DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 22 de decembro de 2009 Páx. 19.335

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 427/2009, do 19 de novembro, polo que se crean e se regulan as comisións e os grupos de traballo para o deseño e a implantación da nova oficina xudicial en Galicia.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 236, do pasado 2 de decembro de 2009, cómpre facer as oportunas correccións:

1. Na páxina 18.480, o artigo 2º letra a) onde di: «Presidente/a: conselleiro/a de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ou persoa en quen delegue», debe dicir: «Co-presidentes/as: conselleiro/a de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e presidente/a do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ou persoas en que deleguen».

2. Na páxina 18.481, o artigo 2º letra b) onde di: «Pola Administración de xustiza en Galicia:

-Presidente/a do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

-Fiscal superior da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Secretario/a de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

-Dous membros designados de entre as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Xustiza en Galicia, por proposta da mesa».

Debe dicir:

«Pola Administración de xustiza en Galicia: