DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 18 de decembro de 2009 Páx. 19.203

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de decembro de 2009 pola que se modifica a Orde do 7 de febreiro de 2008 pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Pola Orde do 7 de febreiro de 2008 (DOG nº 39, do 25 de febreiro) faise pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Segundo a Lei 1/ 2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia o artigo 10.1º letra a) os membros do consello social cesarán pola expiración do período de mandato, especificándose ademais outras causas na letra b) e entre elas a renuncia, sinalando o parágrafo 2 do citado artigo 10 que as vacantes deberán cubrirse pola autoridade, entidade ou institución correspondente no prazo máximo de 3 meses. De non comunicárselle o acordo de designación dentro do devandito prazo ao conselleiro competente en materia universitaria, o posto permanecerá vacante ata a finalización do correspondente mandato. En todo caso, o membro substituído entenderase nomeado polo período que reste do anterior mandato.

O artigo 7.4º desta lei establece que os acordos de designación de membros do consello social seranlle comunicados ao conselleiro competente en materia universitaria, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Con data do 5 de novembro de 2009, o Consello Social da Universidade de Vigo comunica a renuncia de María Olga Alonso Suárez como representante do sindicato Unión Xeral de Traballadores (UGT) no seu consello social, sendo designado Antonio Juste Iglesias para cubrir a vacante producida.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese María Olga Alonso Suárez como representante do sindicato Unión Xeral de Traballadores (UGT) no Consello Social da Universidade de Vigo, nomeando na súa substitución a Antonio Juste Iglesias.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria