DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 21 de decembro de 2009 Páx. 19.262

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de decembro de 2009 pola que se resolve a convocatoria do 30 de abril de 2009, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial.

Cumpridos os trámites que figuran na Orde do 30 de abril de 2009 (DOG do 12 de maio), pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial.

Vista a proposta de adxudicación da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo as previsións dos artigos 5 e 9 da orde de convocatoria, e de conformidade co disposto no seu artigo 10

RESOLVO:

Primeiro.-Anunciar a exposición ao público das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas concedidas correspondentes ao ano 2009, primeiro prazo, e nas contías que se indican, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na Consellería de Presidencia, oficina de atención ao cidadán, e nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria