DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 21 de decembro de 2009 Páx. 19.264

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2009 pola que se conceden as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos non universitarios dependentes desta consellería para o curso académico 2009-2010, convocadas pola Orde do 17 de setembro de 2009.

Vista a proposta formulada pola comisión avaliadora e elevada a esta secretaría xeral, por conduto da súa presidenta,

RESOLVO:

Primeiro.-Outorgar as axudas a favor das asociacións, federacións e confederacións de nais e pais de alumnos/as, que a continuación se detallan (anexo).

Segundo.-Denegarlle a axuda á ANPA Outo Eume porque a solicita unicamente para financiar o custo dos almorzos, finalidade que non queda incluída nos conceptos que sufragan estas axudas; e á ANPA CEIP Lamas de Abade, porque non pode considerarse que teña a condición de beneficiario que define o artigo 4 da orde.

Terceiro.-Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte a aquel en que se publique no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ser impugnada directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2009.

P.D. (Orde 3-8-2009)

José Luis Vázquez Fernández

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "24700D004P008.PDF"