DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 18 de decembro de 2009 Páx. 19.203

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 14 de decembro de 2009 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no consello de administración, polo que, ao abeiro do disposto no artigo 40 da Lei 27/1992, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, en representación da Administración xeral do Estado, de Juan Antonio Sardina Páramo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2009.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA