DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 24 de decembro de 2009 Páx. 19.443

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 10 de decembro de 2009 pola que se substitúen tres membros do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

De acordo coa proposta efectuada pola presidenta do Instituto Galego de Consumo, e en virtude do establecido no artigo 7.2º, en relación co artigo 5.2º do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios,

DISPOÑO:

Artigo un.-Substituír como membro titular do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, de acordo co establecido no artigo 7.1º e) do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, a Mª Eugenia Hurtado Rodríguez por Pilar Becerra López da Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Brétema.

Artigo dous.-Substituír como membros suplentes do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, de acordo co establecido no artigo 7.1º e) do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, a Consuelo Iglesias Veiga por Purificación Vázquez Rodríguez e Julia Diéguez Pichel por Rosa Rodríguez Vales da Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios Brétema.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2009.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria