DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 21 de decembro de 2009 Páx. 19.262

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ACORDO do 14 de decembro de 2009 polo que se amplía o prazo de xustificación previsto na Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos non universitarios dependentes desta consellería para o curso académico 2009-2010.

Con data do 29 de setembro de 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 191, a Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos non universitarios dependentes desta consellería para o curso académico 2009-2010, a cal, no seu artigo 12, punto 2, establece que a parte da subvención correspondente á anualidade de 2009 exixirá por parte do beneficiario a presentación antes do día 20 de decembro de 2009 da xustificación da xestión do servizo de comedor ante a Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e de Recursos Educativos Complementarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Por causas sobrevidas, produciuse un significativo atraso na resolución dos expedientes de axudas, de modo que o prazo establecido para a xustificación das accións subvencionadas resulta de difícil cumprimento para os beneficiarios. Tendo en conta isto, e coa finalidade de facer viable o proceso de xestión e de garantir a maior eficacia posible da convocatoria, dado que non se causa prexuízo a terceiros, cómpre ampliar o devandito prazo, segundo o previsto no artigo 45 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro). Polo exposto,

ACORDO:

Ampliar o prazo para xustificar o primeiro pagamento ata o 30 de xaneiro de 2010, incluído.

Este acordo de ampliación non será susceptible de recurso ningún.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2009.

P.D. (Orde 3-8-2009)

José Luis Vázquez Fernández

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria