento de destino.

Cando o persoal funcionario prestar unha xornada de traballo reducida durante os seis meses anteriores aos meses de xuño e decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente redución proporcional.

c) O complemento de destino correspondente ao nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

Ver referencia pdf "25300D001P006.PDF"

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos nos que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ao posto de traballo.

d) O complemento específico mensual que, se é o caso, estea fixado ao posto que se desempeñe experimentará na súa contía un incremento do 0,3% con respecto ao aprobado para o exercicio do ano 2009.

O complemento específico anual percibirase en catorce pagas iguais, das que doce serán de percibo mensual e dúas adicionais, do mesmo importe ca unha mensual, nos meses de xuño e decembro, respectivamente.

e) O complemento de produtividade que, se é o caso, se destine a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou a iniciativa con que o persoal funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 69.3.c) do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.

O complemento de produtividade establecerase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría correspondente e logo do informe das direccións xerais da Función Pública, de Avaliación e Reforma Administrativa e de Orzamentos, unha vez escoitados os órganos de representación do persoal. Os complementos de produtividade débense facer públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de produtividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servizos extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta do departamento correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servizos extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2010, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de produtividade nin as gratificacións por servizos extraordinarios para estes efectos.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ao producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, mesmo a que poida derivar do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista nos parágrafos anteriores, o incremento de retribucións de carácter xeral que se establece nesta lei só se computará no 50% do seu importe, entendendo que teñen este carácter o soldo, referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o específico.

Dous.-O persoal funcionario interino incluído no ámbito de aplicación da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, percibirá a totalidade das retribucións básicas, incluídos trienios e pagas extraordinarias, e a totalidade das retribucións complementarias que correspondan ao posto de traballo para o que sexa nomeado, excluídas as que estean vinculadas á condición de persoal funcionario de carreira.

Tres.-O complemento de produtividade poderá atribuírselle, se é o caso, ao persoal funcionario interino ao que se refire a alínea anterior, así como ao persoal laboral temporal e ao persoal funcionario en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ao persoal funcionario que desempeñe análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de persoal funcionario de carreira.

Artigo 21º.-Retribucións do persoal ao servizo das institucións sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Un.-En aplicación do previsto na disposición transitoria sexta. 1.a) da Lei 55/2003, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, o persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 20º.Un. a), b) e c) desta lei, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda.Dous do devandito real decreto lei e de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.

O importe das retribucións correspondentes ao complemento específico, ao complemento de atención continuada e mais ao complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade que, se é o caso, lle correspondan ao referido persoal experimentará o incremento do 0,3% respecto do importe aprobado para o exercicio de 2009.

A contía individual do complemento de produtividade determinarase conforme os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c), na disposición transitoria terceira do Real decreto lei 3/1987, no artigo 43.2 da Lei 55/2003 e nas demais normas ditadas para o seu desenvolvemento.

Dous.-As retribucións do restante persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde experimentarán o incremento previsto no artigo 13º desta lei.

Tres.-O complemento retributivo de carreira profesional rexerase pola súa normativa específica.

Catro.-Os requisitos para a modificación das retribucións do persoal ao que se refire este artigo serán os establecidos no artigo 25º desta lei.

Capítulo II

Outras disposicións en materia de réxime do persoal activo

Artigo 22º.-Prohibición de ingresos atípicos.

O persoal comprendido dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daquel sometido ao réxime de arancel, non poderá percibir ningunha participación nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á Administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servizo ou xurisdición, nin participación ou premio en multas impostas, aínda que estivesen normativamente atribuídas a eles. Deberá percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre gozo de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.

Artigo 23º.-Relacións de postos de traballo.

As relacións de postos de traballo vixentes o 1 de xaneiro do ano 2010 poderán ser obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións orzamentarias que se deducen do anexo de persoal desta lei, así como para axustalas á creación, de ser o caso, de prazas derivadas de declaracións xudiciais de indefinición laboral.

Se a persoa declarada laboral indefinida non estivese adscrita a un posto de traballo, este incluirase na relación de postos de traballo da consellaría ou do organismo afectados, de tal xeito que, unha vez modificada esta, a persoa afectada pola sentenza será adscrita ao posto de nova creación. Posteriormente, procederase á súa inmediata cobertura polo procedemento legal ou regulamentariamente previsto.

Artigo 24º.-Outras normas comúns.

Un.-Cando as retribucións percibidas no ano 2009 non se correspondan coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 16/2008, do 23 de decembro, e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, experimentarán no ano 2010 un incremento do 0,3% sobre as percibidas no ano anterior.

Dous.-Na Administración da comunidade autónoma, dos seus organismos autónomos e das súas axencias públicas, nos casos de adscrición durante o ano 2010 de persoal funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ao posto de traballo ao que se adscribe, o devandito persoal funcionario percibirá as retribucións que lle correspondan ao posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Dirección Xeral da Función Pública por proposta das consellarías interesadas.

Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Dirección Xeral da Función Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do persoal funcionario.

A Dirección Xeral da Función Pública comunicaralle estas autorizacións á Dirección Xeral de Orzamentos para o seu coñecemento.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ao persoal funcionario, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estes nos seus importes líquidos.

Artigo 25º.-Requisitos para a determinación ou a modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un.-Será necesario informe favorable emitido conxuntamente pola Dirección Xeral da Función Pública e pola Dirección Xeral de Orzamentos para determinar ou modificar as condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ao servizo de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da comunidade autónoma e os seus organismos autónomos.

c) As axencias públicas autonómicas.

d) As universidades de Galicia.

e) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da comunidade autónoma.

f) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

g) Os consorcios aos que se refire o artigo 48.1 g) do texto refundido da Lei de réxime financiero e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Dous.-Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2010, deberase solicitar da Consellería de Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que poidan contraerse como consecuencia dos devanditos pactos, e achegarase para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante o ano 2009.

Cando a consecuencia de convenios ou acordos colectivos resulte a obriga de recoñecementos de complementos persoais de carácter transitorio, deberá establecerse que estes complementos serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza nos exercicios sucesivos, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán o complemento de antigüidade, o complemento de produtividade nin as horas extraordinarias para estes efectos.

Para os efectos da absorción prevista no parágrafo anterior, o incremento de retribucións de carácter xeral que se establece nesta lei só se computará no 50% do seu importe.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo cuxas retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberánselle comunicar á Consellería de Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante o ano 2009.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe ao que se refire a alínea Un deste artigo.

Tres.-Para os efectos das alíneas anteriores, entenderanse por determinación ou modificación das condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) A determinación das retribucións dos postos de nova creación.

b) O asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados na alínea Un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

c) A aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

d) A fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

e) O outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

f) A determinación das retribucións correspondentes ao persoal contratado no exterior.

Catro.-Co fin de emitir o informe sinalado na alínea Un deste artigo, as consellarías, os organismos e os entes remitiranlles á Dirección Xeral da Función Pública e á Dirección Xeral de Orzamentos o correspondente proxecto, con carácter previo ao seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, xunto coa achega da valoración de todos os seus aspectos económicos.

Cinco.-O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 2010 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ao control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto nos artigos 14º e 15º desta lei.

Seis.-Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ao que determinen as futuras leis de orzamentos.

Sete.-Non se poderán autorizar gastos derivados da aplicación das retribucións para o ano 2010 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.

Artigo 26º.-Persoal de alta dirección dos organismos autónomos, das axencias públicas autonómicas, dos consorcios do sector público e das sociedades e fundacións públicas da comunidade autónoma.

Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non se poderán fixar indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.

Artigo 27º.-Contratación de persoal laboral de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos.

Un.-Os departamentos da Xunta de Galicia, os organismos autónomos e as axencias públicas autonómicas poderán formalizar durante o ano 2010 contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos, sempre que se dea a concorrencia dos seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servizos que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servizos correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

c) Que pola natureza das obras ou dos servizos non poidan ser executados por persoal fixo.

d) Que se refiran a obras e proxectos concretos.

Do cumprimento dos anteriores requisitos deberase deixar constancia no correspondente expediente de contratación.

Dous.-Os contratos teranse que formalizar seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Nos contratos farase constar a obra ou o servizo para cuxa realización se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puideren derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

O gasto xerado por estas contratacións, con excepción das suxeitas normativamente ao Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, así como o gasto que corresponda ás contratacións de persoal temporal dedicado á extinción de incendios forestais e ás contratacións de persoal temporal asociado a proxectos de investigación, imputaranse ao concepto correspondente do artigo 13º no programa e na consellaría da que se trate.

Tres.-A realización destes contratos será obxecto de fiscalización previa nos casos nos que esta resulte preceptiva, de conformidade co establecido nos artigos 94 a 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. A intervención delegada do departamento certificará, despois da proposta fundamentada do xestor, que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria que corresponda computado sempre na súa proxección anual.

Catro.-A contratación poderá exceder o exercicio orzamentario cando se trate de obras ou servizos que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Cinco.-O servizo xurídico do departamento ou organismo emitirá informe sobre os contratos con carácter previo á súa formalización, e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades exixidos pola lexislación laboral.

Seis.-Non se poderán realizar contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos sen autorización previa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Sete.-Os contratos que se iniciasen durante o exercicio de 1999 ou anteriores e que teñan unha data de finalización posterior ao 31 de decembro de 1999 poderán continuar imputándose ao capítulo VI do orzamento de gastos do correspondente departamento ata o seu termo.

Artigo 28º.-Nomeamento de profesorado interino a tempo parcial en centros docentes non universitarios.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá efectuar, nos centros docentes non universitarios, o nomeamento de profesorado interino con horarios de traballo inferiores aos establecidos con carácter xeral, que percibirá as retribucións básicas e complementarias de forma proporcional á xornada traballada.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria tratará de completar o horario docente do persoal interino, compartindo, de ser necesario, varios centros de ensino, para minimizar deste xeito o número de prazas ofertadas segundo o parágrafo anterior.

No caso de ser necesario o nomeamento para prazas a tempo parcial, daráselle preferencia para optar a estas ao profesorado que voluntariamente queira acceder a elas, sobre todo a aquelas persoas que aleguen necesidades de conciliación da vida familiar e laboral.

Artigo 29º.-Profesores e profesoras de corpos docentes.

Sen prexuízo do establecido con carácter xeral no artigo 74.5 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e en atención ás peculiaridades do persoal docente, recoñecidas polo artigo 1.2 do referido texto refundido, os profesores e as profesoras dos corpos docentes previstos no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán percibir ata o total das súas retribucións tanto básicas coma complementarias cando sexan autorizados para o gozo de licenzas por estudos durante o curso escolar, nos supostos, termos, prazos e condicións que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co informe favorable da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Orzamentos.

Artigo 30º.-Oferta de emprego público na Administración xeral e nos seus organismos autónomos e convocatoria de prazas na Administración institucional para o ano 2010.

Un.-Durante o ano 2010, o número total de prazas de novo ingreso do persoal do sector público ao que se refire a alínea Seis do artigo 13º desta lei será, como máximo, igual ao 15% da taxa de reposición de efectivos e concentrarase nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na comunidade autónoma. Dentro deste límite, a oferta de emprego incluirá todos os postos e as prazas desempeñados por persoal laboral contratado ou persoal interino nomeado, ao que se refire a alínea a) do punto 1 do artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, excepto aqueles sobre os que exista unha reserva do posto ou que estean incursos en procesos de provisión. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que

resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 10º desta lei.

A limitación á que se fai referencia na alínea Un deste artigo non será aplicable:

a) Á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en relación co número de prazas para o acceso ao corpo de persoal funcionario docente para o desenvolvemento da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ao Servizo Galego de Saúde en relación coa cobertura das correspondentes prazas nos seus hospitais e centros de saúde.

c) Ao persoal que teña encomendadas as funcións de xestión das políticas activas de emprego e das prestacións por desemprego.

Para a cobertura das prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios e ao persoal que teña encomendado o desenvolvemento da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, o límite máximo será do cen por cento da taxa de reposición de efectivos.

Dous.-O Consello da Xunta poderá autorizar, coa limitación establecida na alínea Un deste artigo, por proposta da Dirección Xeral da Función Pública ou, se é o caso, das consellarías competentes na materia e co informe favorable da Dirección Xeral de Orzamentos, a convocatoria das prazas vacantes.

Tres.-As convocatorias de prazas vacantes dos entes públicos aos que se refire o artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e das sociedades de carácter mercantil dependentes do ente público Compañía de Radio-Televisión de Galicia, deberán ser autorizadas pola Dirección Xeral da Función Pública e pola Dirección Xeral de Orzamentos.

Artigo 31º.-Contratación de persoal laboral temporal e nomeamento de persoal funcionario interino no ámbito da comunidade autónoma, nos seus organismos autónomos e nas axencias públicas autonómicas.

Un.-Durante o ano 2010 non se procederá á contratación de novo persoal laboral temporal nin ao nomeamento de persoal funcionario interino nos supostos recollidos nas letras a) e b) da alínea Un do artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no ámbito ao que se refiren as letras b) e c) da alínea Seis do artigo 13º desta lei, xa se trate de postos reservados nas relacións de postos de traballo a persoal laboral ou a persoal funcionario.

Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables:

a) O persoal docente, non docente e laboral de centros docentes.

b) O persoal dos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde.

c) O persoal de centros e residencias de servizos sociais.

d) O persoal adscrito ao servizo de defensa contra incendios forestais.

e) O persoal ao servizo da Administración de xustiza.

As ditas contratacións adecuaranse estritamente ás necesidades do servizo e terán como límite máximo as previsións orzamentarias establecidas para o efecto.

Excepcionalmente, poderán realizarse contratacións de persoal laboral temporal ou poderá nomearse persoal funcionario interino para a cobertura de postos vacantes, nos supostos recollidos na letra a) da alínea Un do artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, que xurdan ao longo do ano 2010, nas relacións de postos de traballo, logo da autorización conxunta da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Orzamentos. Para estes efectos o departamento solicitante deberá remitir unha memoria xustificativa de que a cobertura do posto resulta absolutamente imprescindible para o funcionamento do servizo.

Dous.-Durante o ano 2010 poderán atenderse os excesos ou as acumulacións de tarefas mediante a contratación temporal de persoal laboral e o nomeamento de persoal funcionario interino sen adscrición a praza, logo da autorización conxunta da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral de Orzamentos e de acordo cos límites que se establecen na letra a) da alínea Tres do artigo 9 desta lei. O gasto derivado destas contratacións imputarase necesariamente aos subconceptos 131.24, «Acumulacións de tarefas de persoal laboral temporal», e 120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente».

Tres.-Así mesmo, poderán acordarse as substitucións transitorias do persoal laboral, do persoal docente, do persoal que preste servizos en centros de asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde, do persoal non docente de centros de educación, do persoal veterinario que preste os seus servizos en matadoiros e lonxas ou nos servizos de sanidade e produción animal dependentes da Consellería do Medio Rural, do persoal administrativo que preste os seus servizos nas oficinas de rexistro unificadas da Administración da comunidade autónoma e do persoal que se atope en situación de permiso por parto, adopción ou acollemento, sempre dentro das limitacións orzamentarias previstas, e que cando unha vez valorada polos responsables de xestión a duración prevista da dita situación resulte absolutamente imprescindible para o funcionamento do servizo.

Artigo 32º.-Contratación de persoal temporal no ámbito da Administración institucional.

Un.-Durante o ano 2010 non se procederá á contratación de novo persoal temporal, no ámbito ao que se refiren as letras e) e f) da alínea Seis do artigo 13 desta lei, para a cobertura de postos vacantes que xurdan ao longo do ano 2010 nos cadros de persoal, salvo autorización conxunta da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Orzamentos, que se poderá conceder excepcionalmente tras a debida xustificación motivada da entidade solicitante de que a cobertura resulta absolutamente imprescindible para o funcionamento da entidade.

Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables:

a) O persoal adscrito ao servizo de defensa contra incendios forestais.

b) O persoal que preste servizo no ámbito das sociedades sanitarias e fundacións sanitarias.

Dous.-Para a realización de contratacións de persoal temporal na modalidade de obra ou servizo ou de acumulación de tarefas, no ámbito ao que se refiren as letras e) e f) da alínea Seis do artigo 13º desta lei, será preciso informe favorable emitido conxuntamente pola Dirección Xeral da Función Pública e pola Dirección Xeral de Orzamentos.

Para estes efectos deberá remitirse unha memoria xustificativa da necesidade da contratación solicitada e da adecuación da modalidade contractual. Así mesmo, incluirase unha memoria económica na que se valoren todos os aspectos económicos da solicitude e da forma de financiamento.

Artigo 33º.-Contratación doutro persoal.

Durante o ano 2010 as encomendas de xestión e convenios que lles realice a Administración da Xunta de Galicia ás entidades ás que se refiren as letras e) e f) da alínea Seis do artigo 13º desta lei non poderán supoñer a contratación de persoal temporal por parte das ditas entidades con cargo ás contías recibidas como contraprestación da realización das encomendas de xestión.

Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior as contratacións de persoal temporal que estiveren previstas no programa de actuación, investimento e financiamento.

Esta limitación non será aplicable a proxectos financiados con fondos finalistas do Estado e da Unión Europea.

Título III

Operacións de endebedamento e garantía

Capítulo I

Operacións de crédito

Artigo 34º.-Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano.

Un.-A posición neta debedora da comunidade autónoma incrementarase durante o ano 2010 nunha contía máxima de 1.521.813.000 euros, dos que 138.346.000 euros corresponden ao financiamento de investimentos en programas destinados a atender actuacións produtivas, segundo o previsto no artigo 3 da Lei orgánica 5/2001, do 13 de decembro, complementaria á Lei xeral de estabilidade orzamentaria, modificada pola Lei orgánica 3/2006, do 26 de maio.

Para estes efectos, tomarase a posición neta debedora de todos os organismos autónomos, sociedades mercantís e entidades de calquera condición que, conforme a normativa aplicable en materia de estabilidade orzamentaria, estean incluídos dentro do sector das administracións públicas e consoliden o seu endebedamento co da comunidade autónoma conforme as normas do Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais.

Co obxecto de optimizar a carga financeira global da comunidade autónoma, a posición neta debedora da Administración xeral poderá incrementarse coa finalidade de amortizar préstamos dos organismos, entes e sociedades indicados no parágrafo precedente, no mesmo importe que se amortice. Os ingresos derivados deste aumento de endebedamento deberán xerar créditos no capítulo VIII do orzamento de gastos da Administración xeral, e consecuentemente poderánselles outorgar préstamos polos mesmos importes ás entidades aludidas.

Dous.-A posición neta debedora será efectiva ao termo do exercicio, podendo ser excedida no curso deste, e quedará automaticamente revisada:

a) Polas desviacións que poidan xurdir entre as previsións de ingresos contidas nesta lei e a súa evolución real.

b) Nas contías necesarias para financiar as adquisicións de activos financeiros con destino a suxeitos non comprendidos no punto 1.c) do artigo 2 do Real decreto lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria, que poidan xurdir ao longo do exercicio.

c) Na contía necesaria para a adquisición de activos financeiros por parte do Instituto Galego de Promoción Económica, por un importe máximo de 175.000.000 euros. Ese posible maior endebedamento debe estar destinado á adquisición de activos financeiros de suxeitos non comprendidos no mencionado punto 1.c) do artigo 2 do Real decreto lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria.

d) Nas contías asumidas en concepto de débeda polas variacións na composición do sector da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, en termos do Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais, como consecuencia de que entes que estaban nel considerados pasan a deixar de estalo ou viceversa.

e) Na contía máxima do endebedamento autorizado nas leis de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia dos catro últimos exercicios que non fose utilizado, sempre que estea dentro dos límites establecidos nos programas de endebedamento acordados co Ministerio de Economía e Facenda.

f) Polos anticipos reintegrables ou préstamos concertados con outras administracións públicas para o financiamento de investimentos incluídos en plans ou programas conxuntos.

g) Polos importes adicionais que se amparen nos acordos do Consello de Política Fiscal e Financeira en materia de endebedamento.

Tres.-Autorízase a persoa titular da Consellería de Facenda para formalizar as operacións de endebedamento ás que se refire este artigo. A formalización poderá realizarse de maneira fraccionada, en función das necesidades de financiamento da comunidade autónoma. Estas operacións poderán instrumentarse mediante a emisión de débeda pública, a concertación de créditos ou calquera outro instrumento financeiro dispoñible no mercado.

Igualmente se faculta para converter ou renegociar as operacións de endebedamento xa formalizadas, co obxecto de conseguir a xestión máis adecuada do conxunto do endebedamento da comunidade autónoma.

Artigo 35º.-Débeda da tesouraría.

Un.-A comunidade autónoma, para a atención de necesidades da Administración xeral, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesouraría, por prazo inferior a un ano, conforme o disposto no artigo 31 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura no orzamento da Administración xeral como ingresos correntes incondicionados, entendendo como tal a suma dos capítulos I, II e III e o concepto 400, agás o subconcepto 05.

Dous.-Autorízase a persoa titular da Consellería de Facenda a determinar as condicións concretas e a formalizar estas operacións de crédito ou emisión de débeda pública, en calquera das súas modalidades.

Artigo 36º.-Outras operacións financeiras.

A formalización de calquera operación de carácter financeiro a medio ou longo prazo non referida nos artigos precedentes, como instrumentos de leasing, factoring e outros, por parte dos departamentos da Administración xeral e de calquera das entidades ás que fai referencia o artigo 48.1 do texto refundido da Lei de réxime financiero e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, cando o seu importe acumulado exceda os 200.0000 euros, deberá contar coa correspondente autorización da Consellería de Facenda, a través da dirección xeral competente en materia de política financeira, para efectos de acadar o financiamento máis apropiado e as mellores condicións en cada caso.

Artigo 37º.-Endebedamento dos organismos autónomos, das sociedades públicas e demais entidades que están clasificadas como administración pública.

Un.-As entidades ás que fai referencia o artigo 48.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como calquera outra entidade incluída no sector de sociedades non financeiras dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesouraría, con prazo de reembolso non superior a un ano, cun límite máximo do 10% da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación. A superación dese límite deberá ser autorizada pola Consellería de Facenda.

Independentemente do anterior, o saldo vivo o 31 de decembro de 2010 non poderá superar por estas operacións o saldo vivo o 31 de decembro do exercicio anterior, agás autorización expresa da Consellería de Facenda.

Dous.-Para concertar, renovar ou modificar as condicións de financiamento de calquera tipo de operacións de endebedamento a longo prazo ou de cobertura sobre elas, as entidades ás que fai referencia o artigo 48.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como calquera outra entidade incluída no sector de sociedades non financeiras dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán conseguir a autorización previa da Consellería de Facenda.

Tres.-O endebedamento autorizado ao Instituto Galego de Promoción Económica no punto Dous do artigo 34º terá por obxecto o financiamento de actividades que lle son propias e, consecuentemente, outorgará préstamos, directamente ou a través de entidades financeiras, a pequenas e medianas empresas. O importe autorizado poderá ser disposto nunha ou en sucesivas operacións, sen que en ningún caso o importe acumulado disposto sexa superior ao importe global dos préstamos outorgados e dispostos ás pequenas e medianas empresas.

Catro.-Autorízase o Instituto Galego de Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ao financiamento de actuacións en materia de vivenda, sen que se poida establecer ningún tipo de cláusula da que derive responsabilidade do referido instituto logo de realizada a subrogación.

O importe dos créditos hipotecarios vivos no ano 2010 non poderá superar en ningún caso os 24.000.000 de euros. Non obstante, o volume da débeda viva na fin do exercicio non excederá o do 31 de decembro do ano anterior, agás con autorización expresa da Consellería de Facenda.

Cinco.-O réxime de autorización establecido nos puntos anteriores realizarase a través da dirección xeral competente en materia de política financeira, que asesorará as mencionadas entidades nas distintas operacións financeiras co obxecto de elixir o instrumento máis apropiado, obter as mellores condicións dos mercados financeiros e conseguir unha mellor administración do conxunto do endebedamento da comunidade autónoma.

Co mesmo fin, as mencionadas entidades dependentes da comunidade autónoma deberán remitirlle á Consellería de Facenda, a través da referida dirección xeral, nos primeiros quince días de cada trimestre, e de conformidade coas instrucións que esta estableza, a seguinte información relativa á fin do trimestre inmediato anterior:

a) Detalle da situación de endebedamento, desagregando cada operación financeira.

b) Detalle das operacións financeiras activas.

Capítulo II

Afianzamento por aval

Artigo 38º.-Avais.

Un.-Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, o importe máximo dos avais que a Xunta de Galicia poderá conceder durante o ano 2010 será de 30.000.000 de euros.

Consonte o disposto no artigo 45 do mesmo texto legal, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá conceder, durante o ano 2010, avais en contía que non supere en ningún momento o saldo efectivo vixente de 500.000.000 euros.

Co obxecto de atender proxectos de axuda ao desenvolvemento no exterior, e dentro do saldo indicado no parágrafo anterior, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá avalar operacións de crédito ata 30.000.000 de euros.

Por cada operación de aval e por cada liña ou programa de avais dotarase unha provisión para atender posibles falidos na contía que determine a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, ben en relación co importe da operación individual, ben en consideración ao montante total da liña ou do programa. O importe destas provisións destinarase ao Fondo de Garantía de Avais de acordo co sinalado na letra k) do artigo 8º desta lei.

Dous.-O Consello da Xunta, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda, poderá acordar, logo da petición fundada dos interesados á consellaría correspondente, e por instancia desta, o inexercicio das accións de regreso que ao abeiro do artigo 10.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, lle corresponden á comunidade autónoma como consecuencia da prestación por aquel de avais ou contraavais, cando, de se faceren efectivas aquelas, afectar grave ou substancialmente o mantemento da capacidade produtiva ou do nivel de emprego ou de renda de calquera dos sectores ou subsectores básicos da economía galega.

Título IV

Xestión orzamentaria

Capítulo único

Dos procedementos de xestión orzamentaria

Artigo 39º.-Intervención limitada.

Un.-A contía á que se refire o artigo 97.1.a) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, queda establecida no importe fixado para ter a consideración de contratos menores de subministración na lexislación reguladora da contratación do sector público.

Dous.-Con independencia do establecido no artigo 97.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non estarán sometidas a intervención previa as modificacións nos contratos administrativos especiais de transporte escolar producidas como consecuencia de cambios nas rutas, sempre que a súa contía non supere o 20% do prezo do contrato/día que se vai modificar nin que o importe anual que represente a modificación supere os 18.000 €.

Malia o indicado no parágrafo anterior, a Intervención Delegada da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobará, antes da fiscalización do primeiro pagamento, o cumprimento de todos os requisitos exixidos para autorizar e comprometer o gasto.

Artigo 40º.-Fiscalización das operacións de endebedamento da comunidade autónoma.

A intervención previa dos procedementos de contratación de operacións de endebedamento da comunidade autónoma realizarase no momento procesual inmediatamente anterior ao compromiso que se adquire coa sinatura do contrato, e comprobarase o cumprimento de todos os requisitos exixidos para aprobar e comprometer o gasto.

Artigo 41º.-Fiscalización de nomeamentos ou de contratos para substitución de persoal.

A fiscalización de nomeamentos e de contratos para substitucións de persoal por razóns de necesidade e de urxencia conxuntural realizarase con carácter previo á alta en nómina, mediante a verificación da adecuación do proceso de selección coa normativa vixente e da existencia de nomeamento ou de contrato, así como de crédito adecuado e suficiente.

Artigo 42º.-Identificación dos proxectos de investimento.

As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 43º.-Autorización do Consello da Xunta para a tramitación de determinados expedientes de gastos.

Requirirá autorización por parte do Consello da Xunta a tramitación de expedientes de contratación e de encomendas de xestión cando o valor estimado ou o importe do gasto, respectivamente, sexa superior a 4.000.000 euros.

A tramitación de expedientes que comporte a modificación de convenios que fosen previamente autorizados polo Consello da Xunta requirirá autorización do mesmo órgano. Non obstante, non será precisa esta autorización cando a modificación non supoña unha alteración do obxecto nin comporte incremento do importe total ou no número de exercicios orzamentarios, sempre que a distribución do importe correspondente a cada exercicio respecte os límites aos que fai referencia o artigo 58.3 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Logo de obterse a autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ao órgano de contratación do departamento, organismo autónomo, axencia pública autonómica, sociedade ou fundación pública que xestione o crédito.

Artigo 44º.-Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.

Con carácter xeral, as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 2010 a Administración xeral da comunidade autónoma, os seus organismos autónomos, as entidades de dereito público previstas no artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, as axencias públicas, fundacións e consorcios non poderán referenciarse por riba da evolución do índice de prezos ao consumo de Galicia. Igualmente, as revisións de prezos e tarifas que afecten a concertos ou convenios xa subscritos non poderán experimentar un incremento superior ao do IPC galego do anterior exercicio.

Excepcionalmente, por causas plenamente xustificadas ou por alteracións das condicións dos concertos ou convenios, a persoa titular da Consellería de Facenda, por proposta do departamento correspondente, poderá autorizar a inclusión de cláusulas de revisión por contía diferente á indicada no parágrafo anterior.

Artigo 45º.-Transferencias de financiamento.

Un.-Teñen a consideración de transferencias de financiamento as achegas en diñeiro nominativas a favor dos organismos e das entidades vinculadas ou dependentes da Administración da comunidade autónoma destinadas a financiar global ou parcialmente a súa actividade con carácter indiferenciado.

Dous.-As achegas de natureza corrente deberán librarse con carácter mensual por doceavas partes, agás que mediante convenio se regule outro réxime diferente de pagamento. Este convenio deberá someterse a informe da Consellería de Facenda sobre a adecuación do réxime de libramento proposto ao ritmo de execución do gasto corrente da entidade.

Os convenios que, de ser o caso, estiveren vixentes á entrada en vigor desta lei deberán ser revisados nos tres primeiros meses do exercicio para os efectos de axustarse ao disposto neste artigo.

Tres.-As achegas de capital libraranse atendendo ao ritmo de execución do gasto de capital da entidade.

Catro.-Os convenios que se formalicen para regular o réxime de libramentos das transferencias de financiamento non precisarán de autorización previa do Consello da Xunta de Galicia.

Cinco.-A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma verificará a correcta aplicación destas achegas mediante o uso das técnicas de fiscalización e auditoría previstas no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e nas normas que a desenvolven.

Artigo 46º.-Subvencións nominativas.

Un.-Teñen a consideración de subvencións nominativas aquelas nas que a dotación orzamentaria e o beneficiario individualizado polo nome ou razón social aparecen determinados expresamente no estado de gastos dos orzamentos da comunidade autónoma.

Dous.-Non poderán incrementarse os créditos previstos nesta lei para subvencións nominativas.

Tres.-Os convenios nos que se estableza a concesión de subvencións nominativas regularán así mesmo o réxime de xustificación, pagamentos e anticipos que, se é o caso, se poidan librar. Estes convenios só necesitarán a autorización previa do Consello da Xunta cando de xeito excepcional, logo da xustificación da súa ineludible necesidade, prevexan un anticipo superior aos permitidos no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 47º.-Concesión directa de axudas e subvencións.

A resolución de concesión de subvencións correntes que con carácter excepcional se realicen ao abeiro do disposto nos artigos 19.4.c) e 26.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requirirá autorización do Consello da Xunta cando a súa contía supere o importe de 6.010 euros por beneficiario e ano, ou as concedidas por cada departamento da Administración autonómica excedan globalmente os 60.100 euros no exercicio, exceptuadas as que vaian ser formalizadas mediante convenio ou instrumento bilateral, ás que lles será aplicable o réxime xeral previsto no artigo 26.3 da dita Lei 9/2007. Os importes elevaranse a 12.000 euros e 120.300 euros, respectivamente, para a sección 04, servizo 10, Secretaría Xeral da Presidencia.

Artigo 48º.-Obrigas dos/as beneficiarios/as das axudas e subvencións.

Un.-Quedan exentos/as de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou ser debedor/a por resolución de procedencia de reintegro, os/as beneficiarios/as das subvencións seguintes:

a) As outorgadas a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus organismos autónomos, entes públicos, sociedades públicas, fundacións e demais entes vinculados ou dependentes da Xunta de Galicia que deban exercer a súa actividade con suxeición ás normas de dereito público.

b) As outorgadas a favor dos órganos estatutarios de Galicia.

c) As libradas a favor da Administración do Estado, dos seus organismos autónomos e das entidades públicas dela dependentes, así como dos órganos constitucionais.

d) As libradas a favor doutras comunidades autónomas, dos seus organismos autónomos e das entidades públicas delas dependentes.

e) As outorgadas a favor das universidades.

f) As outorgadas a favor das corporacións locais e dos seus organismos autónomos.

g) As bolsas e axudas destinadas expresamente a financiar estudos en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.

h) As subvencións con cargo aos créditos orzamentarios do capítulo IV, «Transferencias correntes», destinadas a familias e institucións sen fins de lucro.

i) As que non superen os 3.000 euros individualmente e se concedan con cargo aos créditos orzamentarios do capítulo VII, «Transferencias de capital», destinadas a familias e institucións sen fins de lucro.

j) Aquelas axudas ou subvencións nas que, por concorreren circunstancias debidamente xustificadas, derivadas da natureza, do réxime ou da contía da subvención, así se estableza mediante orde da consellaría competente en materia de economía e facenda.

k) As subvencións destinadas a financiar proxectos ou programas de acción social e cooperación internacional que se concedan a entidades sen fins lucrativos, así como a federacións, confederacións ou agrupacións delas.

l) As subvencións ou axudas que se concedan con cargo ao artigo 77 do orzamento de gastos, cando non superen por beneficiario/a e axuda o importe de 1.500 euros.

m) As concedidas aos/ás beneficiarios/as para a mellora da condición de financiamento que se paguen a través das entidades financeiras correspondentes.

n) As axudas que se concedan para incentivar a contratación de seguros no sector agrario e acuícola, amparados no Plan de seguros agrarios combinados.

ñ) As axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnizatorio.

Dous.-Quedan exceptuados da obriga de presentación de garantías que establece o artigo 67 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, do 13 de xuño, os centros tecnolóxicos que sexan recoñecidos como tales pola consellaría competente en materia de investigación, desenvolvemento e innovación.

Artigo 49º.-Pagamento de axudas e subvencións.

O pagamento, mediante aboamentos mensuais, das bolsas que se concedan a persoas físicas beneficiarias directas, destinadas expresamente a financiar estudos e investigación en centros públicos ou privados, poderá efectuarse de forma anticipada, con suxeición ao establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 50º.-Convocatorias de axudas e subvencións.

O prazo de presentación de solicitudes de concesión de subvencións establecidas nas correspondentes convocatorias conforme o establecido no artigo 20.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso será inferior a un mes. O prazo indicado non será aplicable cando a convocatoria veña prefixada por unha normativa de carácter estatal ou comunitario.

Artigo 51º.-Expedientes de dotación artística.

Á entrada en vigor desta lei, o 80% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo Fondo de Compensación Interterritorial nin con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea nin con fondos propios que cofinancien, será obxecto de retención e transferido seguidamente á Consellería de Cultura e Turismo para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.

A transferencia indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa devandita Lei 12/1991 lles corresponde aos traballos de dotación artística, e non lle serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e na alínea Sete do artigo 9º desta lei.

Artigo 52º.-Módulo económico de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados.

Un.-De acordo co establecido nas alíneas segunda e terceira do artigo 117 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o importe do módulo económico por unidade escolar, para efectos de distribución da contía global dos fondos públicos destinados ao sostemento dos centros concertados para o ano 2010, é o fixado no anexo 2 desta lei.

Dous.-As retribucións de persoal docente terán efectividade desde o 1 de xaneiro de 2010, sen prexuízo da data na que se asinen as táboas salariais para o ano 2010 do V Convenio colectivo de empresas de ensinanza privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos, e a Administración autonómica pode aceptar pagamentos a conta, logo da solicitude expresa e coincidente de todas as organizacións patronais e da consulta coas sindicais, ata o momento no que se produza o asinamento das correspondentes táboas, considerándose que estes pagamentos a conta terán efecto a partir do 1 de xaneiro de 2010.

As contías sinaladas para salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais, serán aboadas directamente pola Administración, mediante pagamento delegado, sen prexuízo da relación laboral entre o profesorado e o titular do centro respectivo. A distribución dos importes que integran os «Gastos variables» efectuarase de acordo co establecido nas disposicións reguladoras do réxime de concertos.

Os compoñentes do módulo destinado a «Outros gastos» e «Persoal complementario» terán efectos a partir do 1 de xaneiro de 2010.

As contías correspondentes ao módulo de «Outros gastos» aboaranse mensualmente, e os centros poden xustificar a súa aplicación ao rematar o correspondente exercicio económico de forma conxunta para todas as ensinanzas concertadas do centro.

As contías correspondentes ao módulo de «Persoal complementario» tamén se aboarán mensualmente, e os centros deberán xustificar estes importes ao remate do exercicio económico e separadamente do módulo de «Outros gastos».

Tres.-Os centros que impartan os catro cursos da educación secundaria obrigatoria serán dotados do financiamento dos servizos de orientación educativa. Esta dotación realizarase sobre a base de calcular o equivalente a unha xornada completa do profesional axeitado a estas funcións, en función do número de unidades de educación secundaria obrigatoria que teña concertadas o centro e ata un máximo de vinte e cinco horas por centro. Os custos do orientador/a, que se incluirán na nómina de pagamento delegado do centro, serán os correspondentes ao salario, gastos variables e complemento retributivo segundo o establecido nos módulos económicos por unidade escolar do primeiro e segundo curso ou do terceiro e cuarto de educación secundaria obrigatoria, respectivamente.

Catro.-Facúltase o Consello da Xunta para fixar as relacións profesor/unidade concertadas adecuadas para impartir o plan de estudos vixente en cada nivel obxecto do concerto, calculadas con base nas xornadas de profesor con vinte e cinco horas semanais. Así mesmo, tamén se autoriza o Consello da Xunta para modificar os módulos económicos fixados no anexo 2 desta lei, en aplicación das melloras que se aproben para o ensino concertado en 2010 e dentro das dispoñibilidades orzamentarias.

A Administración non asumirá os incrementos retributivos, as reducións horarias ou calquera outra circunstancia que conduza a superar o previsto nos módulos económicos do anexo 2 desta lei, agás os derivados dos acordos sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa prevista na Resolución do 28 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación do V Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.

Cinco.-A relación profesor/unidade dos centros concertados poderá ser incrementada en función do número total de profesores afectados polas medidas de recolocación que se viñesen adoptando ata o momento da entrada en vigor desta lei e se atopen na nómina de pagamento delegado.

Título V

Corporacións locais

Capítulo único

Financiamento e cooperación económica coas corporacións locais

Artigo 53º.-Créditos asignados ás corporacións locais.

O montante total dos créditos que se lles asignan ás corporacións locais nos estados de gastos que se detallan no artigo 2 desta lei, derivados da súa participación nos tributos do Estado, do Fondo de Cooperación Local, do Fondo Extraordinario de Investimentos e da subscrición de convenios e da concesión de subvencións, ascende a 1.227.795.651 euros, coa distribución funcional que figura no anexo 3.

Artigo 54º.-Participación das corporacións locais nos tributos do Estado.

O crédito orzamentario inicial destinado ao pagamento das entregas a conta correspondentes aos concellos e ás deputacións provinciais pola súa participación nos tributos do Estado ascende a 801.000.000 euros.

Artigo 55º.-Fondo de Cooperación Local.

Un.-A achega da Xunta de Galicia, con recursos propios, ao financiamento das entidades locais farase efectiva a través do Fondo de Cooperación Local, como instrumento de participación específico daquelas nos tributos da comunidade autónoma.

Dous.-Conforme o indicado na disposición adicional oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, a porcentaxe, debidamente homoxeneizada, de participación do Fondo de Cooperación Local na recadación líquida dos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da Administración xeral queda establecida no 2,8573925% para o exercicio de 2010.

Esa porcentaxe desagrégase da forma seguinte:

-Un 1,8945459% corresponde a un fondo principal que será obxecto de distribución entre todos os municipios de Galicia.

-Un 0,3599439% corresponde ao fondo adicional establecido na disposición adicional sexta da Lei 13/2004, do 29 de decembro, para a súa distribución entre os concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes.

-Un 0,6029027% asígnaselle ao fondo complementario establecido nos artigos 49.Dous da Lei 7/2005, do 29 de decembro; 47.Tres da Lei 14/2006, do 28 de decembro; 52.Tres da Lei 16/2007, do 26 de decembro; e 55.2 da Lei 16/2008, do 23 de decembro.

Tres.-Polo que respecta aos fondos principal e adicional mencionados na alínea Dous deste artigo, os criterios de distribución continuarán sendo, mentres non sexan modificados pola Comisión Galega de Cooperación Local, os establecidos no Decreto 5/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Fondo de Cooperación Local durante o período 2002-2004, e esténdense ao ano 2010 as referencias incluídas na citada disposición sobre o ano 2004.

En canto á distribución do fondo complementario, continuarán aplicándose, mentres non sexan modificados pola Comisión Galega de Cooperación Local, os criterios establecidos no Decreto 197/2006, do 19 de outubro, polo que se regula a distribución do fondo complementario do Fondo de Cooperación Local para o ano 2006.

Catro.-A cantidade que, en concepto de entrega a conta, recibirá cada concello, como consecuencia da aplicación do disposto nas alíneas anteriores, non poderá ser inferior ao resultado de aplicar unha redución do 16,03% nas cantidades que recibiu no 2009 como entregas a conta pola súa participación nos fondos principal e adicional, e unha redución do 16,87% polas correspondentes ao fondo complementario.

As cantidades necesarias para dar cumprimento ao sinalado nesta alínea detraeranse das participacións correspondentes a cada concello nos respectivos fondos, co límite da súa propia participación no ano 2009.

Cinco.-A comunidade autónoma poderá reter das cantidades que lles correspondan aos concellos como participación no Fondo de Cooperación Local, para a súa posterior compensación, o importe das débedas firmes, líquidas e exixibles, contraídas polos concellos coa comunidade autónoma, cos seus organismos autónomos, coas axencias públicas autonómicas e coas entidades de dereito público da comunidade autónoma que non teñan que adecuar por lei a súa actividade ao ordenamento xurídico privado.

Artigo 56º.-Fondo extraordinario de apoio aos concellos.

Un.-Con carácter exclusivo para o ano 2010 constitúese un fondo extraordinario por importe total de 18.309.079 euros que se destinará á realización de gastos de investimento e do que serán beneficiarios todos os concellos galegos.

Non obstante, se, á vista das súas previsións de ingresos correntes, un concello considerase necesario dedicar parte ou a totalidade da cantidade que lle correspondese con cargo a este fondo extraordinario para atender os seus gastos correntes poderá facelo, logo da comunicación desta circunstancia ao centro directivo xestor do fondo, con anterioridade ao 31 de decembro de 2010.

Dous.-A cantidade que cada concello recibirá en concepto de participación neste fondo extraordinario será igual á diferenza entre a cantidade total que lle corresponde como entregas a conta pola súa participación no Fondo de Cooperación Local do ano 2009 e a que resulte da aplicación do sinalado no artigo 55º desta lei.

Tres.-A xestión deste fondo extraordinario corresponderalle á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e realizarase pola dirección xeral competente en materia de administración local.

Catro.-Polo xestor do fondo transferiránselles aos concellos as cantidades que lles corresponden pola súa participación, mediante catro entregas do mesmo importe que se realizarán no segundo mes de cada trimestre natural.

Artigo 57º.-Transferencias derivadas de convenios ou subvencións.

As transferencias ás entidades locais de Galicia derivadas da subscrición de convenios ou da concesión de subvencións, que figuran recollidas nos diferentes programas dos estados de gastos que se detallan no artigo 2º desta lei, ascenden a 306.217.187 euros, coa distribución funcional que figura no anexo 3.

Título VI

Normas tributarias

Capítulo I

Tributos propios

Artigo 58º.-Taxas.

Un.-Continúan en vigor as contías das tarifas das taxas exixibles á entrada en vigor desta lei segundo as disposicións contidas no artigo 57 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

Exceptúanse aquelas tarifas que experimenten algunha modificación na alínea Dous deste artigo.

Dous.-Introdúcense as seguintes modificacións na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da comunidade autónoma de Galicia, na súa redacción vixente:

1) Modifícase o punto 5 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«5. A inscrición nas convocatorias para a selección de persoal da Comunidade Autónoma, logo da xustificación documental, solicitada por:

-Persoas con minusvalía igual ou superior ao 33%.

-Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. No caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%.

-Persoas que figuraren como demandantes de emprego desde, polo menos, o mes anterior á data de convocatoria de probas selectivas de persoal convocadas para a selección de persoal da comunidade autónoma nas que soliciten a súa participación. Serán requisitos para o gozo da exención que, no prazo do que se trate, non rexeitasen oferta de emprego adecuado nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional».

2) Modifícase o artigo 40, que queda redactado como segue:

«Artigo 40º.-Bonificacións e exencións.

1. Estarán exentos da tarifa 01, contida no anexo 5, os suxeitos pasivos que teñan a condición de institucións e corporacións públicas ou sen ánimo de lucro cando a actividade que desempeñen no inmoble non leve aparellada unha utilidade económica ou, aínda existindo a dita utilidade, a utilización ou o aproveitamento entrañe as condicións ou contraprestacións para o beneficiario que anulen ou fagan irrelevante aquela.

Para o recoñecemento desta exención abondará con que se faga unha declaración responsable do cumprimento dos requisitos sinalados no parágrafo anterior e se achegue a xustificación adecuada xunto coa solicitude do permiso de ocupación temporal, da concesión ou de calquera outra autorización. A exención entenderase concedida con carácter provisional e condicionada ao cumprimento, durante todo o tempo que dure a utilización privativa, o aproveitamento especial ou a ocupación do dominio público, dos requisitos exixibles.

2. Á tarifa 02, contida no anexo 5, seranlle aplicables as bonificacións e exencións que se relacionan a seguir:

a) Cando os suxeitos pasivos realicen investimentos en obras de recheo, consolidación ou mellora de terreos. A contía da bonificación determinarase en función do investimento realizado, de conformidade coa escala que se estableza regulamentariamente, atendendo ao tipo de obra e ao seu custo, e non poderá exceder do 50% da contía correspondente á ocupación das augas do porto ou, de ser o caso, dos terreos.

b) Cando o obxecto da concesión consista na urbanización e comercialización de zonas de almacenaxe e de actividades loxísticas, a contía de bonificación determinarase en función do investimento privado realizado, de conformidade coa escala que se estableza regulamentariamente, atendendo ao tipo de obra e ao seu custo, e non poderá exceder do 40% da contía correspondente á ocupación de terreos. Esta bonificación non se poderá aplicar durante un período superior ao establecido para a finalización de cada fase de urbanización no título concesional.

c) Cando o titular da concesión ou autorización sexa algún órgano das administracións públicas e o obxecto destas sexan actividades de interese social e cultural. O importe desta bonificación será do 50% da contía correspondente á ocupación de terreos.

d) Cando a ocupación do dominio público portuario teña por destino a construción e/ou a explotación de lonxas coas súas correspondentes cámaras de frío, fábricas de xeo, vestiarios, naves de redes e de almacenaxe de caixas, para o sector pesqueiro e marisqueiro, aínda cando estas instalacións estean situadas en naves de usos múltiples, a contía da taxa terá unha bonificación do 90%.

e) Nas concesións ou autorizacións de dominio público portuario outorgadas a entidades náuticas ou culturais sen ánimo de lucro para actividades de ensinanza da náutica deportiva ou de conservación ou recuperación de embarcacións tradicionais terá unha bonificación do 90% no que se refire exclusivamente a estas actividades, sempre que non sexan obxecto de explotación económica.

f) Cando a ocupación do dominio público teña por destino a construción ou explotación de naves destinadas a aloxar medios mecánicos, vehículos non particulares asignados a confrarías e/ou asociacións do sector pesqueiro e marisqueiro, así como as instalacións dedicadas a aulas de formación náutico-pesqueira e aos seus fins sociais. O importe da bonificación será do 90%.

g) Cando a ocupación do dominio público portuario teña por destino a explotación de superficies destinadas a varadoiro para embarcacións profesionais do sector pesqueiro e/ou marisqueiro. O importe da bonificación será do 50%.

h) Estarán exentos do pagamento da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio portuario:

-Os órganos e as entidades das administracións públicas cando estean directamente relacionados con actividades de vixilancia, de represión do contrabando, de protección civil de salvamento e de loita contra a contaminación mariña ou coa defensa nacional.

-As corporacións locais cando se trate de actividades encadradas entre as súas finalidades públicas e estas non sexan obxecto de explotación económica.

i) A Cruz Vermella Española está exenta do pagamento da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público portuario respecto das actividades marítimas propias que esta institución ten encomendadas.

Por orde da consellaría competente en materia de portos e por proposta do ente público Portos de Galicia concretaranse as condicións, as escalas e os criterios necesarios para a aplicación das bonificacións previstas nos anteriores supostos, partindo dos elementos esenciais contidos nestes».

3) Modifícase o punto 2 da disposición adicional segunda, que queda redactado como segue:

«2. A tarifa portuaria X-5, contida no punto 99 do anexo 3 e aplicable ás embarcacións deportivas e de lecer, terá unha redución do 30% nos portos situados na comarca da Costa da Morte.

Esta redución aplicarase de oficio e será acumulable ás demais reducións e bonificacións xerais establecidas nas regras xerais de aplicación desta taxa».

4) Modifícase a subalínea 01 da alínea 20 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«01. Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOXSE e dos seus duplicados:

Ver referencia pdf "25300D001P006.PDF"

6) Modifícase a subalínea 02 da alínea 43 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«02. Expedición do carné acreditativo da habilitación como profesional da tradución xurada e inscrición no rexistro oficial correspondente: 20,81 €».

7) Modifícase a subalínea 03 da alínea 43 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«03. Expedición do carné acreditativo da habilitación como profesional da interpretación xurada e inscrición no rexistro oficial correspondente: 20,81 €».

8) Modifícase a subalínea 04 da alínea 43 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«04. Expedición do carné acreditativo da habilitación como profesional da tradución e da interpretación xurada e inscrición no rexistro oficial correspondente: 31,21 €».

9) Modifícase a alínea 46 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«46. Actuacións en materia de fundacións e colexios profesionais».

10) Modifícase a subalínea 01 da alínea 46 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«01. Inscrición inicial no rexistro (fundacións, colexios, consellos, delegacións): 35,38 €».

11) Modifícase a subalínea 05 da alínea 46 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«05. Inscrición de fusión, escisión e extinción: 17,71 €».

12) Modifícase a subalínea 07 da alínea 46 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«07. Inscrición de accións de responsabilidade contra os membros do órgano de goberno: 17,71€».

13) Suprímese a subalínea 08 da alínea 46 do anexo 1.

14) Modifícase a subalínea 09 da alínea 46 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«09. Inscrición de intervencións temporais: 17,71 €».

15) Modifícase a subalínea 10 da alínea 46 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«10. Outros actos sometidos a inscrición: 7,47 €».

16) Modifícase a subalínea 12 da alínea 46 do anexo 1, que queda redactada como segue:

«12. Expedición de listaxes de entidades inscritas:

-Primeiro folio: 3,54 €.

-Seguintes folios (por unidade): 1,75 €».

17) Engádeselle a subalínea 29 á alínea 07 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«29. Actuacións en materia de protección de animais utilizados para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia:

01 Inscrición no rexistro de centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación: 150 €.

02 Autorización previa e expresa de procedementos realizados con animais de experimentación incluídos no anexo XI do Real decreto 1021/2005: 100 €.

03 Autorización a centros usuarios de animais de experimentación de exención da creación do Comité Ético de Benestar Animal: 100 €.

04 Expedición do certificado oficial de competencia en materia de protección de animais utilizados para experimentación e outros fins científicos: 5 €».

18) Engádeselle a subalínea 30 á alínea 07 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«30. Autorización de exención de tratamento contra a varroose en explotacións apícolas pertencentes a entidades incluídas nun programa experimental ou proxecto de investigación: 50 €».

19) Engádeselle a subalínea 31 á alínea 07 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«31. Autorización de laboratorio para a realización de autocontrois nos programas sanitarios de vixilancia e control de salmonela nas explotacións gandeiras.

01 Autorización inicial: 200 €.

02 Renovación: 50 €».

20) Modifícase a subalínea 02 da alínea 11 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«02. Autorización, catalogación e rexistro de actividades de oficinas de farmacia que elaboren fórmulas maxistrais e preparados oficinais para dispensar na propia oficina de farmacia ou con destino a outras oficinas e servizos de farmacia:

-Primeira autorización: 190,79 €.

-Modificacións da primeira autorización: 4,87 €».

21) Modifícase a subalínea 10 da alínea 12 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«10. Autorización de entidades para impartir programas de formación de persoal aplicador de tatuaxes, micropigmentación e piercing, e de aparellos de bronceado.

-Primeira autorización: 135,80 €.

-Renovación da autorización: 56,59 €».

22) Modifícase a subalínea 01 da alínea 14 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«01. Autorización previa de instalación ou modificación:

a) Fase de estudo e informe do proxecto de instalación ou modificación:

-Hospitais e balnearios: 238,45 €.

-Centros de saúde, centros de reprodución humana asistida, centros de interrupción voluntaria do embarazo, centros de cirurxía maior ambulatoria e centros de diálise: 190,79 €.

-Oficinas de farmacia: 585,13 €.

-Boticas anexas de medicamentos e produtos sanitarios: 146,32 €.

-Servizos farmacéuticos de explotacións gandeiras, comerciais retallistas e boticas anexas de urxencia: 139,60 €.

b) Fase de estudo e informe do proxecto para o traslado e a transmisión de:

-Oficinas de farmacia: 292,57 €.

c) Fase de estudo do proxecto para o peche ou supresión de:

-Oficinas de farmacia: 146,32 €».

23) Modifícase a subalínea 02 da alínea 14 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«02. Autorización de funcionamento ou traslado para centros que precisan autorización de instalación.

Hospitais, centros de saúde, centros de reprodución humana asistida, centros de interrupción voluntaria do embarazo, centros de cirurxía maior ambulatoria e centros de diálise e balnearios: 95,46 €».

24) Modifícase a subalínea 04 da alínea 14 do anexo 2, quedando redactada como segue:

«04. Solicitudes polas que se inste a resolución que autorice a apertura dunha nova oficina de farmacia nun municipio ou núcleo (Decreto 146/2001, do 7 de xuño): 39,02 €».

25) Modifícase a subalínea 06 da alínea 14 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«06. Autorización de modificacións dos centros, servizos e establecementos regulados polo Decreto 12/2009.

Modificación da titularidade: 95,46 €.

Modificación da estrutura e modificación na oferta asistencial: 185,28 €».

26) Modifícase a subalínea 07 da alínea 14 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«07. Autorizacións de funcionamento para centros que non precisan autorización de instalación e para servizos e establecementos:

Autorización de funcionamento ou traslado para centros que non precisan autorización de instalación e para servizos e establecementos: 185,28 €.

Autorización de funcionamento dos servizos sanitarios en espectáculos públicos e actividades temporais: 95,46 €».

27) Modifícase a subalínea 08 da alínea 14 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«08. Renovación da autorización de centros, servizos e establecementos: 92,64 €».

28) Modifícase a alínea 16 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«16. Acreditacións de centros sanitarios.

01 Acreditación de centros para a práctica legal da interrupción voluntaria do embarazo: 190,79 €.

02 Acreditación de centros hospitalarios: 589,50 €».

29) Modifícase a subalínea 02 da alínea 17 do anexo 2, que queda redactada como segue:

«02. Renovación da autorización ou acreditación: 95,46 €».

30) Engádeselle a alínea 50 ao anexo 2, coa seguinte redacción:

«50. Inscricións no Rexistro de Certificacións de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia.

01 Certificados de eficiencia enerxética do proxecto para vivenda unifamiliar: 5 € + 0,08 € por m2 de superficie construída.

02 Certificados de eficiencia enerxética do edificio terminado para vivenda unifamiliar: 5 € + 0,08 € por m2 de superficie construída.

03 Certificados de eficiencia enerxética do proxecto para edificios de vivenda: 5 € + 0,04 € por m2 de superficie construída.

04 Certificados de eficiencia enerxética do edificio terminado para edificios de vivenda: 5 € + 0,04 € por m2 de superficie construída.

05 Certificados de eficiencia enerxética do proxecto para edificios destinados a outros usos (non residenciais): 5 € + 0,05 € por m2 de superficie construída.

06 Certificados de eficiencia enerxética do edificio terminado para edificios destinados a outros usos (non residenciais): 5 € + 0,05 € por m2 de superficie construída».

31) Modifícase a alínea 26 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«26. Verificación de instrumentos de medida, como consecuencia de reclamación de parte:

01 Verificación realizada por un laboratorio de verificación metrolóxica ou por unha entidade encargada de realizar o control metrolóxico na fase de instrumentos en servizo, por instrumento: 10 €.

02 Verificación de contadores eléctricos realizada directamente pola Administración, incluídos desprazamentos e realización dos ensaios, por instrumento: 83 €.

03 Verificación de contadores de auga fría de menos de 40 mm de diámetro, con caudais comprendidos entre 0,0125 m3/hora e 20 m3/hora, realizada directamente pola Administración, incluídos desprazamentos e realización dos ensaios, por instrumento: 73 €.

04 Verificación de contadores de gas de paredes deformables G1.6 a G10 e caudais de 16 litros/hora ata 16 m3/hora realizada directamente pola Administración, incluídos desprazamentos e realización dos ensaios, por instrumento: 92 €».

32) Modifícase a alínea 63 do anexo 3, que queda redactada como segue:

«63. Dirección de contratos de servizo en materia de augas.

A base impoñible será o importe de execución material de cada unha das certificacións expedidas polo servizo. O tipo de gravame será do 4%».

33) Modifícanse a alínea I das regras xerais de aplicación e as definicións contidas na alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como segue:

«I. Porto e zona de servizos portuarios.

1. Enténdese por porto o conxunto de augas abrigadas natural ou artificialmente, os espazos terrestres contiguos a elas e as obras, infraestruturas e instalacións necesarias para levar a cabo operacións propias das actividades ás que se destinarán.

2. A instalación portuaria é o conxunto de obras e infraestruturas que, sen chegar a dispoñer dos requisitos e da consideración de porto, se sitúan no litoral, e cuxa construción non esixe obras de abrigo ou de atracada de carácter fixo e non supón alteración substancial do medio físico onde se localiza, tales como embarcadoiros, varadoiros, ancoradoiros e outras similares.

3. Nos portos e instalacións portuarias de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia delimitarase unha zona de servizo, na que se incluirán os espazos, superficies e lámina de auga necesarios para a execución das actividades portuarias, así como os terreos de reserva que garantan a posibilidade de desenvolvemento ou de ampliación da actividade portuaria.

4. Augas do porto é a área marítima ou fluvial na que se poden levar a cabo operacións de ancoraxe, varada ou outras comerciais ou portuarias.

As augas do porto subdividiranse en dúas zonas:

Zona I ou interior das augas portuarias, que abranguerá os espazos incluídos dentro dos diques de abrigo e das zonas necesarias para as manobras de atracada e de revirada onde non existan aqueles.

Zona II ou exterior das augas portuarias, que abranguerá as zonas de entrada, manobra e posible ancoraxe, subsidiarias do porto correspondente e suxeitas só ao control tarifario.

5. Enténdese por dársena o espazo portuario de auga abrigada no que se realizan actividades e manobras marítimas, e que está destinado ao uso portuario predominante.

6. Enténdese por canal de navegación a zona de auga abrigada coa profundidade suficiente para facer viable a navegación ata a entrada ou saída do porto.

7. Zona de fondeo é a superficie de auga incluída na zona de servizo do respectivo porto, abrigada total ou parcialmente de forma natural ou artificial, que permite a ancoraxe e a permanencia das embarcacións en certas condicións de seguridade.

8. As augas marítimas e interiores e os terreos de dominio público marítimo-terrestre ocupados polo porto teñen a consideración de bens adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia».

34) Modifícanse as regras cuarta e oitava da tarifa X-1, contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Cuarta.-A contía básica desta tarifa será de 7,833061 € por cada 100 unidades de arqueo bruto ou fracción, por cada período de vinte e catro horas ou fracción, coa aplicación das seguintes porcentaxes:

-Para buques de ata 3.000 GT: o 90% da contía base da tarifa.

-Para buques entre 3.001 GT e 6.000 GT: o 100% da contía base da tarifa.

-Para buques de máis de 6.000 GT: o 110% da contía base da tarifa.

Reducións ou bonificacións.

1. Por estadías curtas:

Por períodos de tempo inferiores ás seis horas aplicarase unha redución do 50% da contía da tarifa.

2. Por tipo de navegación:

Aos buques que realicen navegación interior ou de cabotaxe aplicaráselles unha redución do 50% da contía da tarifa. Esta redución pode ser acumulada coa da alínea 1 anterior.

Aos buques de bandeira dun país da Unión Europea rexistrados en territorio da mesma Unión Europea que efectúen navegación entre portos da Unión Europea poderáselles aplicar unha redución do 50% da contía da tarifa. Esta redución non pode ser acumulada coa do parágrafo anterior, pero si coa da alínea 1.

Cando polo tipo de navegación de entrada ao porto se teña dereito a unha tarifa reducida distinta da correspondente á aplicable polo tipo de navegación de saída aplicarase a semisuma de ambas as dúas.

3. Por arribada forzosa:

A contía da tarifa que se lles debe aplicar aos buques que entren nos portos en arribada forzosa será a metade da que lles correspondería de aplicar esta regra, sempre e cando non utilicen ningún dos servizos de Portos de Galicia ou de particulares, agás as peticións de servizos que teñan por obxecto a protección das vidas humanas no mar.

4. Por cruceiros turísticos:

Aos barcos de pasaxeiros que realicen cruceiros turísticos aplicaráselles a tarifa correspondente, cunha redución do 30%».

«Oitava.-Pola estadía e o uso prolongado das augas portuarias aplicaranse as seguintes contías:

a) Buque en construción: o 50% da contía da tarifa.

b) Buque en reparación: o 50% da contía da tarifa.

c) Buque pesqueiro: o 25% da contía da tarifa.

d) Buque para desmantelamento: o 75% da tarifa o primeiro ano.

e) Buque en depósito xudicial:

-A partir do 6º mes, o 50% da contía da tarifa.

-A partir do 12º mes, o 25% da contía da tarifa.

As contías b) e c) e, por outro lado, as contías c) e d) son acumulables entre elas.

Para que esta tarifa lle sexa aplicada a un buque será condición indispensable que previamente se formule a correspondente declaración perante a dirección do porto e que esta dea a súa conformidade».

35) Modifícanse as regras terceira, décimo cuarta e décimo quinta da tarifa X-2, contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Terceira.-As bases para a liquidación desta tarifa serán a eslora máxima do barco, o calado do peirao e o tempo que o barco permaneza na atracada ou no amarre.

Nos supostos de que un buque transporte calquera tipo de mercadoría perigosa e, como consecuencia diso, sexa necesario dispoñer dunhas zonas de seguridade a proa e/ou a popa, considerarase como base, para efectos da tarifa, a eslora máxima do barco incrementada na lonxitude das mencionadas zonas.

A contía básica desta tarifa é de 0,978515 € por cada metro de eslora ou fracción e por cada período de vinte e catro horas ou fracción que permaneza atracado ou amarrado, cos seguintes coeficientes por calado do peirao medido en B.M.V.E.:

-Por calado do peirao igual ou maior a 7 metros, coeficiente = 1.

-Por calado do peirao inferior aos 7 metros, coeficiente = 0,5.

Reducións ou bonificacións.

1. Por estadías curtas:

Por períodos de tempo inferiores ás seis horas aplicarase unha redución do 50% da contía da tarifa».

«Décimo cuarta.-Pola estadía e polo uso prolongado das instalacións de atracada portuarias e polas instalacións flotantes, aplicaranse as seguintes contías:

a) Buque en construción: o 50% da contía da tarifa.

b) Buque en reparación: o 50% da contía da tarifa.

c) Buque pesqueiro: o 25% da contía da tarifa.

d) Buque para desmantelamento: o 75% da tarifa o primeiro ano.

e) Buque en depósito xudicial:

-A partir do 6º mes, o 50% da contía da tarifa.

-A partir do 12º mes, o 25% da contía da tarifa.

As contías b) e c) e, por outro lado, as contías c) e d) son acumulables entre elas.

Para que esta tarifa lle sexa aplicada a un buque será condición indispensable que previamente se formule a correspondente declaración perante a dirección do porto e que esta dea a súa conformidade».

«Décimo quinta.-As embarcacións destinadas ao servizo da acuicultura que atraquen habitualmente en peiraos habilitados para o efecto pagarán mensualmente quince veces o importe diario que lles correspondería ao aplicar a tarifa xeral. Cando estas embarcacións dispoñan dunha praza reservada para o seu uso exclusivo en peiraos ou embarcadoiros, a tarifa aplicable será a que lle corresponda por aplicación da regra terceira para a totalidade do período autorizado, independentemente das entradas, saídas ou días de ausencia de atracada.

Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais para a liquidación desta tarifa coas embarcacións citadas nesta regra, cunha redución adicional do 90% na contía da tarifa. As embarcacións deberán pertencer a unha asociación profesional do sector, e o concerto establecerase en función do período e da ocupación da liña de atracada».

36) Modifícanse as regras quinta, novena e décima da tarifa X-3, contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Quinta.-A contía da tarifa de pasaxeiros será a seguinte:

Ver referencia pdf "25300D001P006.PDF"

As mercadorías que exclusivamente se embarquen terán unha bonificación do 30% na base da tarifa.

Ás mercadorías que sexan transbordadas aplicaráselles esta tarifa cunha bonificación do 50% na súa contía en cada unha das operacións.

Ás mercadorías que realicen tránsito marítimo ou terrestre non se lles aplicará ningunha variación con respecto ás contías das tarifas de embarque e desembarque.

Para partidas cun peso total inferior a unha tonelada métrica a contía será, por cada 200 quilogramos ou fracción en exceso, a quinta parte da que correspondería pagar por unha tonelada.

Para os efectos desta regra entenderanse como partida as mercadorías incluídas en cada liña dun mesmo sinalamento de embarque».

«Décima.-Cando a mercadoría obxecto da tarifa sexa mexillón procedente de bateas, aboará a tarifa correspondente, aínda que Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais cos propietarios de acordo co disposto a seguir:

As bateas clasificaranse en tres tipos, dependendo da súa produción anual:

-Tipo A: bateas de produción reducida.

-Tipo B: bateas de produción media.

-Tipo C: bateas de produción elevada.

Os importes da tarifa anual por bateas serán os seguintes:

-Tipo A: 203,848363 €.

-Tipo B: 232,969545 €.

-Tipo C: 262,090739 €.

A clasificación das bateas segundo os tres tipos utilizados será establecida polo ente público Portos de Galicia, e para o importe da tarifa anual do tipo que corresponda terase en conta que non sexa inferior ao que resultaría de multiplicar a produción media anual estimada da batea pola contía da tarifa xeral do grupo de mercadorías correspondente.

Neste concerto poderase establecer unha redución da contía da tarifa do 90%, dependendo do número de bateas e mais do volume de descargas no porto».

37) Modifícanse as regras quinta e décimo primeira da tarifa X-4, contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Quinta.-A tarifa queda fixada no 1,75% da base establecida na condición terceira. As cantidades debidas serán esixibles no momento no que se efectúe a liquidación».

«Décimo primeira.-A tarifa aplicable aos produtos da pesca será o dobre das sinaladas nas condicións anteriores nos casos de:

a) Ocultación de cantidades na declaración, no manifesto ou no documento de transporte, ou no atraso na súa presentación.

b) Inexactitude, con falseamento das especies, das calidades ou dos prezos resultantes das poxas.

c) Ocultación ou inexactitude nos nomes dos compradores.

Esta recarga non repercutirá no comprador».

38) Modifícanse as regras primeira, sexta, sétima e oitava da tarifa X-5, contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Primeira.-Esta tarifa abrangue a utilización, polas embarcacións deportivas ou de lecer, polas embarcacións tradicionais e polos seus tripulantes e pasaxeiros, das augas do porto e das súas instalacións de balizamento, das axudas á navegación, das bacías, dos accesos terrestres e vías de circulación dos portos e, de ser o caso, das instalacións de ancoraxe e atracada en peiraos ou embarcadoiros, así como dos servizos específicos dispoñibles».

«Sexta.-A contía da tarifa estará composta polos seguintes conceptos:

a) Pola utilización das augas dos portos e mais das instalacións portuarias.

b) Polos servizos utilizados de atracada, ancoraxe ou estadía en seco de embarcacións.

c) Pola dispoñibilidade doutros servizos específicos.

O importe da tarifa X-5 será o resultado da suma dos conceptos a), b) e c) indicados anteriormente que lle sexan aplicables en función dos servizos prestados.

A contía dos conceptos dos que se compón a tarifa X-5, por metro cadrado arredondado por exceso e por día natural ou fracción, será a seguinte:

a) Pola utilización das augas do porto e mais das instalacións portuarias:

Zona I: 0,036729 euros.

Zona II: 0,022037 euros.

b) Polos servizos utilizados de atracada, ancoraxe ou estadía en seco de embarcacións:

1. Atracada en punta: 0,040400 euros.

2. Atracada de costado: 0,101002 euros.

3. Atracada a banqueta ou dique: 0,020201 euros.

4. Ancoraxe: 0,040400 euros.

5. Embarcacións en seco: 0,085701 euros.

c) Pola dispoñibilidade doutros servizos específicos:

1. Por cada finger en cada posto de atracada: 0,017139 euros.

2. Por brazo de amarre ou por tren de ancoraxe para amarre por popa de embarcacións atracadas: 0,008570 euros.

3. Toma de auga: 0,006121 euros.

4. Toma de enerxía eléctrica: 0,006121 euros.

Cando polo organismo portuario se acouten especificamente zonas do porto para ancoraxe ou depósito de embarcacións deportivas, as contías dos puntos 4 e 5 do concepto b) terán unha bonificación do 50%, sempre que previamente se soliciten os correspondentes servizos a Portos de Galicia.

As contías dos conceptos a), b) e c) para as embarcacións de paso no porto serán as anteriormente indicadas multiplicadas por 1,5.

As contías dos conceptos a), b) e c) para as embarcacións tradicionais serán as anteriormente indicadas cunha bonificación do 90%.

Enténdese por ancoraxe a dispoñibilidade dunha superficie de espello de auga destinada para tal fin e debidamente autorizada.

Enténdese por atracada en punta a dispoñibilidade dun elemento de amarre fixo a un embarcadoiro, un peirao, unha banqueta ou un dique que permita fixar un dos extremos (proa ou popa) da embarcación.

Enténdese por embarcación en seco aquela que permaneza nas instalacións portuarias, fóra da lámina de auga, tanto en estadía transitoria non dedicada á invernada coma en estadías prolongadas en zonas habilitadas para tal fin.

Enténdese por dispoñibilidade dos servizos de auga e enerxía, dos puntos 3 e 4 do concepto c), a existencia nas proximidades do punto de atracada, en peirao ou embarcadoiro, de tomas de subministración de auga ou enerxía, con independencia do aboamento da tarifa E-3 que lle sexa aplicable polos consumos efectuados».

«Sétima.-O aboamento da tarifa da regra sexta farase:

a) Para embarcacións de paso no porto, por adiantado á chegada e polos días de estadía que declaren. Se este prazo tivese que ser superado, o suxeito pasivo terá que formular nova petición e aboar de novo, por adiantado, o importe inherente ao prazo prorrogado.

b) Para embarcacións con base no porto, por semestres adiantados, dando lugar o devandito aboamento adiantado a unha redución do 20% do importe da tarifa que lle sexa aplicable. A domiciliación bancaria poderá ser esixida por Portos de Galicia de consideralo conveniente para a xestión tarifaria das instalacións.

Enténdese por embarcación con base no porto, para os únicos efectos da aplicación desta tarifa, aquela que teña autorizada a prestación do servizo de atracada ou ancoraxe por un período dun ou máis semestres. O resto das embarcacións serán consideradas como de paso no porto.

Para embarcacións con base no porto o importe da tarifa aplicable será polo período completo autorizado, independentemente das entradas, das saídas ou dos días de ausencia da embarcación, mentres teña asignado o posto de atracada ou ancoraxe.

As embarcacións que teñan base nun porto dependente de Portos de Galicia estarán exentas do pagamento da tarifa diaria aplicable a embarcacións de paso durante as súas estadías noutros portos dependentes de Portos de Galicia, sempre e cando a praza asignada no porto base quede libre no mesmo período de tempo. Noutro caso gozarán dun 50% de desconto sobre a citada tarifa diaria.

Para os efectos da aplicación da exención contida no parágrafo anterior, entenderase que unha praza asignada no porto base queda libre cando o seu titular non vaia empregala durante un prazo mínimo dun mes e o período no que quede libre lle sexa comunicado a Portos de Galicia por escrito.

A baixa como embarcación de base producirá efectos fronte a Portos de Galicia desde o semestre natural seguinte ao da solicitude de baixa».

«Oitava.-Ás embarcacións con base no porto aplicaráselles unha redución do 25% da tarifa que lles resulte aplicable no período considerado como temporada baixa, que é o comprendido entre o 1 de novembro e o 30 de abril. Esta regra non lles será aplicable ás embarcacións atracadas ou ancoradas en instalacións propias de concesión.

Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais para a liquidación desta tarifa coas asociacións sen ánimo de lucro con embarcacións deportivas ou de lecer en propiedade dos socios, cunha redución adicional do 50% na contía da tarifa. Os concertos estableceranse en función do tipo de embarcación, das dimensións da praza e das actividades culturais e deportivas desenvolvidas pola entidade que se relacionen coas embarcacións».

39) Modifícanse as regras novena e décimo primeira da tarifa E-1, contida na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Novena.-Estas tarifas son aplicables exclusivamente a servizos prestados en días laborables dentro da xornada ordinaria que estableza para estas actividades Portos de Galicia. Os servizos prestados fóra da xornada ordinaria e todos os días festivos facturaranse cunha recarga do 25%. No caso dos días festivos, facturarase un mínimo de dúas horas».

«Décimo primeira.-Con carácter xeral, as contías da tarifa por hora de utilización do guindastre serán as seguintes:

Ver referencia pdf "25300D001P006.PDF"

Na zona de almacenamento situada a máis de 35 m do cantil do peirao dos portos incluídos nos grupos A e B aplicarase a tarifa do grupo inmediato inferior correspondente.

Aos elementos mecánicos tales como guindastres ou cintas móbiles, que ocupen superficie descuberta e que sirvan de apoio ás operacións de carga e descarga de mercadorías de toda índole realizadas por vía marítima, que deban estar na zona de manobra e tránsito con carácter fixo ou eventual, seranlles aplicables as contías definidas no cadro anterior para a zona de almacenamento en superficie descuberta aplicada ao grupo correspondente e á superficie ocupada polo aparello e a súa zona de manobra.

En ocupacións de superficies cubertas que dispoñan de varios andares, a tarifa aplicable, segundo o cadro anterior, será o sumatorio de cada un dos andares, aplicando o 100% dela para a planta baixa e o 50% para os andares primeiro e seguintes, considerando en cada caso a superficie útil correspondente.

Na ocupación de tubaxes, canalizacións ou instalacións soterradas xerais do porto, a tarifa será o 50% do que lle correspondería segundo os cadros anteriores, agás que o seu uso impida a utilización da superficie exterior. Neste caso a tarifa sería a indicada nesta regra para a superficie descuberta. A superficie que se considera para canalizacións será a da proxección horizontal da tubaxe ou instalación da que se trate, cunha superficie mínima de 0,5 m2 por cada metro lineal de canalización.

As contías da tarifa para as ocupacións de superficie destinadas a usos non relacionados directamente coas actividades portuarias serán, expresadas en euros, as seguintes:

Ver referencia pdf "25300D001P006.PDF"

A ocupación da superficie para actividades non portuarias, que se realizan sen periodicidade temporal e cunha duración máxima de quince días, poderá ter unha bonificación máxima do 50%. Os concertos estableceranse en función da duración da actividade, do seu interese municipal e do seu beneficio nos usuarios do porto».

41) Modifícanse as regras terceira, cuarta e quinta da tarifa E-3, contida na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Terceira.-A base para a liquidación da tarifa será o número de unidades fornecidas e, de ser o caso, a potencia eléctrica da instalación».

«Cuarta.-As contías da tarifa por subministración de auga potable serán as seguintes:

-Por metro cúbico de auga ou fracción subministrada a través das tomas propiedade de Portos de Galicia: 1,019049 €.

-Por metro cúbico de auga ou fracción subministrada nas restantes instalacións: 0,611430 €.

A facturación mínima, tanto no primeiro caso coma no segundo caso, será de 3,840155 €».

«Quinta.-As contías da tarifa por subministración de enerxía eléctrica serán as seguintes:

-Por kWh ou fracción subministrada a través das tomas propiedade de Portos de Galicia: 0,331849 €. A facturación mínima será de 3,840155 €.

-As contías da taxa para as restantes instalacións serán fixadas por decreto por proposta de Portos de Galicia e logo do informe da consellaría competente en materia de facenda, tendo en conta o disposto na Lei 17/2007, do 4 de xullo, pola que se modifica a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 485/2009, do 3 de abril, polo que se regula a posta en marcha da subministración do último recurso no sector da enerxía eléctrica, e na Orde ITC/1659/2009, do 22 de xuño, pola que se establece o mecanismo de traspaso dos clientes do mercado a tarifa á subministración do último recurso de enerxía eléctrica e o procedemento de cálculo e estrutura das tarifas do último recurso de enerxía eléctrica, e demais lexislación de aplicación nesta materia.

As contías da taxa e a facturación mínima estableceranse en función da potencia da instalación da que se trate e dos kWh subministrados por Portos de Galicia, de tal maneira que a facturación final da taxa será igual á facturación final que a empresa comercializadora correspondente aplicaría a Portos de Galicia para a instalación en cuestión, incrementada nunha porcentaxe comprendida entre o 2% e o 10%, dependendo a dita porcentaxe da potencia da instalación e do consumo efectuado.

En tanto non se publique o mencionado decreto, a contía da taxa será de 0,199109 € por kWh ou fracción subministrada, e a facturación mínima mensual será un 10% superior á mínima mensual que lle aplicaría a empresa comercializadora a Portos de Galicia para a instalación da que se trate.

Cando se realice a subministración en media tensión, aplicaráselles a todas as contías correspondentes a esta tarifa unha redución do 20%».

42) Modifícanse as regras novena, décima e décimo primeira da tarifa E-4, contida na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, que quedan redactadas como se transcribe a seguir:

«Novena.-As contías da tarifa por aparcamento nas zonas sinaladas expresamente para este fin serán as seguintes:

-Por cada hora ou fracción, ata un máximo de doce horas:

b) Vehículos lixeiros: 0,256011 €.

c) Camións e remolques: 0,512020 €.

-Por cada período de vinte e catro horas ou fraccións superiores a doce horas:

b) Vehículos lixeiros: 3,072122 €.

c) Camións e remolques: 6,144243 €.

Prohíbese o aparcamento nas zonas non sinalizadas expresamente para este fin.

Prohíbese o aparcamento dos vehículos alleos ás actividades portuarias, agás autorización expresa en cada caso das autoridades do porto. Naqueles casos nos que se conceda a autorización, de se tratar de vehículos lixeiros, camións ou remolques, aplicarase a tarifa dobre da indicada anteriormente, e, de se tratar de autobuses, aplicarase a tarifa tripla da indicada anteriormente para camións e remolques.

Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais para a liquidación desta tarifa cos concellos, cunha redución adicional do 50% na contía da tarifa. Os concertos estableceranse en función do tipo de servizo, do seu interese e da compatibilidade cos usos portuarios».

«Décima.-As contías da tarifa por utilización dos servizos de báscula serán as seguintes:

Por pesada: 1,443900 €.

Tara dun vehículo: 0,727070 €.

Os servizos prestados fóra da xornada ordinaria ou en días festivos terán a recarga do 100%».

«Décimo primeira.-As contías da tarifa por utilización das instalacións para a reparación de embarcacións nos varadoiros serán as seguintes:

a) As contías da tarifa por izada ou baixada da embarcación dos varadoiros serán as seguintes:

Embarcacións de ata 50 t: 0,495152 € por cada metro de eslora ou fracción.

Embarcacións de máis de 50 t e ata 150 t: 0,246870 € por cada tonelada ou fracción.

Embarcacións de máis de 150 t: 0,382682 € por cada tonelada ou fracción.

b) As contías da tarifa por día de estadía ou fracción nos varadoiros serán as seguintes:

Embarcacións de ata 50 t: 0,246870 € por cada metro de eslora ou fracción.

Embarcacións de máis de 50 t e ata 150 t: 0,125204 € por cada tonelada ou fracción.

Embarcacións de máis de 150 t: 0,246870 € por cada tonelada ou fracción.

Para as embarcacións incluídas nos dous últimos grupos (embarcacións de máis de 50 t), a tarifa incrementarase nun 50% por cada semana de estadía continuada nos varadoiros. Esta porcentaxe aplicarase cada vez sobre a tarifa acumulada correspondente á semana anterior.

c) A contía da tarifa por día de utilización ou fracción das ramplas do varadoiro será de 0,485443 € por cada metro de eslora ou fracción (aplicables unicamente a embarcacións con cuberta)».

43) Modifícase a alínea 01 do anexo 5, que queda redactada como segue:

«01. Dominio público en xeral.

Con carácter xeral, e agás que exista tarifa específica, a contía da taxa que se debe satisfacer será a que resulte de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame correspondente.

Nos supostos de utilización privativa ou ocupación do dominio público, constitúe a base impoñible o valor de mercado do ben ou bens de dominio público obxecto daquela. Para estes efectos, tomarase como valor de mercado o valor actualizado do ben ou dos bens segundo o Inventario Xeral dos Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta a superficie ocupada e a súa situación no inmoble, de ser o caso. Esta base actualizarase anualmente na mesma proporción que a variación interanual experimentada polo índice xeral dos prezos ao consumo para o conxunto nacional total (IPC) que correspondera e será efectiva a partir de cada 1 de xaneiro. No título habilitante da utilización privativa ou ocupación especificarase cal é o valor de mercado no primeiro ano da súa vixencia e cal será o mes de cálculo da variación do IPC que se empregue para a súa actualización anual.

Nos supostos de aproveitamento especial do dominio público, constitúe a base impoñible a utilidade derivada daquel.

O tipo de gravame aplicable nos supostos de utilización privativa ou ocupación do dominio público fixarase por decreto, por proposta da consellaría á que estean adscritos os bens, logo do informe favorable da consellaría competente en materia de facenda. O tipo de gravame non poderá ser inferior a un 2% nin superior a un 6%. Na memoria económica que se achegue deberanse xustificar adecuadamente os criterios empregados para a determinación dos tipos de gravame, e poderanse ter en conta, entre outros, a relevancia e a conexión cos fins propios do órgano ao que estea adscrito o dominio público, o predominio deses fins ou de fins económicos na actividade desenvolvida ou o grao de utilidade pública derivada da utilización privativa ou da ocupación do dominio público.

Cando se utilicen procedementos de licitación pública, o tipo de gravame da taxa virá determinado pola suma de dous compoñentes:

a) A porcentaxe vixente no momento do devengo.

b) A mellora determinada polo adxudicatario na proposición sobre a que se realiza a concesión, expresada en puntos porcentuais.

O tipo de gravame aplicable nos supostos de aproveitamento especial será do 100%».

44) Modifícase a redacción do derradeiro parágrafo da letra c) do punto 1, contido na alínea 02 do anexo 5, que queda redactado como segue:

«1. Os criterios para o cálculo do valor das obras e instalacións e do valor da súa depreciación aprobaraos o Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, por proposta do seu presidente, e serán publicados no Diario Oficial de Galicia».

45) Modifícase a redacción do primeiro parágrafo do punto 3, contido na alínea 02 do anexo 5, que queda como segue:

«3. Para a determinación do valor dos terreos e das augas do porto, o Consello de Administración do ente público Portos de Galicia aprobará, por proposta do seu presidente, a correspondente valoración da zona de servizo do porto, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, de acordo co seguinte procedemento».

Artigo 59º.-Canon de saneamento.

Mantéñense as modificacións realizadas nas alíneas 1 e 8 do artigo 40 da Lei 8/1993, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, polo artigo 58 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2009.

Capítulo II

Tributos cedidos

Artigo 60º.-Imposto sobre sucesións e doazóns.

Con efectos do 1 de xaneiro de 2010 e vixencia indefinida introdúcense as seguintes modificacións na Lei 9/2008, do 28 xullo, galega de medidas tributarias en relación co imposto sobre sucesións e doazóns.

Un.-Modifícase o artigo 6, que quedará redactado da seguinte maneira:

«Artigo 6º.-Redución pola adquisición de explotacións agrarias e elementos afectos.

1. Nos casos en que na base impoñible dunha adquisición mortis causa estea incluído o valor dunha explotación agraria situada en Galicia ou de dereitos de usufruto sobre esta, practicarase unha redución do 99% do mencionado valor cando concorran as circunstancias seguintes:

a) Que na data de devengo, o causante ou o seu cónxuxe teñan a condición de agricultor/a profesional.

b) Que a adquisición corresponda ao cónxuxe, descendentes ou adoptados, ascendentes ou adoptantes e colaterais, por consanguinidade ata o terceiro grao inclusive, do causante.

c) Que a persoa adquirente manteña no seu patrimonio a explotación agraria durante os cinco anos seguintes ao devengo do imposto, agás que dentro do devandito prazo faleza a persoa adquirente ou transmita a explotación en virtude de pacto sucesorio conforme o previsto na Lei de dereito civil de Galicia.

d) Que a explotación agraria viñese exercendo, efectivamente, actividades agrarias durante un período superior aos dous anos anteriores ao devengo do imposto.

2. Cando na base impoñible dunha adquisición mortis causa estea incluído o valor de elementos dunha explotación agraria situada en Galicia ou de dereitos de usufruto sobre estes practicarase unha redución do 99% do mencionado valor cando concorran as circunstancias seguintes:

a) Que a adquisición corresponda ao cónxuxe, descendentes ou adoptados, ascendentes ou adoptantes e colaterais, por consanguinidade ata o terceiro grao inclusive, do causante.

b) Que na data de devengo as persoas adquirentes ou os seus cónxuxes teñan a condición de agricultor/a profesional en canto á dedicación de traballo e procedencia de rendas e sexan ben titulares dunha explotación agraria á cal estean afectos os elementos que se transmiten ou ben socios/as dunha sociedade agraria de transformación, cooperativa de explotación comunitaria da terra ou sociedade civil que sexa titular dunha explotación agraria á que estean afectos os elementos que se transmiten.

c) Que a persoa adquirente manteña os elementos adquiridos afectos á explotación agraria durante os cinco anos seguintes ao devengo do imposto, agás que dentro do devandito prazo faleza a persoa adquirente ou transmita os elementos en virtude de pacto sucesorio conforme o previsto na Lei de dereito civil de Galicia.

d) Que a explotación agraria viñese exercendo, efectivamente, actividades agrarias durante un período superior aos dous anos anteriores ao devengo do imposto.

3. Para os efectos das reducións previstas nos puntos 1 e 2 anteriores, os termos de «explotación agraria», «agricultor/a profesional», «elementos dunha explotación» e «titular da explotación» son os definidos na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias».

Dous.-Modifícase a disposición adicional primeira, que quedará redactada da seguinte maneira:

«Disposicións adicionais

Primeira.-Valoración previa de bens inmobles.

Nos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, as solicitudes de valoracións previas de bens inmobles ás que se refire o artigo 90 da Lei xeral tributaria que se soliciten empregando medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, incumprindo o requisito de identificación previa das persoas ou entidades solicitantes, poderán validar o dito requisito, e, polo tanto, producirase o efecto vinculante, mediante a presentación da valoración realizada no prazo de presentación do imposto».

Artigo 61º.-Taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar.

No uso das competencias atribuídas pola Lei 18/2002, do 1 de xullo, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e das condicións da devandita cesión, e consonte o disposto na letra c) do punto 1 do artigo 42 da Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía, e en virtude do establecido no artigo 5.Dous.4 da Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, modifícanse os tipos de gravame e as cotas fixas da taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar no sentido que a continuación se indica:

Un.-Nos casinos de xogo aplicarase a seguinte tarifa:

Ver referencia pdf "25300D001P006.PDF"

Dous.-Nos casos de explotación de máquinas ou aparellos automáticos aptos para a realización dos xogos, a cota determinarase en función da clasificación das máquinas realizada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, segundo as normas seguintes:

A) Máquinas tipo A especial:

Cota anual: 500 euros.

B) Máquinas tipo B ou recreativas con premio:

a) Cota anual: 3.740 euros.

b) Cando se trate de máquinas ou aparellos automáticos tipo «B», nos que poidan intervir dous ou máis xogadores/as de forma simultánea e sempre que o xogo de cada un deles sexa independente do realizado por outros xogadores/as, serán aplicables as seguintes cotas:

1. Máquinas ou aparellos de dous xogadores/as: dúas cotas, de acordo co previsto na alínea a).

2. Máquinas ou aparellos de tres ou máis xogadores/as: 7.640 euros máis o resultado de multiplicar por 3.080 o produto do número de xogadores/as polo prezo autorizado para a partida.

C) Máquinas tipo C ou de azar.

Cota anual: 5.460 euros.

Nos casos de nova autorización ou de alta de autorización procedente de baixa temporal a cota que deberán autoliquidar os suxeitos pasivos será do 25%, do 50% ou do 75% da cota anual, en función de que a autorización ou a alta da autorización sexan posteriores ao 30 de setembro, ao 30 de xuño ou ao 31 de marzo do ano en curso respectivamente.

No caso de modificación do prezo máximo de 0,20 euros, autorizado para a partida en máquinas de tipo «B» ou recreativas con premio, as cotas tributarias establecidas na letra B) anterior incrementaranse en 18,80 euros por cada céntimo de euro no que se incremente o novo prezo máximo autorizado.

Se a modificación se producise con posterioridade ao devengo da taxa, os suxeitos pasivos que exploten máquinas con permisos de data anterior a aquela en que se autorice a suba deberán autoliquidar e ingresar a diferenza de cota que corresponda na forma e nos prazos que determine a consellaría competente en materia de facenda.

Malia o previsto no parágrafo anterior, a autoliquidación e o ingreso será só do 25%, do 50% ou do 75% da diferenza, en función de que a modificación do prezo máximo autorizado para a partida se produza despois do 30 de setembro, do 30 de xuño ou do 31 de marzo respectivamente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Información ao Parlamento.

Un.-A Consellería de Facenda facilitaralle trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento información referida ás seguintes actuacións:

a) As ampliacións de crédito realizadas para atender o pagamento de obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola comunidade autónoma.

b) As operacións de endebedamento por prazo superior a un ano, formalizadas pola comunidade autónoma, polos seus organismos autónomos, polas axencias públicas autonómicas ou sociedades públicas, conforme as autorizacións contidas nesta lei.

c) Os avais amortizados, pagamentos efectuados por falidos, importes recuperados e risco acumulado, tanto no que respecta aos avais concedidos pola comunidade autónoma coma aos seus organismos autónomos e ás súas sociedades públicas.

d) As autorizacións de revisións de prezos en concertos ou convenios que superen o incremento do índice de prezos ao consumo.

e) A enumeración nominal e individualizada das concesións de subvencións ou axudas autorizadas polo Consello da Xunta ás que se refire o artigo 47 desta lei.

f) Os plans aos que se refire a disposición adicional segunda desta lei.

Dous.-A Consellería de Facenda comunicaralle á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, nun prazo de trinta días:

a) A realización das adaptacións técnicas dos orzamentos autorizadas conforme o previsto na letra p) do artigo 6 desta lei.

b) As modificacións efectuadas consonte o indicado no artigo 10.

c) Os orzamentos dos organismos autónomos, das axencias públicas autonómicas e das sociedades públicas que poidan entrar en funcionamento ao longo do 2010.

Tres.-A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. comunicaralle mensualmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento os plans económico-financeiros que subscriba no desenvolvemento da súa actividade.

Segunda.-Sociedades públicas.

As entidades públicas e sociedades mercantís ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que, se é o caso, poidan presentar perdas de explotación, están obrigadas a elaborar un plan coa finalidade de restablecer a situación de equilibrio nos seus orzamentos.

O citado plan deberáselle remitir á Consellería de Facenda para a súa aprobación dentro dos tres meses seguintes a aquel no que se detectase a situación de desequilibrio ou, en todo caso, a partir da aprobación das contas anuais nas que esta circunstancia se reflicta.

Terceira.-Autorización de orzamentos en sociedades de nova creación.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Facenda, a aprobar os orzamentos de explotación e capital previstos no artigo 83 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ao longo do ano 2010.

Cuarta.-Orzamento inicial das axencias públicas autonómicas e requisitos de creación.

Un.-Para as axencias públicas que se puideren constituír ata o 31 de decembro do ano 2010, de conformidade coa disposición adicional quinta do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que asuman funcións doutros centros directivos, organismos ou entidades, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda e por iniciativa da consellaría da que dependa a axencia pública, establecerá as dotacións do seu orzamento inicial.

O orzamento financiarase mediante a minoración dos créditos que teña atribuídos o centro, organismo ou entidade cuxas funcións asuma, sen que supoña un incremento do gasto público, e terá a vinculación orzamentaria establecida para axencias na disposición adicional quinta do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Dous.-Con todo, cando a axencia que se constitúa asuma na súa totalidade funcións dun organismo autónomo, procederase á adaptación do orzamento do organismo ao réxime previsto na disposición adicional quinta do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, de conformidade co seguinte:

A vinculación do orzamento a partir da entrada en vigor do estatuto da axencia será a prevista na disposición adicional quinta do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Para incorporar ao orzamento do organismo os recursos e as dotacións correspondentes ás operacións comerciais que, de ser o caso, realizase, tramitarase un expediente de modificación orzamentaria que autorizará a persoa titular da Consellería de Facenda, manténdose o equilibrio orzamentario.

Tres.-No caso de que polas datas de aprobación dos estatutos, ou por calquera outra circunstancia que dificulte a aplicación do disposto nas alíneas anteriores, se considere procedente non alterar durante o ano 2010 a estrutura e o réxime orzamentario dos centros ou organismos afectados, esta circunstancia farase constar no decreto polo que se aprobe o correspondente estatuto.

Quinta.-Propostas normativas e outras actuacións.

Un.-A formulación de iniciativas lexislativas por parte da Xunta de Galicia, así como a aprobación de normas de rango regulamentario, plans ou programas de actuación de contido económico-financeiro, requirirán a previa dispoñibilidade dunha memoria económico-financeira que avalíe adecuadamente os custos que esas propostas poidan representar, e que considere as posibilidades ou alternativas existentes para o seu financiamento cando delas poida derivar un incremento do gasto público.

Dous.-O contido mínimo da memoria económico-financeira será establecido por orde da Consellería de Facenda.

Tres.-Antes de proceder á súa tramitación, a iniciativa lexislativa, a norma de rango regulamentario e os plans ou programas de actuación, acompañados da correspondente memoria económica-financeira, deberán remitirse á Consellería de Facenda co obxecto de que a Dirección Xeral de Orzamentos proceda a emitir informe de carácter preceptivo que determine os seus efectos sobre o gasto público tendo en conta a política da Xunta de Galicia e a necesidade de contención do gasto público.

Sexta.-Modificación dos cadros de persoal do Servizo Galego de Saúde.

Correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde a autorización das modificacións, dentro de cada centro de xestión, dos cadros de persoal estatutario, de persoal MIR e de calquera outro tipo de persoal de institucións sanitarias dependentes do organismo non incluídos nas relacións de postos de traballo, sempre que a modificación acordada non supoña un incremento dos créditos do artigo correspondente do devandito centro.

En idénticas condicións correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde a autorización da modificación prevista no parágrafo anterior dos cadros de persoal funcionario sanitario pertencentes ás clases de médicos, practicantes e matronas titulares.

En todo caso, daráselle conta á Consellería de Facenda unha vez tramitada a correspondente modificación.

Sétima.-Prestacións familiares por coidado de fillos menores.

Aquelas persoas que, na data de entrada en vigor desta lei, teñan ao seu cargo fillos menores de tres anos terán dereito a percibir unha prestación de 360 euros por cada un deles cando, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2008, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a ese período.

A percepción desta prestación axustarase ao procedemento que estableza a Consellería de Traballo e Benestar, que exixirá xustificación documental dos requisitos precisos para o seu gozo, sen que o mesmo menor poida dar lugar a máis dunha prestación.

Oitava.-Alleamento de solo empresarial polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Autorízase o Instituto Galego de Vivenda e Solo, nos supostos de alleamento de terreos destinados á creación de solo industrial e residencial, así como a parcelas ou a polígonos empresariais ou residenciais terminados que se realicen a favor das sociedades públicas con participación maioritaria polo anterior organismo, para que o alleamento se poida efectuar con pagamento aprazado non superior a dez anos e sen repercusión de intereses.

Novena.-Modificacións de proxectos de investimento con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial.

Un.-Os proxectos de investimento público correspondentes a competencias asumidas pola comunidade autónoma que se financien con cargo aos fondos de compensación interterritorial executaranse de acordo coa normativa reguladora dos ditos fondos.

Dous.-Corresponderalle á persoa titular da Consellería de Facenda aprobar as variacións necesarias nas relacións de proxectos que compoñen os referidos fondos, coa alta de novos proxectos ou a modificación dos existentes, co obxecto de alcanzar o máximo grao de execución destes recursos.

Tres.-A Consellería de Facenda poderá imputarlle ao Fondo de Compensación Interterritorial os expedientes de gasto contabilizados en créditos de análoga finalidade e destino económico aos inicialmente orzamentados, se é o caso, despois da aprobación dos proxectos no Comité de Investimentos Públicos.

Décima.-Prestacións extraordinarias para beneficiarios de pensións e subsidios non contributivos.

No ano 2010 as persoas beneficiarias de pensións de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, de pensións do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos terán dereito á percepción dunha prestación única de 206 euros.

O Consello da Xunta, por proposta da consellaría con competencias en materia de benestar social, aprobará as normas de desenvolvemento necesarias para o recoñecemento do dereito e o pagamento das prestacións, e corresponderalle á persoa titular da Consellería de Facenda a autorización da transferencia de crédito necesaria desde o fondo previsto na sección 23.

Décimo primeira.

As rebaixas que poidan producirse no custo do transporte escolar serán dedicadas integramente á mellora do sistema educativo galego.

Disposición transitoria

Portos de Galicia. Redución da contía da tarifa X-5.

Nas instalacións deportivas construídas por Portos de Galicia e xestionadas por particulares mediante a correspondente concesión ou autorización administrativa que á entrada en vigor desta lei incluíren nos pregos de condicións a redución da contía da tarifa X-5 de ata o 15% por subrogarse nas obrigas de pagamento dos suxeitos pasivos que utilicen as instalacións, manterase esta redución mentres estea vixente ese título administrativo. No caso de modificación ou prórroga deste, aplicarase o disposto na regra décimo terceira da tarifa X-5, contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Modificación da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Modifícase o artigo 11, alínea 3, da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Comunidade Autónoma de Galicia, que quedará redactado como segue:

«3. Os convenios de colaboración plurianuais que impliquen asunción de obrigas económicas para a Facenda autonómica e aqueles nos que estas obrigas sexan superiores a 150.000 euros requirirán a autorización previa do Consello da Xunta de Galicia».

Segunda.-Desenvolvemento da lei.

Facúltase a Xunta de Galicia para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.

Terceira.-Vixencia.

As disposicións desta lei terán vixencia exclusiva para o ano 2010, agás os artigos 58, 59, 60 e 61, a disposición adicional novena e a disposición derradeira primeira, que terán vixencia indefinida.

Cuarta.-Entrada en vigor.

Esta lei entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2010.

Santiago de Compostela, vinte e tres de decembro de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Ver referencia pdf "25300D001P006.PDF"